|
|
A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/
Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.
Tramitación: ordinaria da licitación.
Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
2. Obxecto do contrato: servizo.
a) Descrición: apoio técnico no proceso de redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento en Betanzos (A Coruña).
Número de expediente: OH.215.1130.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.
Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 87, do 8 de maio de 2017.
Orzamento base de licitación. Importe neto: 52.849,75 euros. Importe total: 63.948,20 euros.
Data de adxudicación: 14 de novembro de 2017.
Importe de adxudicación. Importe neto: 37.450,00 euros. Importe total: 45.314,50 euros.
Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2017.
Contratista: Ingeniería del Noroeste, S.L.
b) Descrición: apoio técnico no proceso de redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento e saneamento público nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, no concello de Crecente (Pontevedra).
Número de expediente: OH.536.1123.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.
Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 98, do 24 de maio de 2017.
Orzamento base de licitación. Importe neto: 36.676,25 euros. Importe total: 44.378,26 euros.
Data de adxudicación: 15 de novembro de 2017.
Importe de adxudicación. Importe neto: 26.278,53 euros. Importe total: 31.797,02 euros.
Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2017.
Contratista: Proyfe, S.L.
c) Descrición: apoio técnico no proceso de redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento en Noia (A Coruña).
Número de expediente: OH.215.1129.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.
Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 102, do 31 de maio de 2017.
Orzamento base de licitación. Importe neto: 59.371,34 euros. Importe total: 71.839,32 euros.
Data de adxudicación: 14 de novembro de 2017.
Importe de adxudicación. Importe neto: 42.539,57 euros. Importe total: 51.472,88 euros.
Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2017.
Contratista: Proyfe, S.L.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.
4. Outras informacións.
A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil de contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia



