1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: AMT-2018-0010.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de atención e soporte técnico aos usuarios á Educación Dixital no marco do proxecto Abalar-Edixgal.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contado a partir do 1 de maio de 2018. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 5.608.264,47 euros (sen IVE).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.869.421,49 euros máis 392.578,51 euros, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.262.000,00 euros (dous millóns douscentos sesenta e dous mil euros), que se distriúe nas seguintes anualidades:
• 2018: 552.066,12 euros + IVE (115.933,88 euros) = 668.000,00 euros.
• 2019: 970.247,93 euros + IVE (203.752,07 euros) = 1.174.000,00 euros.
• 2020: 347.107,44 euros + IVE (72.892,56 euros) = 420.000,00 euros.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=243116
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 5 de febreiro de 2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas:
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 26.12.2017.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia