Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (224/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Javier Rodríguez Alonso contra Lege 2013 Consultores, S.L.U., se acordou notificar parte dispositiva do auto e dilixencia de ordenación do 13 de decembro de 2017 ditado no procedemento ETX 224/2017 a Lege 2013 Consultores, S.L.U., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Javier Rodríguez Alonso fronte a Lege 2013 Consultores, S.L.U., parte executada e Nagore Caro Fernández na súa condición de administradora concursal da entidade demandada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto a resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017

Logo de presentar o traballador Javier Rodríguez Alonso exixindo o cumprimento polo empresario Lege 2013 Consultores, S.L.U., da obriga de readmisión, e logo de despacharse auto de execución da sentenza ditada no procedemento de despedimento 15/2017, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes, a administradora concursal e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 25 de xaneiro de 2018, ás 9.55 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que lle represente teráselle por desistido na súa solicitude, se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto a resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

«Citación.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 13 de decembro de 2017, no proceso seguido por instancia de Javier Rodríguez Alonso contra Lege 2013 Consultores, S.L.U., rexistrado co número ETX 224/2017 se acordou citar Lege 2013 Consultores, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste xulgado do social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, 15707 polígono das Fontiñas, o día 25 de xaneiro de 2018, ás 9.55 horas, para a celebración dos actos de comparecencia, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e auto de despacho de execución desta e demais resolucións e documentos obrantes no procedemento.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto de comparecencia asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación e citación a Lege 2013 Consultores, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza