Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das obras de humanización da rúa Vía Norte.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 4.988-440.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras incluídas no proxecto de humanización da rúa Vía Norte.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 10 meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.902.106,89 euros, IVE que vai soportar a Administración: 399.442,45 euros. Orzamento total: 2.301.549,34 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada tivese sido cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: grupo G, subgrupo 6, categoría 3 e grupo E, subgrupo 1, categoría 3. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: grupo G, subgrupo 6, categoría 3 e grupo E, subgrupo 1, categoría 3.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 VIGO, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contado desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 18 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación