Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2543

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de decembro de 2017 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP Montel Touzet do concello da Coruña.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código: 15004991.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Montel Touzet.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Cidade Vella.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria