Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59713

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público 2017.

Con data do 22 de decembro de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía 3042/2017 que acorda o seguinte:

Primeiro. Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Noia para o exercicio 2017 de acordo co orzamento e cadro de persoal definitivamente aprobados co seguinte contido:

Posto de traballo

Vínculo

Escala

Subescala

Grupo

Nivel

Nº vacantes

1

Auxiliar administrativo

Funcionario

Adm. xeral

Auxiliar

C2

18

1

Segundo. Facer pública a oferta de emprego público 2017 deste concello mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante a Alcaldía do Concello de Noia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación do último dos anuncios, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Noia, 22 de decembro de 2017

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde