Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017296AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data 6 de novembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2017296AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Elisardo del Río Cores, con DNI 35440924V, como titular do establecemento El Rincón de Manuela.

Logo de intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Elisardo del Río Cores, con DNI 35440924V, como titular do establecemento El Rincón de Manuela, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Tamén, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 4 de decembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017296AL-PO.

Denunciado: Elisardo del Río Cores, con DNI 35440924V, como titular do establecemento El Rincón de Manuela.

Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Pardiñas, núm. 7, de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1.a) do Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

Tipificación: infracción administrativa tipificada como leve no artigo no artigo 41.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).