Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-RI-0499/2015-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-RI-0499/2015-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa en que o interesado teña o seu domicilio, ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Coruña, 12 de decembro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa

interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-RI-0499/2015-PPM

Manuel Ángel Somoza García

78802911N

Resolución

Bosque Pazo, 3, Rianxo

PSC-CO-0117/2017-PPM

Ángel Guerrero Fernández-Reyes

53623291X

Resolución

Urb. Barcos, 21, portal 1, Louro, Muros