1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-07/18 SU.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de material didáctico con destino aos centros educativos de primaria e secundaria que dependen da consellería.
b) División por lotes e número: si, 21.
c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos para entregar.
d) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario se for inferior.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria/anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: 205.205,00 euros (IVE excluído). IVE: 43.093,05 euros. Importe total: 248.298,05 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación da empresa: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 13 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=238462
8. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 1400 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares do prego tipo.
d) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria