Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2018 Páx. 1858

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación mediante procedemento aberto para a venda, con destino á súa reciclaxe, dos residuos de papel-cartón recollidos polo Servizo de Augas e Medio Ambiente durante o ano 2018.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da venda, con destino á súa reciclaxe, dos residuos de papel-cartón recollidos polo Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2018. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 28 de decembro de 2018

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense