Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1007

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de decembro de 2017 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEE Príncipe Felipe de Pontevedra.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Código: 36017201.

Denominación actual: Centro de Educación Especial (CEE) Príncipe Felipe.

Nova denominación: Centro de Educación Especial (CEE) Pontevedra.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria