Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (266/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 266/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rogelio Vigo Castro contra Lineanorte Multiservicios, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«PO procedemento ordinario 266/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Rogelio Vigo Castro

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandado: Lineanorte Multiservicios, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Avogado/a: letrado do Fogasa

Dada conta no día de hoxe e,

Auto.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como procedemento ordinario PO (en materia de reclamación de cantidade, concretamente diferenzas salariais) baixo o número 266/2016, en que é parte demandante Rogelio Vigo Castro, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, e son partes codemandadas a mercantil Lineanorte Multiservicios, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para isto, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei dito esta sentenza con base nos seguintes [...]

Parte dispositiva:

Dispoño que debo acceder e accedo á aclaración de erro aritmético formulada pola graduada social Sra. Mallo Nieves, actuando en nome e representación de Rogelio Vigo Castro, contra a Sentenza nº 430/2017 ditada no curso do presente procedemento con data do 26 de setembro de 2017, e, en consecuencia, modifico o cálculo do xuro legal do 10 % anual ex artigo 29.3 do ET da parte dispositiva nos termos que se expoñen a seguir, e confirmo o resto dos seus termos no seu contido íntegro:

Onde di “... Decido: estimar a demanda presentada por Rogelio Vigo Castro contra Lineanorte Multiservicios, S.L., e, en consecuencia, condenar a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.109.92 euros. Desta, á cantidade de 933,25 euros en aplicación do xuro do 10 % por demora. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se for o caso…”.

Debe dicir “... Decido: estimar a demanda presentada por Rogelio Vigo Castro contra Lineanorte Multiservicios, S.L., e, en consecuencia, condenar a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.109.92 euros. Desta, á cantidade de 1.315,32 euros en aplicación do xuro do 10 % por demora. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se for o caso…”.

Notifíquese este auto ás partes comparecidas facéndolles saber que é firme e que contra el non cabe interpor recurso ordinario ningún distinto a que, se for o caso, proceda interpoñer contra a resolución a que se refira a solicitude ou aclaración de oficio, de acordo co disposto no artigo 214.4 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza