Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 2001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2017 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG204.2015.1.27 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio da presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpor un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución contra a cal se recorre, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2015.1.27

Pet Canto, María Belén

Programa de apoio financeiro ás pemes-axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 5 de xuño de 2015; DOG nº 115, do 19 de xuño)

4.10.2017

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG220.2015.1.128

María Luiza García Alves

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial (Resolución do 23 de outubro de 2015; DOG nº 207, do 29 de outubro)

5.10.2017

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de anticipo

IG230.2016.1.108

Seistag Innovacion, S.L.

Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta empresas) (Resolución do 28 de decembro de 2015; DOG nº 247, do 29 de decembro)

4.10.2017

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento parcial