Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59371

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.

Con data do 9 de agosto de 2017 publicase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.

No artigo 6.1.b) da dita Orde do 21 de xullo de 2017 está disposto, como obriga para os solicitantes, que deben prever o inicio e o remate da execución material da actuación no prazo que determinen, incluído dentro do correspondente intervalo alternativo.

Respecto do que abrangue desde o 1 de decembro de 2017 e ata o 31 de outubro de 2018, gastos con imputación á anualidade 2018, reflíctese a limitación de que a execución material se inicie, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2017.

Tendo en conta a data actual, considérase conveniente reaxustar o prazo de execución material das actuacións subvencionadas por parte dos concellos beneficiarios das axudas.

Por iso, e facendo uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018

A alínea b) 2º do punto 1 do artigo 6 da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018, queda redactada como segue:

«2º. Desde o 1 de decembro de 2017 e ata o 31 de outubro de 2018: o gasto imputarase á anualidade 2018».

Disposición adicional

1. Esta modificación non afecta o prazo establecido para a presentación de solicitudes.

2. Todas as referencias contidas na orde modificada e na documentación dos solicitantes relativas ao prazo concreto de execución se entenderán realizadas ao sinalado no artigo anterior.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social