Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do expediente 11/2016 e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2017 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Carlos Vázquez Díaz, Josefina Pereira de la Riera, Antonio José López-Acuña Herrero e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou as resolucións de clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

– Expediente número 11/2016.

Nome: Carboeiro (ampliación).

Pertenza: veciños dos lugares de Casas do Monte, Macedo e O Pardellas.

Parroquia: Condes.

Concello: Friol.

Superficie: 25,54 hectáreas.

Parcelas que comprende e estremas:

Polígono 316 – parcela 200
(parcialmente)

Polígono 314 – parcelas 182 e 202

(as dúas parcialmente)

Linde

Polígono

Parcela

Linde

Polígono

Parcela

Norte

314

202

Norte

314

182

Leste

316

200

Leste

314

182

Sur

316

200

Sur

316

200

Oeste

316

2001

Oeste

314

202

Como consecuencia desta ampliación, o MVMC de Carboeiro conta cunha superficie de 217,81 hectáreas.

– Expediente número 13/2016.

Nome: Rubián (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Rubián de Cima.

Parroquia: Rubián de Cima.

Concello: O Incio.

Superficie: 4,92 hectáreas.

Parcelas que comprende e estremas:

Polígono 1 – parcelas 1306 e 1927

Linde

Polígono

Parcela

Norte

1

1343, 1903, 1302, 1334, 1308, 1311, 1323, 1341 e 1322

Leste

1

877 e 1298

Sur

1

1384, 890 e 884

Oeste

1

1905, 1906, 1907, 1908, 1909, 1910, 1911, 1912, 1913, 1305 e 1304

Como consecuencia desta ampliación, o MVMC de Rubián conta cunha superficie de 56,34 hectáreas.

– Expediente número 14/2016.

Nome: Rubiás (ampliación).

Pertenza: Veciños da parroquia de Rubiás.

Parroquia: Rubiás.

Concello: Lugo.

Superficie: 7 hectáreas.

Parcelas que comprende e estremas:

Polígono 383, parcialmente a parcela 165

Linde

Polígono

Parcela

Norte

383

165

Leste

383

156

Sur

383

9001 (camiño)

Oeste

383

168

Polígono 388, parcialmente as parcelas 6, 7 e 13

Linde

Polígono

Parcela

Norte

382

9005 (camiño)

383

168, 165, 156 e 159

Leste

501

23

Sur

388

32 e 7

Oeste

384

171 e 9003

388

55 e 9

Polígono 388 – parcela 56 e parcialmente as parcelas 11 e 13

Norte

388

11

Leste

388

8

Linde

Polígono

Parcela

Sur

388

12, 13 e 9003 (camiño)

Oeste

384

9003 (camiño)

388

56 e 9003 (camiño)

Como consecuencia desta ampliación, o MVMC de Rubiás conta cunha superficie de 116 hectáreas.

– Expediente número 16/2016.

Nome: Biville (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Biville.

Parroquia: Biville.

Concello: Sarria.

Superficie: 49,67 hectáreas.

Parcelas que comprende e estremas:

Polígono 25, parcelas 867 e 868

Polígono 25, parcela 653

Linde

Polígono

Parcela

Linde

Polígono

Parcela

Norte

25

538

Norte

25

560, 561, 562, 563, 564, 565 e 623

Leste

25

634, 635, 40, 39, 37 e 870

Leste

25

655 e 654

Sur

25

662, 732, 733, 734, 736, 737 e 738

Sur

25

657

Oeste

25

660, 659, 658, 656, 655, 654, 535, 536 e 537

Oeste

25

648, 649 e 652

Como consecuencia desta ampliación, o MVMC da comunidade de Biville conta cunha superficie de 111,15 hectáreas.

Contra estas resolucións, desde o día seguinte ao da súa publicación, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 21 de decembro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo