Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración, suxeita a regulación harmonizada, da fabricación e instalación do proxecto expositivo do Museo do Viño de Galicia, en Santo André de Camporredondo, Ribadavia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1. Intervencións no patrimonio cultural (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188068

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 149, do 7 de agosto de 2017. DOUE núm. 2017/S 148-307488, do 4 de agosto de 2017. BOE núm. 197, do 18 de agosto de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración, suxeita a regulación harmonizada.

b) Descrición: subministración da fabricación e instalación do proxecto expositivo do Museo do Viño de Galicia, en Santo André de Camporredondo, Ribadavia (Ourense), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 589.786,40 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 17 de novembro de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 18 de decembro de 2017.

c) Contratista: Interiores Galicia, S.L. (Intega).

d) Importe de adxudicación: 419.840,70 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria