A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 15, asígnalle á consellería competente en materia de administracións públicas a formación dos empregados públicos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
En concreto, esta función correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP), de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.
En tal sentido, o Plan de formación da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
O plan integra as accións estratéxicas para a formación e a actualización profesional do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma, a través dunha oferta ampla e variada coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional. O feito de aglutinar a formación destinada aos distintos colectivos nun único instrumento responde á necesidade de dotar de unidade e coherencia o conxunto da acción formativa.
A EGAP presenta un plan de formación que contén accións formativas de carácter transversal e específico. As primeiras teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal orientado a capacitar o alumnado para o desenvolvemento das funcións que son xenéricas e que constitúen as bases da organización da Administración. Doutra banda, as específicas comprenden o conxunto de actividades cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais relativos a competencias concretas.
O plan volve apostar este ano polas diferentes contornas de aprendizaxe e metodoloxías, mediante a distribución da oferta formativa nas modalidades de autoformación, teleformación e docencia presencial. Así pois, a pluralidade de formatos, modalidades e metodoloxías constitúe outra das liñas distintivas do plan, que ten o obxectivo de facilitar a formación continua do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, ao eliminar calquera posible barreira no acceso e ao promover a conciliación da vida laboral e familiar.
A EGAP continúa a potenciar o seu espazo virtual de coñecemento, cunha formación en liña mediante a cal o alumnado poida xestionar o seu proceso de aprendizaxe. A aposta pola teleformación e a autoformación garante a equidade no acceso aos contidos máis demandados e permite ademais acreditar as competencias mediante a realización dunha proba voluntaria.
Por outra banda, para a elaboración do plan tivéronse en conta as necesidades formativas dos diversos organismos, contando coa participación das distintas consellerías da Xunta de Galicia, da Dirección Xeral de Xustiza, da Dirección Xeral de Administración Local e das tres universidades do Sistema universitario de Galicia. Ademais, contouse coa colaboración das persoas responsables de coordinar a formación en cada un dos centros directivos, e tamén de docentes e expertos nos distintos campos formativos. Incorporáronse tamén achegas dos propios destinatarios da formación, os cales, a través das súas valoracións e suxestións, contribúen a facer do plan un verdadeiro instrumento para a mellora continua do sector público de Galicia.
Así mesmo, na súa configuración, tívose en conta a demanda real rexistrada nos cursos e os resultados da avaliación das actividades desenvolvidas nos anos anteriores. Grazas a esta avaliación permanente dos plans formativos é posible deseñar unha programación formativa de calidade e verdadeiramente adecuada ás necesidades e expectativas das persoas que acceden á formación.
O plan quere ser un instrumento que permita a actualización de coñecementos e que incorpore aquelas novidades lexislativas ou de funcionamento que poidan permitir unha mellor prestación de servizos por parte das administracións públicas. Para conseguir este obxectivo, procedeuse a unha revisión profunda dos contidos e a unha diversificación da oferta formativa, coa incorporación de cursos novos.
Ademais dos contidos, o Plan formativo para o ano 2018 presenta importantes novidades no que respecta á súa configuración e deseño. Entre elas cómpre destacar que, por primeira vez, se efectuará unha oferta formativa conxunta para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.
Por primeira vez tamén todos os colectivos poderán acceder á formación enmarcada no portal de idiomas, no plan ofimático e no programa de autoformación, que constitúen tres dos alicerces vertebradores do Plan formativo da EGAP. Deste xeito, garántese que todas as persoas destinatarias do plan formativo, con independencia da Administración a que pertenzan, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente a que concentra a maior demanda. Con isto, ademais de ampliar a oferta formativa, procúrase unha xestión máis eficiente desta e unha maior racionalización no que respecta á cobertura das prazas.
Outra novidade importante para este ano, coa que se dá resposta a unha reiterada demanda do alumnado, é a descentralización das probas de avaliación das actividades enmarcadas no plan ofimático e no programa de autoformación. Con este cambio, a EGAP quérelle facilitar ao conxunto do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia o acceso á formación.
Polo demais, cómpre salientar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria. Así mesmo, débese advertir que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos, os cursos superiores, as actuacións en colaboración, as xornadas, conferencias, seminarios e cursos monográficos, as actividades doutras administracións públicas (agás as sinaladas) e as actividades de formación do persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do persoal sanitario e do persoal das forzas e corpos de seguridade.
Feitas estas advertencias, resta só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan será preciso formalizar a correspondente matrícula, logo de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.
Este plan de formación foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 27 de decembro de 2017.
De acordo co exposto, publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación para ao ano 2018 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (FC), do persoal ao servizo das entidades locais (LO), do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (FX), do persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas (UN), e o portal de idiomas (PI), o plan formativo ofimático de Galicia (OF) e o programa de autoformación (AF), dirixido a todos os destinatarios mencionados.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Cursos da Administración autonómica
Formación en materias transversais.
Nome do curso |
Edicións |
Prazas |
Horas |
Modalidade |
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
||||
A protección do menor ante os medios de comunicación |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
A responsabilidade patrimonial da Administración pública |
2 |
100 |
30 |
Teleformación |
A transparencia da Administración e bo goberno (normativa estatal e autonómica). |
2 |
100 |
25 |
Teleformación |
A xurisdición contencioso-administrativa |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Aplicacións das matemáticas financeiras no sector público |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia |
3 |
150 |
25 |
Teleformación |
Básico de subvencións e normativa aplicable |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Contratación estratéxica |
1 |
50 |
35 |
Teleformación |
Curso básico de Seguridade Social |
2 |
100 |
30 |
Teleformación |
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
Fiscalidade e contabilidade das fundacións públicas |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia |
1 |
50 |
18 |
Teleformación |
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
2 |
100 |
25 |
Teleformación |
Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Liquidación práctica dos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Nóminas e retribucións do persoal |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Novidades na regulación da contratación no sector público: aspectos prácticos |
1 |
20 |
21 |
Presencial |
O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
O procedemento sancionador tras a Lei 39/2015 e a Lei 40/2015, do 1 de outubro |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
O réxime xurídico do silencio administrativo na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Obradoiro práctico de IRPF |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na Comunidade Autónoma. Tributos propios e tributos cedidos |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Principios de boa regulación no ámbito normativo estatal e autonómico |
1 |
30 |
20 |
Presencial |
Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público |
2 |
100 |
25 |
Teleformación |
Regulación legal do acoso escolar (bullying) |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Réxime disciplinario do persoal empregado público de Galicia |
1 |
50 |
15 |
Teleformación |
Transparencia e acceso á información pública |
1 |
25 |
18 |
Presencial |
Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios |
||||
Cooperación transfronteiriza e cohesión |
1 |
50 |
24 |
Teleformación |
Introdución á Unión Europea e ao seu dereito |
1 |
50 |
24 |
Teleformación |
Introdución ao dereito da UE para os xestores públicos |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Os dereitos sociais no ordenamento europeo |
1 |
30 |
30 |
Presencial |
Simplificación administrativa: pautas e directrices europeas |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Xestión de proxectos I+D+i no horizonte 2020 |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||
A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos |
4 |
200 |
20 |
Teleformación |
A xestión de conflitos na atención á cidadanía |
1 |
30 |
20 |
Presencial |
Atención á cidadanía |
4 |
200 |
25 |
Teleformación |
Autocad 2016-Nivel básico |
1 |
25 |
35 |
Presencial |
Cambio e motivación nas organizacións |
1 |
50 |
15 |
Teleformación |
Coaching, a ferramenta para o cambio |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Como deseñar presentacións eficaces |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Como traballar a educación emocional infantil |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Comunicación escrita e elaboración de informes |
5 |
125 |
20 |
Presencial |
Destrezas lingüísticas para a redacción de textos na web |
1 |
25 |
30 |
Mixta |
Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Ergonomía en traballo de oficina e riscos ergonómicos |
1 |
50 |
12 |
Teleformación |
Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional. |
1 |
30 |
20 |
Presencial |
Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Ferramentas e técnicas para falar mellor en público |
1 |
20 |
15 |
Presencial |
Iniciación ao protocolo |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
Liderado e intelixencia emocional |
1 |
20 |
15 |
Presencial |
Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Negociación e traballo en equipo |
1 |
35 |
25 |
Mixta |
Organización e simplificación do traballo administrativo |
1 |
50 |
12 |
Teleformación |
Pensamento analítico e creatividade |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Prevención e xestión de conflitos |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Produtividade persoal co método GTD (Getting Things Done) e a súa relación coas TIC |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Redacción de proxectos de lei, decretos e outros textos normativos |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Técnicas de reunións eficaces |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Técnicas elementais de arquivos |
2 |
100 |
25 |
Teleformación |
Técnicas para a mellora da comunicación. Relacións co cidadán. Uso da linguaxe xestual e corporal |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Xestión de persoas: mando, xestiono, lidero e dirixo |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||
Certificado dixital |
3 |
150 |
30 |
Teleformación |
Correo electrónico corporativo |
3 |
150 |
12 |
Teleformación |
Esquema nacional de seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Factura electrónica |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Informática básica |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
O teletraballo no sector público de Galicia |
2 |
40 |
12 |
Presencial |
Sistema de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) |
1 |
50 |
50 |
Teleformación |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) |
1 |
50 |
50 |
Teleformación |
Lingua galega |
||||
Medio de linguaxe administrativa galega |
1 |
25 |
75 |
Presencial |
Medio de linguaxe administrativa galega |
8 |
200 |
75 |
Teleformación |
Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego |
2 |
100 |
15 |
Teleformación |
Superior de linguaxe administrativa galega |
2 |
50 |
75 |
Presencial |
Superior de linguaxe administrativa galega |
11 |
275 |
75 |
Teleformación |
Presidencia da Xunta de Galicia |
||||
Axencia Turismo de Galicia |
||||
A calidade como elemento de fidelización e garantía na contratación de servizos turísticos |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
A contratación a través da rede de servizos turísticos: problemas derivados dela |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) |
||||
Procedementos, estándares e ferramentas TIC da Amtega |
1 |
25 |
50 |
Mixta |
Soporte TIC do posto de traballo corporativo |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Secretaría Xeral para o Deporte |
||||
Avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza |
||||
Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria |
1 |
15 |
12 |
Presencial |
Condución segura |
1 |
24 |
9 |
Presencial |
O laboratorio forense. Investigación criminal na morte súbita. |
1 |
35 |
12 |
Presencial |
Secretaría Xeral de Igualdade |
||||
A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI |
1 |
50 |
21 |
Teleformación |
Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas |
2 |
100 |
20 |
Teleformación |
Formación básica en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes |
2 |
50 |
21 |
Presencial |
Igualdade de xénero: perspectiva xurídica |
1 |
25 |
21 |
Presencial |
Violencia de xénero |
1 |
30 |
21 |
Presencial |
Asesoría Xurídica Xeral |
||||
Novidades na regulación da contratación no sector público: aspectos prácticos |
1 |
20 |
21 |
Presencial |
Servizo de Prevención de Riscos Laborais |
||||
Os primeiros auxilios |
3 |
150 |
20 |
Teleformación |
Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos |
3 |
150 |
15 |
Teleformación |
Prevención de riscos laborais nas actividades agroforestais, mantemento e conservación de infraestruturas en espazos abertos |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Prevención de riscos laborais para o persoal responsable dos centros de traballo da Xunta de Galicia |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
4 |
100 |
12 |
Presencial |
Consellería de Facenda |
||||
Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE. Introdución ao software libre R |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Certificación de Feder, FSE e POEX nos sistemas de información |
2 |
30 |
12 |
Presencial |
Nova aplicación de axuda á liquidación do imposto de sucesións (ALISe) |
1 |
20 |
12 |
Presencial |
O programa operativo Feder Galicia 2014-2020: xestión e control |
1 |
35 |
30 |
Presencial |
O Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco). Usuario avanzado |
1 |
15 |
18 |
Presencial |
O Sistema de información de contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia |
1 |
15 |
24 |
Presencial |
O Sistema de información de nómina Breixo |
1 |
15 |
21 |
Presencial |
Operacións cofinanciadas polo PO FSE Galicia 2014-2020 e polo PO de emprego xuvenil 2014-2020 |
1 |
35 |
24 |
Presencial |
Participa 1420 |
1 |
35 |
12 |
Presencial |
Sistema de información analítica (SIAN): cubos tributarios, emprego de táboas dinámicas en Excel |
1 |
15 |
12 |
Presencial |
Sistema de información analítica (SIAN). Cubos económico-financeiros, emprego de táboas dinámicas en Excel |
1 |
15 |
12 |
Presencial |
Sistema de información tributaria (Xeito) |
1 |
15 |
25 |
Presencial |
Sistema para o intercambio de información económica das entidades do sector público autonómico (Codex) |
1 |
20 |
12 |
Presencial |
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio |
||||
Análise de información territorial: casos aplicados á ordenación do territorio |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Básico de aplicador de fitosanitarios |
1 |
30 |
27 |
Presencial |
GIS para operadores urbanísticos |
1 |
35 |
25 |
Presencial |
Intervención administrativa no ámbito urbanístico |
1 |
30 |
30 |
Presencial |
O Sistema de información xeográfica da Xunta de Galicia |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Os UAV e a súa aplicación á xestión do territorio |
1 |
30 |
30 |
Presencial |
Sistema Tetra de comunicación |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Consellería de Infraestruturas e Vivenda |
||||
A expropiación forzosa e as valoracións |
1 |
35 |
20 |
Presencial |
BIM, medidas de implantación nas administracións |
1 |
35 |
20 |
Presencial |
Consellería de Economía, Emprego e Industria |
||||
Economía |
||||
A Administración electrónica no ámbito de competencias do IGCC |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Análise do mercado de produtos innovadores |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
As prácticas comerciais desleais |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Básico de xestión enerxética e mantemento de edificios públicos |
1 |
30 |
27 |
Presencial |
Os talleres de reparación de vehículos |
1 |
20 |
12 |
Presencial |
Emprego e Industria |
||||
A economía social como fórmula para o emprendemento |
1 |
35 |
30 |
Mixta |
Auditoría interna dos sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Cultura preventiva positiva |
1 |
30 |
16 |
Presencial |
Gamificación, serious games e novas tecnoloxías aplicadas á prevención de riscos laborais |
1 |
40 |
12 |
Mixta |
Promoción e prescrición da actividade física na empresa |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Seguridade baseada no comportamento (SBC) na prevención de ricos laborais |
1 |
40 |
12 |
Mixta |
Selección, utilización, mantemento e inspección dos útiles de elevación de cargas |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Xestión da idade: estratexias de intervención |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Educación) |
||||
Educación |
||||
Atención educativa e coidado do alumnado con necesidades derivadas do trastorno por déficit de atención e hiperactividade TDAH |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Mellorando a convivencia nos centros de ensinanza: atención e coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
O coidado do alumnado con necesidades derivadas de discapacidade motora |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
O coidado do alumnado con necesidades derivadas de discapacidade sensorial |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
O coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de trastornos xeneralizados do desenvolvemento - TXD |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Prevención e coidados especiais en materia de saúde desde os centros de ensinanza |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Xestión das etapas de educación infantil e primaria (Lomce) a través da aplicación Xade |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Xestión do persoal (docente e non docente) dun centro educativo a través da aplicación Xade |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Cultura |
||||
RDA (Resource Description and Access): unha nova filosofía para a catalogación |
1 |
25 |
14 |
Presencial |
Unha biblioteca facedora ou espazos Makers en bibliotecas |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Consellería de Política Social |
||||
A intervención social grupal e comunitaria desde os centros sociocomunitarios: actuacións de prevención e de promoción social |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
A Rede europea de servizos sociais. Os sistemas de servizos sociais en Europa. As achegas de boas prácticas de diversos países membros da rede |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Adestramento en habilidades sociais e de comunicación para a mocidade |
1 |
20 |
20 |
Presencial |
Autoprotección e contención educativa. |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Implicacións da lei nos efectivos de persoal do Sistema de servizos sociais dependentes da Administración autonómica |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Novas ferramentas no procedemento de valoración da discapacidade: IANUS, HSUE (Historia social única electrónica), sistema de interoperabilidade Pasaxe! |
2 |
50 |
12 |
Presencial |
O financiamento europeo destinado aos servizos sociais. As claves do financiamento, o seu procedemento e xestión |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
O liderado na organización para o cambio de paradigma nos modelos de atención. Do modelo de servizos ao modelo centrado na persoa |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Prevención ao acoso á mocidade na internet. O ciberacoso (ciberbullying) |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Protección de datos nos centros de protección e nos destinados ao cumprimento das medidas xudiciais da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Resolución de conflitos para a xestión positiva das diferenzas |
1 |
25 |
24 |
Presencial |
Sistema de información galego de atención á dependencia: novas funcionalidades, cálculo da capacidade económica e copagamento e dixitalización |
1 |
30 |
16 |
Presencial |
Toma de decisións no ámbito de protección á infancia: a mellor opción |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Violencia sexual contra a infancia |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
Consellería do Medio Rural |
||||
Actualización da formación do persoal que executa programas oficiais de control en materia de produción e benestar animal |
1 |
35 |
20 |
Presencial |
Actualización da formación do persoal que executa programas oficiais de control en materia de sanidade animal e rastrexabilidade |
1 |
35 |
20 |
Presencial |
Aplicacións dos sistemas de información xeográfica-ArcGIS (básico) |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Certificación de sementes e o seu control. Acreditación para a inspección oficial de cultivos de produción de sementes e toma de mostras |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Controis sobre o terreo das axudas forestais |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Deseño e tratamento estatístico de ensaios agrarios cos paquetes informáticos: SAS, R, SPSS |
1 |
30 |
30 |
Presencial |
Formación de inspectores en sanidade vexetal |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Iniciación á xestión dos fondos europeos agrícolas Feaga e Feader |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Manexo de técnicas e dispositivos de orientación básica |
3 |
105 |
12 |
Mixta |
O Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: seguimento e avaliación |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
O sector vinícola. Normativa reguladora. Procesos industriais e comercialización |
1 |
35 |
25 |
Presencial |
O Xumco na xestión orzamentaria da Dirección Xeral de Ordenación Forestal |
1 |
25 |
30 |
Presencial |
Tramitación ambiental dos procesos de reestruturación parcelaria |
1 |
35 |
30 |
Presencial |
Consellería do Mar |
||||
Aspectos de control oficial na inspección pesqueira |
2 |
60 |
12 |
Presencial |
Básico de salvamento, contra incendios e primeiros auxilios enfocado a portos |
2 |
60 |
12 |
Presencial |
Comercialización no ámbito da inspección pesqueira |
2 |
60 |
12 |
Presencial |
Normativa pesqueira e de comercialización de produtos da pesca |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Taxas e tarifas portuarias, cálculo e aplicación práctica |
1 |
50 |
24 |
Teleformación |
Tráfico, atestados, accidentes en solo portuario |
2 |
40 |
30 |
Presencial |
Consellería de Sanidade |
||||
Acreditación hospitalaria en Galicia |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Aspectos prácticos da inspección de saúde pública: ámbito de sanidade ambiental |
1 |
35 |
12 |
Presencial |
Aspectos prácticos da inspección de saúde pública: ámbito de seguridade alimentaria |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Comercio electrónico de biocidas e produtos químicos |
1 |
25 |
12 |
Presencial |
Control oficial nos matadoiros |
2 |
50 |
12 |
Presencial |
Habilidades imprescindibles na relación co inspeccionado durante inspeccións sanitarias |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Inspección sanitaria en materia de produtos sanitarios. Actualización lexislativa e experiencias prácticas durante inspeccións |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Cursos da Administración local |
||||
Réxime xurídico e xestión das entidades locais |
||||
Aplicación dos sistemas de información xeográfica no ámbito local |
1 |
25 |
25 |
Presencial |
As intervencións administrativas en materia de urbanismo no ámbito local |
1 |
30 |
30 |
Presencial |
As relacións de postos de traballo na Administración local |
1 |
30 |
25 |
Presencial |
Auditoría no sector público local |
1 |
25 |
15 |
Presencial |
Contabilidade pública local. Nivel I |
1 |
25 |
20 |
Presencial |
Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Extinción e liquidación de entes municipais. Remunicipalización dos servizos locais |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Guías prácticas de exercicio da función interventora en pequenos e medianos concellos |
1 |
35 |
30 |
Mixta |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
2 |
100 |
25 |
Teleformación |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
2 |
100 |
25 |
Teleformación |
Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia |
1 |
20 |
15 |
Presencial |
Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Simplificación administrativa e desburocratización no ámbito local |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Xestión de tesouraría municipal |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||
A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala. |
1 |
50 |
18 |
Teleformación |
Atención á cidadanía |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Como deseñar presentacións eficaces |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes que presentan deterioración cognitiva |
1 |
30 |
15 |
Presencial |
Prevención e xestión de conflitos |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Técnicas elementais de arquivos |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||
A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Certificado dixital |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Tramitación electrónica integral no marco da Lei 39/2015 |
1 |
50 |
50 |
Teleformación |
Lingua galega |
||||
Medio de linguaxe administrativa galega |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego |
1 |
50 |
15 |
Teleformación |
Superior de linguaxe administrativa galega |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Cursos da Administración de xustiza |
||||
Itinerarios formativos: |
||||
Civil |
||||
A custodia compartida nas crises matrimoniais |
1 |
50 |
17 |
Teleformación |
Módulo I. Execución civil; disposicións xerais |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Módulo IV. Xurisdición voluntaria |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Módulo V. Concursal |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Social |
||||
Módulo I. Lexislación social I |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Módulo II. Lexislación social II |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Modulo III. A execución no proceso laboral |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Contencioso |
||||
Módulo I. Contencioso I |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Módulo II. Contencioso II |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Penal |
||||
A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Módulo III. Execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Coñecementos xerais oficina xudicial e fiscal |
||||
Atención ás vítimas do delito e información ao cidadán |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Formación de usuarios formadores avanzados |
1 |
25 |
50 |
Mixta |
Organización de arquivos xudiciais e expurgación |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) |
||||
Introdución ao expediente xudicial electrónico |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos. |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Xustiza dixital |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Coñecementos transversais |
||||
Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos |
1 |
50 |
15 |
Teleformación |
Medicina forense |
||||
Intervención do médico forense nos procedementos de neglixencias profesionais: cuestións xurídicas e abordaxe metodolóxica |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
O menor como vítima do delito |
1 |
30 |
12 |
Presencial |
Lingua galega |
||||
Curso medio de linguaxe xurídica galega |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Curso medio de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia) |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Curso superior de linguaxe xurídica galega |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Curso superior de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia) |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Cursos das universidades galegas |
||||
Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas |
||||
Convenios, encargos a medios propios e encomendas de xestión na universidade |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Curso básico de Seguridade Social |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Modalidades contractuais recollidas no Estatuto dos traballadores e na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Os contratos do sector público |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||
Atención á cidadanía |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Como deseñar presentacións eficaces |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Ética profesional na Administración pública e calidade de servizo |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Formación básica en xénero e igualdade nas administracións públicas |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos |
1 |
50 |
15 |
Teleformación |
Prevención e xestión de conflitos |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Protocolo universitario |
1 |
50 |
20 |
Teleformación |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||
Certificado dixital |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro |
1 |
50 |
25 |
Teleformación |
Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Seguridade da información no ámbito das universidades públicas |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Seguridade dixital a nivel de usuario |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Xestión intelixente das redes sociais nas administracións públicas |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Lingua galega |
||||
Medio de linguaxe administrativa galega |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Superior de linguaxe administrativa galega |
1 |
25 |
75 |
Teleformación |
Bibliotecas |
||||
Normativa de catalogación (RDA) |
1 |
25 |
14 |
Presencial |
Portal de idiomas |
||||
Conversa en francés |
1 |
15 |
50 |
Presencial |
Conversa en inglés |
2 |
30 |
50 |
Presencial |
Conversa en portugués |
1 |
15 |
50 |
Presencial |
Lingua alemá. Nivel básico 1 |
1 |
75 |
70 |
Teleformación |
Lingua alemá. Nivel básico 2 |
1 |
50 |
70 |
Teleformación |
Lingua alemá. Nivel intermedio 1 |
1 |
25 |
70 |
Teleformación |
Lingua alemá. Nivel intermedio 2 |
1 |
25 |
70 |
Teleformación |
Lingua francesa. Nivel avanzado 1 |
1 |
50 |
150 |
Teleformación |
Lingua francesa. Nivel básico 1 |
1 |
20 |
50 |
Presencial |
Lingua francesa. Nivel básico 1 |
1 |
100 |
150 |
Teleformación |
Lingua francesa. Nivel básico 2 |
1 |
75 |
150 |
Teleformación |
Lingua francesa. Nivel intermedio 1 |
1 |
50 |
150 |
Teleformación |
Lingua francesa. Nivel intermedio 2 |
1 |
50 |
150 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel básico 2 |
5 |
100 |
50 |
Presencial |
Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 1) |
1 |
75 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 2) |
1 |
75 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel básico 2 |
1 |
20 |
100 |
Presencial |
Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 3) |
1 |
75 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 4) |
1 |
75 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 |
5 |
100 |
50 |
Presencial |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5) |
1 |
50 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 6) |
1 |
50 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 7) |
1 |
25 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 8) |
1 |
25 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 |
1 |
20 |
100 |
Presencial |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 10) |
1 |
25 |
50 |
Teleformación |
Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 9) |
1 |
25 |
50 |
Teleformación |
Lingua portuguesa. Nivel básico 1 |
1 |
125 |
150 |
Teleformación |
Lingua portuguesa. Nivel básico 2 |
1 |
75 |
150 |
Teleformación |
Lingua portuguesa. Nivel intermedio 1 |
1 |
25 |
150 |
Teleformación |
Lingua portuguesa. Nivel intermedio 2 |
1 |
25 |
150 |
Teleformación |
Lingua de signos |
2 |
50 |
40 |
Presencial |
Plan formativo ofimático de Galicia |
||||
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) |
5 |
250 |
50 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) |
2 |
100 |
50 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) |
2 |
100 |
50 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) |
7 |
350 |
50 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) |
2 |
100 |
30 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) |
7 |
350 |
30 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress) |
4 |
200 |
30 |
Teleformación |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2010) |
2 |
100 |
30 |
Teleformación |
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux) |
1 |
50 |
30 |
Teleformación |
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows) |
6 |
300 |
30 |
Teleformación |
Cursos de autoformación |
||||
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
||||
A Administración electoral: o papel das administracións galegas |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
A reforma parlamentaria. Os cambios legais e regulamentarios |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Formación básica en xénero e igualdade nas administracións públicas |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia |
2 |
200 |
18 |
Autoformación |
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Liquidación práctica dos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
O impulso democrático en Galicia: medidas lexislativas |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na Comunidade Autónoma. Tributos propios e tributos cedidos |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (EBEP) |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Réxime disciplinario do empregado público de Galicia |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios |
||||
Cooperación transfronteiriza e cohesión |
2 |
200 |
24 |
Autoformación |
Introdución á Unión Europea e ao seu dereito |
2 |
200 |
24 |
Autoformación |
Introdución ao dereito da UE para os xestores públicos |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||
Básico en prevención de riscos laborais |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Cambio e motivación nas organizacións |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
Prevención e xestión de conflitos |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Técnicas elementais de arquivos |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos |
2 |
200 |
15 |
Autoformación |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||
A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos |
2 |
200 |
25 |
Autoformación |
Correo electrónico corporativo |
2 |
200 |
12 |
Autoformación |
Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos |
2 |
200 |
20 |
Autoformación |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Plan formativo ofimático de Galicia |
||||
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) |
2 |
200 |
50 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office) |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress) |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2010) |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux) |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows) |
2 |
200 |
30 |
Autoformación |