Notifícase aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo I, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social de esta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.
Ourense, 15 de decembro de 2017
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expte. |
Nº acta infracción |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data resolución |
Importe sanción |
|
90/2017 |
I32201700021674 |
Estructuras Dabalpo, S.L.U. |
B32372161 |
R/ Xoán de Novoa, 4, baixo 32004 Ourense |
28.11.2017 |
6.251,00 € |
|
91/2017 |
I322017000023391 |
López Morgade, María Belén |
34973587V |
R/ Cruceiro, edif. Sol, 1, porta D 32630 Xinzo de Limia (Ourense) |
17.11.2017 |
626,00 € |


