Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2018 Páx. 1596

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 pola que se nomea funcionario de carreira da escala de técnico especialista, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña, subescala condutor, convocadas pola Resolución do 31 de agosto de 2016 (DOG do 23 de setembro).

Verificada a concorrencia no aspirante dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos referidos estatutos desta universidade,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira da escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña, subescala condutor, o aspirante que superou estas probas polo sistema de promoción interna e que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, a persoa que se relaciona deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de decembro de 2017

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña (subescala condutor)

Nº de orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

3

76512256L

Losada

Bugallo

Luis Manuel

66,98