Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2294

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (330/2016).

Eu, María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente edicto anuncio que no procedemento ordinario 330/2016 seguido por instancia de Innova Profesional Desarrollos, S.L. fronte a Chan de Gándara, S.L. se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Lalín, 28 de setembro de 2017

Xuíz: Gonzalo Sans Besada

Demandante: Innova Profesional Desarrollos, S.L.

Procuradora: Yolanda González Alonso.

Letrada: María del Carmen González Gómez.

Demandada: Urbanización Chan de Gándara, S.L. (en situación de rebeldía procesual).

Obxecto: reclamación de cantidade derivada de responsabilidade contractual.

Decido:

Estimo integramente a demanda presentada por Innova Profesional Desarrollos, S.L. fronte a Urbanización Chan de Gándara, S.L. (CIF B36883544) e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á entidade demandante a cantidade de 33.813,73 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que se deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso deberá de acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Chan de Gándara, S.L., esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 21 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza