Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Melide, UA4.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do 28 de setembro de 2017, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento (NSP) de Melide, UA4.

En cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento aprobado a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no taboleiro de edictos, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. (El Correo Gallego). O prazo comezará a computar desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para a formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

Tamén estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello á que poderán acceder desde a páxina web do concello:

https://www.concellodemelide.gal.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de títulos habilitantes naqueles ámbitos do territorio obxecto desta modificación puntual do planeamento cuxas novas determinacións supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será, como máximo, de dous anos contado desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa súa aprobación definitiva.

Melide, 21 de decembro de 2017

Dalia García Couso
Alcaldesa