Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2018 Páx. 1604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 62/2015).

Seguridade social 62/2015

Demandante: Zacarías Pazos Rego

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Hermanos Míguez, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Público de Emprego Estatal

Avogados: (…), letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado do Servizo Público de Emprego Estatal

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 62/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zacarías Pazos Rego contra Hermanos Míguez, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan

Santiago de Compostela, vinte e nove de novembro de dous mil dezasete

O anterior escrito presentado pola graduada social Matilde Mallo Niévez, en nome e representación de Zacarías Pazos Rego, únase; á vista do seu contido álzase a suspensión acordada e acórdase citar novamente as partes para que comparezan o próximo día 15 de marzo de 2018, ás 9.25 horas, na sala de vistas deste xulgado, Edificio Rúa Berlín, á realización do acto de xuízo ante a maxistrada. Cítanse en legal forma as partes cos mesmos requirimentos e apercibimentos da primeira resolución e convócase xuízo.

– Mantense a documental acordada en Providencia de data 23 de marzo de 2017.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hermanos Míguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no diario oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza