1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: contratación dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe, atención e transporte dos postos da Consellería do Medio Rural nas feiras: «Alimentaria» (Barcelona, do 16 ao 19 de abril de 2018) e «SIC Gourmets» (Madrid, do 7 ao 10 de maio de 2018).
c) División por lotes e número: si. Catro (4). Lote 1: Alimentaria Barcelona. Pavillón Intercarn. Lote 2: Alimentaria Barcelona. Pavillón Interlact. Lote 3: Alimentaria Barcelona. Pavillón Múltiple Foods. Lote 4: Sic Gourmets.
d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde a sinatura do contrato ata os cinco días seguintes á finalización do certame. Comezará a execución o día seguinte ao da formalización do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 79950000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada. Tramitación anticipada de gasto.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (criterios avaliables de forma automática e non automática).
4. Orzamento de licitación:
Importe neto: 338.842,98 €; IVE (21 %): 71.157,02 €; Importe total: 410.000 €.
Valor estimado: 338.842,98 €.
5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo L, subgrupo 5 e categoría que corresponda tendo en conta o valor estimado dos lotes aos que licite, estará exento de acreditar a solvencia.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.
7. Garantías exixidas: Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano 4, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 00 62 e 981 54 00 67 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal (consultas administrativas) maria.j.gonzalez.gonzalez@xunta.gal (consultas técnicas).
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=237280
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contado desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.
11. Gastos de publicidade: o custo do anuncio no DOG será por conta do adxudicatario.
12. Outras informacións: requírese un compromiso de adscrición de medios persoais mínimos necesarios (artigo 64.2 do TRLCSP).
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural