Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de coordinación tecnolóxica avanzada para o seguimento e impulso das actuacións de fomento e promoción do software libre en Galicia (expediente AMT-2018-0016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a realización do servizo de asesoramento estratéxico para o apoio no deseño, seguimento e impulso das actuacións de fomento e promoción do software libre en Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 3 de abril de 2018. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 1.202.580,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 400.860,00 € máis 84.180,60 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 485.040,60 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

– 2018: 150.322,50 € + 21 % IVE (31.567,72 €) = 181.890,22 €.

– 2019: 200.430,00 € + 21 % IVE (42.090,30 €) = 242.520,30 €.

– 2020: 50.107,50 € + 21 % IVE (10.522,58 €) = 60.630,08 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=250654.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 20 de febreiro de 2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

– Entidade: Rexistro da Amtega.

– Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 11 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia