Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos dáse publicidade do cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato.

a) Título: apoio técnico para a xestión e coordinación do proxecto 0092 Aqualitrans 1 e no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.17076.

CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-8.

Orzamento base. Importe neto: 15.000,00 euros. Importe total: 18.150,00 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 13.485,00 euros. Importe total: 16.316,85 euros.

Empresa: Estrategia y Organización, S.A.

b) Título: elaboración do Plan de comunicación manual de identidade e estratexia publicitaria do proxecto 0092 Aqualitrans 1 e no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.17077.

CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-8.

Orzamento base. Importe neto: 17.990,00 euros. Importe total: 21.767,90 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Importe da oferta: importe neto: 15.900,00 euros. Importe total: 19.239,00 euros.

Empresa: Taller de Técnicas Creativas, S.L.U.

c) Título: organización da xornada de lanzamento do proxecto 0092 Aqualitrans 1 e no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.17103.

CPV (referencia de nomenclatura): 79952000-2.

Orzamento base. Importe neto: 2.100,00 euros. Importe total: 2.541,00 euros.

Prazo de execución: 1 día.

Importe da oferta. Importe neto: 1.700,00 euros. Importe total: 2.057,00 euros.

Empresa: G64 Comunicación, S.L.

d) Título: redacción do estudo da normativa actual e futura en materia de augas residuais urbanas. Avaliación do seu grao de cumprimento e capacidade de adaptación con base nos procesos existentes nas estacións depuradoras de augas residuais de Galicia, proxecto 0092 Aqualitrans 1 e no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.17079.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Orzamento base. Importe neto: 17.998,81 euros. Importe total: 21.778,56 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 13.499,11 euros. Importe total: 16.333,92 euros.

Empresa: Adantia, S.L.

e) Título: redacción do estudo de caracterización dos custos, consumos e residuos xerados nas estacións depuradoras de augas residuais de Galicia, proxecto 0092 Aqualitrans 1 e no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.17080.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Orzamento base. Importe neto: 16.000,00 euros. Importe total: 19.360,00 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 11.765,00 euros. Importe total: 14.236,65 euros.

Empresa: Cuartazona Ingeniería, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) cofinanciaraas a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no eixe 3 «Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais». Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6F «Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica». Obxectivo específico OE6F «Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación».

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia