Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de evolución e soporte de software de e-receita, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER1-17-020).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-17-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de evolución e soporte de software de e-receita, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2014-2020.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 144, do 31 de xullo de 2017.

Boletín Oficial del Estado nº 175, do 24 de xullo de 2017.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2017/S 132-270175, do 13 de xullo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.015.649,20 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 946.960 euros. Importe total: 1.145.821,60 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19.10.2017.

b) Data de formalización do contrato: 15.11.2017.

c) Contratista: IT Corporate Solutions Spain, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 852.264 euros. Importe total: 1.031.239,44 euros.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos