Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato:

a) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica de remate da rede de abastecemento no Val de San Vicente. A Arnoia (Ourense).

Clave do expediente: GA.17042.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 9.951,85 euros. Importe total: 12.041,74 euros.

Prazo de execución: sete meses.

Importe da oferta: importe neto: 7.350,00 euros. Importe total: 8.893,50 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

b) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica da rede separativa de saneamento e pluviais no núcleo de Lestrobe: Barrio de Arriba, rúas Trasmuro e Lestrobe de Abaixo. Dodro (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17041.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 15.995,12 euros. Importe total: 19.354,10 euros.

Prazo de execución: dez meses.

Importe da oferta: importe neto: 14.000,00 euros. Importe total: 16.940,00 euros.

Empresa: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L.

c) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica de actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da Auga do Louro: ramal de Vacaría. O Porriño (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.17091.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 17.968,07 euros. Importe total: 21.741,36 euros.

Prazo de execución: sete meses.

Importe da oferta: importe neto: 17.918,07 euros. Importe total: 21.680,86 euros.

Empresa: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2 serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarase por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia