Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 289

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se procede á publicación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, en aplicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de outubro de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Facenda.

A vixente relación de postos de traballo da Consellería de Facenda foi aprobada mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de outubro de 2017 (DOG núm. 210, do 6 de novembro). Nela figura o posto de nivel 18, código e denominación: FC.C03.00.010.15770.018 Xefatura de Negociado, cun complemento específico de 8.293,46 euros e coa observación: «Cando sexa vacante específico nivel 18 xeneralizado».

A observación sinalada foi engadida, con anterioridade, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Facenda (DOG núm. 110, do 10 de xuño) (expediente EF-M-01-2014).

Ao atoparse vacante o dito posto, procede aplicar a previsión aprobada polo Consello da Xunta de Galicia que comporta a actualización do complemento específico do posto afectado e a supresión da súa observación, nos termos sinalados no anexo desta resolución.

Así, vista a observación contida no Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de outubro de 2017, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file