Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2492

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 e 2019 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Os parques naturais son áreas naturais pouco transformadas polas actividades humanas que, en razón da beleza dos seus sitios, da representatividade dos seus ecosistemas ou das singularidades da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, establece que os poderes públicos deberán impulsar as actividades que contribúan a atinxir os obxectivos de conservación da natureza, impulsar medidas fiscais incentivadoras da iniciativa privada e desincentivar aquelas con incidencia negativa sobre a conservación da biodiversidade e uso sustentable (artigo 5) do patrimonio natural. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza prevé, pola súa vez, a posibilidade de establecer un réxime de axudas para a poboación residente no espazo natural protexido ou na súa área de influencia socioeconómica (artigo 30.2).

Na actualidade, Galicia conta con seis parques naturais declarados: Baixa Limia-Serra do Xurés, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Fragas do Eume, Monte Aloia, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra. A superficie total dos parques naturais declarados consta dunha extensión de 49.086,76 ha. Todos os parques naturais contan con plans de ordenación dos recursos naturais (PORN), constituíndo estes instrumentos un límite para calquera outro instrumento de ordenación territorial ou física. Tanto nos decretos de declaración dos parques naturais como nos decretos de aprobación dos instrumentos de ordenación establécese a necesidade e a obriga de conservación dos valores naturais das zonas declaradas, estando prevista a creación de diferentes liñas de incentivación que permitan compatibilizar a preservación da biodiversidade co necesario desenvolvemento das zonas declaradas.

Esta orde serve como instrumento útil para propiciar o desenvolvemento de actividades tradicionais e fomentar outras compatibles coa conservación do espazo. As axudas pretenden dar resposta a estes obxectivos, fomentando e aumentando o papel de persoas físicas (propietarias ou arrendatarias...), comunidades de montes veciñais, asociacións, empresas e concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de propietarios/as agrícolas ou ben como entidades xestoras de terras.

Por outra banda, o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado por Decisión de execución da Comisión do 18.11.2015 e modificado mediante Decisión de execución da Comisión CE (2017), 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e elaborado ao amparo das disposicións do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015, recolle entre as súas liñas básicas de actuación: «Conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia, promover a xestión sustentable dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático» e «Mellorar a calidade de vida da poboación rural fomentando a prestación de servizos básicos que axuden á fixación da poboación no medio rural, á creación de emprego e á redución do risco de pobreza».

O artigo 17.d) do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, establece o apoio aos investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e en materia de clima, como o estado de conservación da biodiversidade de especies e hábitats e o reforzo do carácter de utilidade pública dunha zona da rede Natura 2000 ou outros sistemas de alto valor natural. Ao amparo deste artigo, o Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 incorpora a submedida 4.4 «Axuda aos investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos». Con esta medida apóianse proxectos en zonas da rede Natura 2000 para a mellora da paisaxe rural e os seus elementos representativos e proxectos para o mantemento das condicións ambientais dirixidas á recuperación e conservación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Estas actuacións son coherentes coas medidas propostas no Plan director da rede Natura 2000.

O que se pretende coa publicación destas axudas é dar resposta aos obxectivos de conservación dos parques naturais e mellorar o carácter de utilidade pública destes espazos, fomentando e aumentando o papel das persoas propietarias ou arrendatarias, de asociacións, empresas e concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións nestas zonas da rede Natura 2000.

O réxime xeral das axudas e subvencións na nosa comunidade autónoma establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

O Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, modificado en última instancia polo Decreto 177/2016, do 15 de decembro, sinala no seu artigo 12 que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións atribuídas á Consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos e a súa preservación para as xeracións futuras e, en particular, atribúelle no parágrafo 1, letra f), a conservación específica dos espazos que compoñen a Rede galega de espazos protexidos e a rede Natura 2000 de Galicia ou outras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Finalidade e obxecto

1. O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas dentro dos espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarios para atinxir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas ou que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas rede Natura 2000 pertencentes aos parques naturais.

Así mesmo, convócanse as axudas correspondente aos exercicios orzamentarios dos anos 2018 e 2019 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MT819A).

2. Para os efectos desta orde, entenderase por área de influencia socioeconómica do parque natural todo aquel municipio que teña toda ou parte da súa superficie dentro dun parque natural.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

a) As persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, entendendo por titulares tanto persoas físicas como xurídicas propietarias ou arrendatarias, preferiblemente residentes en zonas rurais situadas dentro do parque natural, ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou outras áreas de alto valor natural.

b) Os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.

c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.

d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural constituídas con anterioridade á publicación desta orde, con prioridade para aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural, e que sexan propietarias ou arrendatarias das terras para as cales se solicita a axuda.

2. Só se admitirá unha solicitude e proxecto por solicitante.

3. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Réxime e principios de aplicación

1. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, tal e como se establece no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. Conforme o anterior e o artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: http://cmaot.xunta.gal/axudas-e-subvencions

Artigo 4. Ámbito territorial

Para os efectos do seu financiamento a través do PDR 2014-2020, as axudas desta convocatoria aplicaranse a proxectos que se desenvolvan no ámbito territorial definido polas zonas rurais (ZPP) ou intermedias (ZIP) dos parques naturais de Galicia e as súas áreas de influencia, conforme a clasificación establecida polo grao de urbanización a nivel de parroquia [fonte: Instituto Galego de Estatística: Clasificación do grao de urbanización das parroquias (GU 2016)]. Deben considerarse non admisibles as actuacións en parroquias definidas como densamente poboadas (ZDP) recollidas no anexo X.

En ningún caso se financiarán actuacións en solo forestal que estean previstas na medida do artigo 25 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Artigo 5. Actividades subvencionables e importe

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos:

– Creación e/ou mellora de cercas, sebes, vexetación de lindes e arrós non cultivados;

– Actuacións para a mellora da paisaxe rural, como restauración de muros de cachotaría e cantaría;

– Mellora de carreiros rurais;

– Creación de rutas e áreas recreativas, así como os investimentos necesarios orientados a proporcionar o equipamento de información e interpretación adaptados ás características dos espazos naturais como elementos interpretativos, paneis informativos, observatorios ou elementos de análoga natureza asociados ás rutas ou ás áreas relacionados coa mellora do carácter de utilidade pública de Natura 2000 destinadas a visitantes ou habitantes;

– Sinalizacións de camiños e carreiros;

– Outras de análoga natureza.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional.

– Rehabilitación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais, representativos nas explotacións agrícolas, hórreos, milladoiros, cabanas, valados, fontes e calquera outras de análoga ou similar natureza, ou necesarios para contribuír ao mantemento da paisaxe rural tradicional. Realizarase dentro dos espazos naturais e conforme os condicionados do anexo VI. Non serán elixibles os gastos de restauración de elementos do patrimonio histórico nin os arqueolóxicos catalogados como bens de interese cultural ou incluídos en catálogos municipais.

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais:

i. Actuacións para a preservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario ou de hábitats de especies prioritarias, ameazadas ou de interese comunitario:

– Creación de cercas e outras obras necesarias para facilitar a conservación, incluídas a protección das augas e do solo;

– Restauración de zonas húmidas, corrección de drenaxes e restauración de queirogais;

– Modificación de estruturas existentes para permitir o desprazamento da fauna salvaxe e outras actuacións de mellora da conectividade;

– Investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes;

– Eliminación de especies exóticas invasoras;

– Outras actuacións de diverso tipo que contribúan á preservación dos hábitats ou das especies.

ii. Actuacións de preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais.

iii. Outras actuacións sobre ecosistemas naturais ou seminaturais entre as cales se menciona, a modo de exemplo, a recuperación de sebes nos límites das explotacións e nas beiras das zonas comúns ou a recuperación de soutos.

2. En ningún caso serán subvencionables aquelas actuacións que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos dos parques naturais e da rede Natura 2000 ou que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, recollidos segundo as prescricións contidas na normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicables a estes espazos. Tampouco serán subvencionables aquelas medidas que xa foron obxecto de financiamento con cargo ao PDR 2007-2013 ou ao PDR 2014-2020 salvo que transcorresen máis de cinco anos desde o último pagamento.

3. Todas as accións, obras ou traballos deberán atoparse situados dentro do perímetro do parque natural ou da área de influencia socioeconómica, con prioridade para as accións que se realicen dentro do parque sobre aqueloutras que estean fóra.

4. Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 40.000 euros/proxecto no caso de que a persoa beneficiaria sexa un concello e de ata 12.000 euros/proxecto no caso de persoas beneficiarias das alíneas a), c) e d) do artigo 2. Só se admitirá unha solicitude de axuda e un único proxecto.

5. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes débense manter afectos para o fin para o cal se lles concedeu a subvención, como mínimo durante cinco anos.

6. O IVE non será subvencionable.

Os custos vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios relativos á asistencia en arquitectura, enxeñaría, ao asesoramento en xeral ou sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade, aos cales se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) nº 1305/2013, non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento.

Segundo o artigo 60 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, unicamente se considerarán subvencionables os gastos efectuados despois de presentarse a correspondente solicitude á autoridade competente, con excepción dos custos xerais previstos no artigo 45.2.c) deste regulamento, en relación coas operacións de investimento efectuadas no marco de medidas incluídas no ámbito de aplicación do artigo 42 do TFUE.

Non serán subvencionables os custos de mantemento e funcionamento.

7. As actividades que se van realizar cumprirán co condicionado establecido no anexo VI desta orde.

8. As obras obxecto de subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, a persoa interesada deberá contar coas licenzas e autorizacións preceptivas que sexan exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao amparo da normativa sectorial que puider resultar de aplicación. No caso de ser aprobada, a actuación entenderase autorizada no ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

9. A persoa beneficiaria poderá subcontratar totalmente a actividade ou acción subvencionada, respectando en todo caso as prescricións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, así como na normativa que regula a contratación do sector público. Igualmente, e para garantir a moderación de custos, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberán solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto coa solicitude de axuda. En ningún caso se poderán subcontratar actividades que aumenten o custo da actividade subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido. Non serán subvencionables os custos relativos aos seguintes contratos: a) os que aumenten o valor de execución da operación sen achegar un valor engadido e b) os celebrados con persoas intermediarias ou asesoras cuxo pagamento consista nunha porcentaxe de custo total da operación, a non ser que a persoa beneficiaria xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

Cando a persoa beneficiaria sexa unha Administración pública, ademais de cumprir co disposto na normativa de contratación do sector público, exixirase tamén a presentación de tres ofertas no caso de contratos menores.

10. O panel explicativo a que se refire o artigo 16 desta orde será subvencionable.

Artigo 6. Criterios de valoración

As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que a seguir se indican:

1. Segundo o tipo de actuación: de 25 a 1 puntos.

i. Actuacións do grupo c), dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais:

i) Actuacións para a preservación de hábitats prioritarios ou hábitats de especies prioritarias ou ameazadas: 25 puntos;

ii) Actuacións para a preservación de hábitats de interese comunitario ou hábitats de especies de interese comunitario: 20 puntos;

iii) Actuacións de preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais: 15 puntos;

iv) Outras actuacións sobre ecosistemas naturais ou seminaturais: 10 puntos.

ii. Actuacións do grupo b), dirixidas á recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional: 10 puntos.

iii. Actuacións do grupo a), dirixidas á mellora da paisaxe agraria: 10 puntos.

iv. Actuacións do grupo a), para o desenvolvemento de usos recreativos en espazos protexidos:

i) Rutas para a práctica do sendeirismo e turismo de natureza: 10 puntos;

ii) Áreas recreativas situadas na zona 3 do Plan director da rede Natura 2000 ou fóra dos espazos pero inmediatamente limítrofes: 10 puntos;

iii) Áreas recreativas situadas na zona 2 do Plan director da rede Natura 2000: 5 puntos;

iv) Áreas recreativas situadas na zona 1 do Plan director da rede Natura 2000: 1 punto.

2. Segundo o grao de adecuación da actividade proposta ás directrices de xestión e á zonificación, e a planificación establecidas no Plan director da rede Natura 2000, e outros instrumentos específicos de planificación e xestión do parque natural no que se desenvolva: de 25 a 5 puntos.

i. Actuacións recollidas como prioridades ou como beneficiosas para algún dos compoñentes da biodiversidade no Plan director da rede Natura 2000: 25 puntos;

ii. Actuacións recollidas nos instrumentos específicos de planificación e xestión do parque natural: 20 puntos;

iii. Actuacións non incluídas na planificación do parque pero contidas no Marco de acción prioritaria para a rede Natura 2000 en España para o período de financiamento 
2014-2020: 15 puntos;

iv. Actuacións diferentes das anteriores recollidas como permitidas no Plan director da rede Natura 2000: 10 puntos;

v. Actuacións diferentes das anteriores recollidas como autorizables no Plan director da rede Natura 2000: 5 puntos.

3. Segundo a porcentaxe da superficie do municipio incluída na rede Natura 2000 do concello conforme a táboa de superficies que se indica no anexo IX: de 25 a 15 puntos.

i. Maior do 60 %: 25 puntos.

ii. Entre o 30 % e o 60 %: 20 puntos.

iii. Menor do 30 %: 15 puntos.

4. Segundo a poboación do municipio a 1.1.2016 (fonte: Instituto Galego de Estatística a partir do Padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística): de 15 a 5 puntos.

i. Menor de 5.000 habitantes: 15 puntos;

ii. Entre 5.000 e 10.000 habitantes: 10 puntos;

iii. Maior de 10.000 habitantes: 5 puntos.

5. Segundo a porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social na agricultura das persoas residentes no municipio (fonte: Instituto Galego de Estatística). Período de referencia xuño 2017: de 15 a 5 puntos.

i. Maior de 10 %: 15 puntos;

ii. Entre o 7 % e o 10 %: 10 puntos;

iii. Menor de 7 %: 5 puntos.

6. En función da residencia da persoa solicitante: de 15 a 5 puntos.

i. Se residencia é en terreos dentro do espazo protexido: 15 puntos;

ii. Se a residencia é en terreos fóra do espazo protexido pero no ámbito xeográfico de parroquias con territorio incluído total ou parcialmente no espazo: 10 puntos;

iii. Se a residencia é fóra do ámbito xeográfico de parroquias con territorio incluído total ou parcialmente no espazo: 5 puntos.

7. Criterios relativos á actividade da persoa solicitante: de 20 a 10 puntos.

i. Proxecto presentado pola persoa titular dunha explotación integrada en agricultura ecolóxica: 20 puntos;

ii. Proxecto presentado por un/unha agricultor/ a profesional: 15 puntos;

iii. Proxectos presentados por entidades asociativas: 10 puntos.

Os criterios 1, 2, 3 e 4 aplicaranse a todas as solicitudes. O criterio número 5 aplicarase ás solicitudes de entidades locais, e os números 6 e 7 ao resto de solicitudes.

A puntuación máxima dunha operación será de 140 puntos. Para que un proxecto sexa considerado, establécese que unha solicitude deberá obter unha puntuación mínima de 45 puntos, dos cales 15 deberán obterse nas dúas primeiras epígrafes de criterios.

Artigo 7. Baremación e criterios de desempate

1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os criterios xerais de valoración seguintes.

2. No caso de que o proxecto presentado inclúa varias actuacións que correspondan a máis dun grupo de actividades do número 1 do artigo 5, a valoración segundo o tipo de actuación da totalidade do proxecto realizarase dentro dun único grupo, o correspondente á actuación ou actuacións cun maior peso orzamentario.

3. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar. Neste sentido, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios de valoración indicados no artigo anterior e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible e, de ser o caso, aplicando as regras de desempate especificadas a seguir: a igualdade de puntos, priorizaranse os proxectos localizados na súa totalidade en zonas Natura 2000. De persistir o empate, priorizaranse os proxectos que obteñan maior puntuación no número 1 (segundo o tipo de actuación), e de continuar o empate, priorizaranse os proxectos que vaian obtendo maior puntuación en cada unha das epígrafes seguintes.

Artigo 8. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Documentación necesaria

Xunto coa solicitude, en orixinal ou debidamente compulsada, deberase presentar a seguinte documentación:

1. Para toda persoa interesada:

– Aceditación do representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións, asinada por un profesional competente, xustificativa das accións, que deberá conter, como mínimo, a descrición de traballos ou actividades xustificando na zona especial de conservación (ZEC) e parque natural en que se vai a traballar, a superficie de actuación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, planos de situación e detalle, orzamento detallado e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución. No caso de prever usar medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais; cubriranse como mínimo, os datos indicados no anexo III.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 euros presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado polo técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto e a persoa beneficiaria deberá comunicalo ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión.

– Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas xunto á solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

– Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun tasador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

– Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

– Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude. Se unha construción está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, solicitarase á devandita dirección xeral informe da dispoñibilidade de realizar as obras solicitadas.

2. Deberase presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza da persoa beneficiaria:

– No caso de que a persoa solicitante non sexa a titular da propiedade, certificación da persoa titular para a súa dispoñibilidade.

– No caso de persoas arrendatarias, documento que acredite esa condición.

– No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.

– No caso de asociacións, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e documento que acredite a condición da entidade como xestor das terras para as cales se solicita a axuda (acordo de custodia, contrato de alugamento,...). Comprobarase de forma interna a inscrición no Rexistro de Asociacións.

– No caso de empresas ou autónomos:

I. O documento acreditativo que xustifique estar de alta no IAE cando proceda. No caso de que non proceda, substituirase por un certificado do concello conforme realiza a súa actividade no parque natural correspondente.

II. Acreditación de posuír a sede social nalgún municipio do parque natural correspondente.

III. Acreditación de ser propietarios/as ou arrendatarios/as das terras para as cales se solicita a axuda.

– No caso de concellos, certificación expedida pola secretaría municipal relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal se dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e a dispoñibilidade dos terreos.

– No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todos/as eles/elas e a representación do/da solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da persoa xurídica ou entidade solicitante.

– Documento que acredite os datos de residencia da persoa física solicitante.

– Documento que acredite a titularidade do predio.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

– No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada.

– Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias achegadas pola persoa solicitante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio/Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Lázaro, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.cmot@xunta.gal

Artigo 13. Órganos de xestión e resolución

1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. En relación coa solicitude da axuda, o órgano instrutor comprobará que a operación cumpre as obrigas establecidas pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e o programa de desenvolvemento rural, entre elas as relativas ás axudas estatais e demais normas e requisitos obrigatorios.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, despois de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

3. Os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio remitirán á Dirección Xeral de Patrimonio Natural os expedientes, xunto cun informe-proposta de aprobación, nun prazo máximo de 30 días naturais, contados a partir da data límite de presentación de solicitudes. O servizo provincial acompañará o devandito informe-proposta dunha táboa coa baremación proposta das solicitudes segundo os criterios reflectidos no artigo 6 desta orde e doutro informe complementario relativo a cada unha das solicitudes asinado por un/unha técnico/a competente desta consellería conforme a acción ou actividade é respectuosa coas finalidades e obxectivos da rede Natura 2000 e que non pon en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, ademais de constituír un uso permitido ou autorizable conforme o Decreto 37/2014, do 27 de marzo.

4. Os expedientes serán avaliados definitivamente por unha comisión creada para tal fin. Esta comisión será presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Espazos Naturais, e serán membros da devandita comisión as persoas titulares da xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e da xefatura da Sección de Espazos Naturais nos servizos centrais. Esta última actuará como secretaria. Auxiliará a comisión de avaliación unha persoa de perfil técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Natural designada para o efecto polo seu titular.

Se algunhas das persoas membros da comisión non puider participar nunha sesión por calquera causa, será substituído por unha persoa funcionaria da dirección xeral designada por seu titular.

5. A comisión de avaliación dará traslado das súas propostas de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento de acordo co disposto na disposición derradeira primeira desta orde.

6. A proposta de resolución, conforme os criterios contidos no artigo 6 e as dispoñibilidades orzamentarias, fará mención ás persoas solicitantes para as cales se propón a concesión da subvención e a contía desta de modo individualizado, especificando a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 14. Resolución

1. O prazo para resolver será de cinco meses desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Transcorrido o prazo para resolver sen que a persoa interesada recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 22 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención, informarase as persoas beneficiarias de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, na submedida 4.4 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 na prioridade 4A. Informarase, igualmente, das súas responsabilidades de publicidade segundo o establecido no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo. En todo caso, o prazo para a execución será improrrogable.

4. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta orde e na lexislación vixente en materia de subvencións. Constará, ademais da persoa solicitante ou relación de solicitantes aos/as cales se lles concede a axuda, de maneira expresa e, de ser o caso, a desestimación do resto das solicitudes.

Artigo 15. Recursos

1. A resolución ditada poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, conforme dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto fora expreso. Transcorrido o devandito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se for o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se producise o acto presunto.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun mes. Contra a resolución dun recurso de reposición non poderá interpoñerse de novo o devandito recurso.

4. Poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución é expresa, ou de seis meses se non o é, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 16. Publicidade, transparencia e bo goberno

1. A relación das subvencións concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia coa indicación da norma reguladora, a persoa beneficiaria, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

4. A persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida ao amparo do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

5. Así mesmo, conforme o anexo III do Regulamento (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, e ás prescricións técnicas establecidas na Estratexia de Información e Publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, a persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader. Deste xeito, sempre que a execución da actividade o permita, deberá poñer un panel de tamaño A3 (297×420 mm), en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo VII), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o logotipo do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o logotipo e lema do Feader, así como unha referencia á medida do PDR de Galicia pola que se financia o investimento. Antes da súa instalación deberá solicitarse a aprobación do servizo de Conservación da Natureza correspondente. A persoa beneficiaria deberá proporcionar información sobre o proxecto na cal se destacará a axuda financeira da Unión Europea, e que deberá permanecer durante todo o período de mantemento do investimento.

Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír nel unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 17. Notificación da resolución e aceptación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Se renuncia á subvención concedida, a persoa beneficiaria, no prazo de dez días naturais contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificalo á Dirección Xeral de Patrimonio Natural (anexo IV).

Se así non o fixer no indicado prazo, entenderase que a acepta.

7. No caso de renuncias por parte de persoas beneficiarias, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que cumpran cos requisitos para beneficiarse das axudas e a solicitude obtivese puntuación suficiente en aplicación dos criterios de valoración.

Artigo 18. Modificación da resolución

Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

Durante a execución das actuacións non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se concedeu a axuda que supoña o incremento do seu importe nin a inclusión de novos elementos ou gastos. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da resolución, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 10 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

Artigo 19. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades non financiadas con fondos comunitarios, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos subvencionables, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Os gastos financiados ao 100 % mediante a presente liña de axudas non poderán financiarse con outras fontes. Igualmente, deberá terse en conta o disposto no número 11 do artigo 65 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

En todo caso, serán incompatibles coa concesión de axudas reguladas pola Orde reguladora das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 20. Xustificación e pagamento

1. O pagamento da subvención efectuarase do seguinte modo:

a) Anualidade 2018:

Poderase solicitar o aboamento dun único pagamento anticipado (anexo VIII), que non poderá superar o 50 % da axuda concedida nin a anualidade prevista no exercicio orzamentario 2018. A persoa beneficiaria deberá solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural nun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda. A concesión do anticipo supeditarase á constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía nos termos previstos no artigo 67 do Decreto 11/2009, que deberá estar á disposición da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na caixa xeral de depósitos da Xunta de Galicia e cubrir o 110 % da cantidade que se vai aboar.

En virtude do establecido na Orde do 23 de maio de 2008 pola que se regulan os procedementos para a presentación de avais ante a caixa xeral de depósitos da Xunta de Galicia e para a súa devolución, empregando medios electrónicos (DOG núm. 115, do 16 de xuño), as persoas ou entidades que precisen constituír unha garantía en documento de aval na caixa xeral de depósitos poderán empregar o procedemento telemático que se regula na citada orde.

No caso dos concellos, xunto coa solicitude de anticipo (anexo VIII) deberán presentar a garantía escrita da alcaldía-presidente do 110 % do importe anticipado se finalizado o prazo de xustificación final da actuación, non tiver dereito ao importe percibido.

No caso de non solicitar anticipo, a persoa beneficiaria deberá solicitar o pagamento da anualidade correspondente ao ano 2018 (anexo V), unha vez xustificada a realización da actividade correspondente.

b) Anualidade 2019:

Unha vez xustificada a realización da actividade correspondente ao ano 2019, solicitarase o segundo pagamento da anualidade correspondente.

2. Unha vez efectuado o investimento, a persoa beneficiaria deberá comunicalo no anexo V ao servizo de Conservación da Natureza da correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

3. Os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio deberán certificar, despois da inspección in situ, que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada.

4. No caso de execucións parciais da actividade, e coa condición de que non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Do mesmo xeito, se o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe. Nestes casos a porcentaxe mínima de execución do proxecto non poderá ser inferior ao 70 % dos custos da actuación subvencionada.

En caso de discrepancias entre o importe da axuda cuxo pagamento se solicita e o importe da axuda correspondente aos investimentos das cales os servizos provinciais de Conservación da Natureza certifican a súa correcta realización, aplicarase o Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Establecerase:

a) O importe que se aboará á persoa beneficiaria en función exclusivamente da solicitude de pagamento presentada.

b) O importe que se aboará á persoa beneficiaria tras o estudo da admisibilidade da solicitude de pagamento, documentación xustificativa presentada e realidade física dos investimentos correspondentes.

Se o importe establecido segundo a letra a) supera o importe establecido segundo a letra b) en máis dun 10 %, o importe pagadoiro resultará de aplicar unha redución ao importe establecido segundo a letra b) igual á diferenza entre os dous importes citados.

5. Xunto coa notificación do final dos traballos e solicitude de pagamento (anexo V), a persoa beneficiaria deberá presentar, para os efectos de xustificación da actividade ou acción subvencionada, as facturas en orixinais e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa comunitaria aplicable. As facturas marcaranse cun selo en que se indique a orde reguladora da subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificado se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención, así como que é cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Ademais, acompañarase dalgún dos seguintes documentos xustificativos do pagamento:

a) Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en efectivo por portelo, certificación bancaria etc.) en que conste, de maneira expresa, o número da factura obxecto de pagamento, identificación da persoa beneficiaria que paga e da persoa destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura, e con data anterior á de xustificación dos traballos, e á cantidade ou cantidades que figuren nas devanditas facturas.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil e a documentación bancaria (extracto da conta da beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que este efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que a persoa beneficiaria realice os traballos con medios propios, deberá presentar coa solicitude a documentación do proxecto desagregado, diferenciando o custo da man de obra que vai achegar xunto cos previsibles custos materiais da forma seguinte:

– Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras con que vai executar a obra.

Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos de amortización deles.

– Informe elaborado polo técnico redactor do proxecto en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipamento...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:

• Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento do proxecto denominado «xustificación de prezos» en que se totaliza o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e unidades de material empregadas.

• Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, técnico redactor terá que especificar en cada unha das unidades o número de horas da achega e unidades de material empregadas.

– No caso de que se trate dunha entidade local, deberase achegar, ademais, un certificado da secretaría do concello en que quede acreditado que ese persoal se dedicou o número de horas que corresponda á execución do proxecto.

– Man de obra propia remunerada: deben achegarse as nóminas correspondentes ao tempo dedicado pola persoa traballadora á execución do traballo, certificando especificamente o emprego da porcentaxe de tempo que esta dedica ao proxecto, así como a documentación acreditativa do pagamento das nóminas, cargas sociais e retención de IRPF.

– Custos materiais: no caso de compra de materiais, deben achegarse as facturas acreditativas dese gasto e os xustificantes de pagamento.

Se se utilizan medios materiais propios (maquinaria, materiais etc.) a persoa beneficiaria debe imputar ao proxecto os custos de amortización deses equipamentos ou materiais, custos que deben calcularse de conformidade coas normas de contabilidade, e debe achegar a documentación acreditativa do sistema de cálculo utilizado.

d) No caso de que a actividade subvencionada se realice mediante contribucións en especie en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos cales non se efectuará ningún pagamento en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, poderán ser subvencionables nas condicións descritas no artigo 69 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

6. No momento de xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, a persoa beneficiaria deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes (anexo II).

7. A notificación do remate das accións (total ou parcial) e a solicitude de pagamento das axudas deberán xustificarse con data límite do 1 de agosto de 2018 para a anualidade do ano 2018 e do 31 de marzo de 2019 para a anualidade do ano 2019. Estes prazos serán, en todo caso, improrrogables. Para estes efectos considérase gasto realizado o que foi efectivamente aboado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

8. No caso das beneficiarias que solicitasen o anticipo da anualidade 2018, todas as actuacións deberán estar executadas, pagas e xustificadas con data límite do 1 de agosto de 2018.

Artigo 21. Financiamento e distribución do crédito

1. Esta orde financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.03.541B.760.0, 07.03.541B.770.0 e 07.03.541B.780.0 do código de proxecto 201600063 dos orzamentos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural por un importe de 1.487.726 euros, coa seguinte distribución por anualidades: 743.863 euros para o ano 2018 e 743.863 euros para o ano 2019.

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Total

07.03.541B.760.0

280.000 €

280.000 €

560.000 €

07.03.541B.770.0

80.000 €

80.000 €

160.000 €

07.03.541B.780.0

383.863 €

383.863 €

767.726 €

Totais

743.863 €

743.863 €

1.487.726 €

Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, unha achega do Ministerio do Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente do 7,50 % e unha achega da Xunta de Galicia do 17,50 %.

2. Esta dotación inicial poderase modificar e/ou incrementar con achegas adicionais sen nova convocatoria previa tras a oportuna tramitación orzamentaria en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Información e control

1. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizaron as actividades para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que foron obxecto das axudas. En particular, con anterioridade á concesión das axudas, todas as actuacións serán inspeccionadas polos servizos de Conservación da Natureza, que levantarán acta de non inicio para que conste a evidencia de que as actuacións non foron iniciadas antes da concesión.

2. A persoa beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo.

3. Será de aplicación ás axudas recollidas nesta orde o réxime de controis, reducións e exclusión incluído no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ao amparo do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como, controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente polo menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, se for o caso, de sometemento a controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. As persoas beneficiarias das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida, xa sexa a documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poidan exixir durante a tramitación do procedemento, ou a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

6. Para os efectos de comprobación e control, as persoas beneficiarias deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, polo menos durante cinco anos desde o último pagamento.

7. As persoas beneficiarias teñen a obriga de levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

8. Igualmente, as persoas beneficiarias de axudas teñen a obriga de proporcionar á autoridade de xestión, aos/ás avaliadores/as designados/as ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa. Para o cumprimento desta obrigación, a persoa beneficiaria comprométese a autorizar ao órgano xestor destas axudas o acceso e consulta da información que se precise.

Artigo 23. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de mora, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 20 desta orde e na lexislación aplicable en materia de subvencións.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión e publicidade contidas nos puntos 2 e 3 do artigo 16 desta orde.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro incluídas nesta orde e no resto da lexislación aplicable en materia de subvencións, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se atinxen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas adquiridos con motivo da concesión da subvención, distintas das anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 a 109 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Incumprimento de calquera das obrigas da persoa beneficiaria incluídos nesta orde e na normativa que resulta de aplicación.

2. Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de mora producidos en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días e a data de reembolso ou dedución, de acordo co artigo 7 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

De descubrirse que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes aboados polo devandito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída do Feader de que se trate durante o exercicio do Feader seguinte.

3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outras persoas beneficiarias de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

4. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas pola beneficiaria excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade cos xuros de mora correspondente.

5. En todos os casos, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.

Artigo 24. Infraccións e sancións

Ás persoas beneficiarias seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o procedemento legalmente previsto.

Do mesmo xeito, será de aplicación o Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida e os traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual, respectando, en todo caso, as prescricións contidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Disposición adicional segunda

Esta orde tramítase de acordo co establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, e queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2018.

No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo tantas veces como se considere oportuno ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, recoñecer a obrigación e propoñer os correspondentes pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI
Condicionado das accións

1. Limpeza, restauración de carreiros.

Para a realización destas actuacións débese ter en conta o seguinte:

– En reparación de piso, os traballos axustaranse á mellora da explanación existente, se producir modificacións no trazado nin na largura das vías.

– Exclúese a achega de materiais aglomerados, asfálticos, formigón ou similares.

– Poderase actuar nun máximo de 250 metros lineais de camiño por cada 10 ha de terreo.

2. Rehabilitación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos nas explotaciones agrícolas, hórreos, milladoiros, cabanas, valados, fontes e calquera outras de análoga ou similar natureza, ou necesarios para contribuír ao mantemento da paisaxe rural tradicional.

– Realizarse a adecuación paisaxística dos elementos mediante a instalación de cubertas tradicionais, revestimentos de fachadas con materiais propios de zona e adecuación de portas, portóns, xanelas... paisaxisticamente asumibles.

3. Preservación de vexetación de ribeira e filtros verdes.

– Creación de ripisilvas de estrutura complexa, de máis de 10 metros de largura, con vistas a aumentar a calidade ecolóxica de beiras de ríos, regos e regachos, en tramos onde este tipo de ecosistema fose substituído.

– A repoboación farase con especies ripícolas propias da vexetación natural da contorna, respectándose a vexetación autóctona preexistente.

4. Mantemento de sebes.

– As sebes deben atoparse entre parcelas ou en arrós non cultivados.

– As especies que se utilicen serán frondosas autóctonas da zona.

– Terán polo menos 1,5 metros de largo.

ANEXO VII
Cartel

missing image file

Nota: o logotipo da empresa executora pódese incluir.

Dimensións aproximadas do cartel:

– Altura 210 mm, largura 297 mm.

• Publicidade en medios de comunicación ou soporte dixital.

1. No suposto de publicidade en medios de comunicación, o emblema da Xunta de Galicia non deberá incluír referencias á consellería e situarase á dereita do resto dos logotipos:

missing image file

2. Para soportes dixitais (páginas web, banner etc.) utilizarase o seguinte logotipo para o Ministerio:

missing image file

missing image file

ANEXO IX
Porcentaxe de superficie incluída na rede Natura 2000 dos concellos
pertencentes a un parque natural

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RNAT2000 (ha)

% sup. concello en RNAT2000/sup. total do concello

A Coruña

Cabanas

3.007,61

665,54

22,13 %

A Coruña

Capela, A

5.766,79

1.618,91

28,07 %

A Coruña

Monfero

17.213,05

5.955,63

34,60 %

A Coruña

Pontedeume

2.933,74

180,47

6,15 %

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

24.968,57

2.295,83

9,19 %

A Coruña

Ribeira

6.792,57

1.292,66

19,03 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RNAT2000 (ha)

% sup. concello en RNAT2000/sup. total do concello

Ourense

Bande

9.890,46

1.137,89

11,50 %

Ourense

Calvos de Randín

9.781,70

3.182,25

32,53 %

Ourense

Entrimo

8.446,77

5.442,61

64,43 %

Ourense

Lobeira

6.884,09

3.380,79

49,11 %

Ourense

Lobios

16.827,85

10.958,90

65,12 %

Ourense

Muiños

10.949,60

4.316,43

39,42 %

Ourense

Rubiá

10.052,27

1.787,26

17,78 %

Ourense

Vilariño de Conso

20.017,05

15.740,20

78,63 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RNAT2000 (ha)

% sup. concello en RNAT2000/sup. total do concello

Pontevedra

Tui

6.826,68

1.418,63

20,78 %

ANEXO X
Zonas densamente poboadas (ZDP)

Parroquia

Provincia

Código concello

Concello

O Temple (Santa María)

15

15017

Cambre

A Coruña

15

15030

Coruña, A

Oza (Santa María)

15

15030

Coruña, A

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

15

15030

Coruña, A

Visma (San Pedro)

15

15030

Coruña, A

Almeiras (San Xián)

15

15031

Culleredo

O Burgo (Santiago)

15

15031

Culleredo

Rutis (Santa María)

15

15031

Culleredo

Ferrol

15

15036

Ferrol

Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia)

15

15036

Ferrol

Narón

15

15054

Narón

Perillo (Santa Locaia)

15

15058

Oleiros

Santiago de Compostela

15

15078

Santiago de Compostela

San Caetano (Santiago de Compostela)

15

15078

Santiago de Compostela

San Lázaro (Santiago de Compostela)

15

15078

Santiago de Compostela

Vista Alegre (San Xoán)

15

15078

Santiago de Compostela

Lugo

27

27028

Lugo

A Valenzá (San Bernabeu)

32

32008

Barbadás

Ourense

32

32054

Ourense

Montealegre (A Milagrosa)

32

32054

Ourense

Vista Fermosa (San Xosé)

32

32054

Ourense

Pontevedra

36

36038

Pontevedra

Lérez (San Salvador)

36

36038

Pontevedra

Mourente (Santa María)

36

36038

Pontevedra

Salcedo (San Martiño)

36

36038

Pontevedra

A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño)

36

36038

Pontevedra

Poio (San Salvador)

36

36041

Poio

Vigo

36

36057

Vigo

Alcabre (Santa Baia)

36

36057

Vigo

Candeán (San Cristovo)

36

36057

Vigo

Castrelos (Santa María)

36

36057

Vigo

Santo André de Comesaña (Santo André)

36

36057

Vigo

Freixeiro (San Tomé)

36

36057

Vigo

Lavadores (Santa Cristina)

36

36057

Vigo

Navia (San Paio)

36

36057

Vigo

Sárdoma (San Pedro)

36

36057

Vigo

Teis (San Salvador)

36

36057

Vigo