Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 2017/148-1).

Expediente: IN407A 2017/148-1.

Promotor: Electra do Foxo, S.L.

Denominación da instalación: LMTS 20 kV, CT 160 kVA, RBTS en Soesto.

Concello: Laxe.

Feitos.

1. O 26 de setembro de 2017 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 14 de novembro de 2017 e no BOP do 13 de outubro de 2017.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

a) Instalación de LMT soterrada baixo tubo Ø160 mm situado en canalización existente (31 metros) e en nova canalización 0,5×1,20 m (679 metros), de 730 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe en cela de liña existente no centro de distribución Castrelo (expediente IN407A 2014/49-1) e remate en cela de liña do CT Soesto proxectado. Neste percorrido instalaranse cinco (5) novas arquetas e aproveitarase o uso de seis (6) arquetas xa existentes, compartido con outras infraestruturas eléctricas da empresa distribuidora.

b) Centro de transformación con envolvente prefabricada de formigón, marca Ormazábal, tipo PFU-4 ou similar, de dimensións exteriores aproximadas 4.460×2.380×2.300 mm, con transformador de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e celas modulares con illamento en SF6 en configuración 2L+1P. Cadro de baixa tensión tipo AC4-1600. O CT está deseñado para unha máquina de ata 630 kVA.

c) Localización das instalacións: p.q. 5+550 da estrada CP-4061 Baio-Laxe (CD Castrelo), p.q. 10+605 da estrada AC-433 Laxe-Recesindes e pistas municipais ata o CT Soesto proxectado. Lugares de Castrelo e Soesto, termo municipal de Laxe.

d) Orzamento: 79.243,56 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. A posta en servizo da instalación (autorización de explotación) deberá ser expresamente solicitada polo titular da mesma perante desta xefatura territorial, acompañando a citada solicitude da seguinte documentación:

– Declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e certificacións ou homologacións, se procede, segundo establece o punto 3.d) da ITC-RAT 22, do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 ou xustificación da non necesidade.

– Certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas que sexan de aplicación na montaxe e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de decembro de 2017

O xefe territorial da Coruña
P. A. (Artigo 62.3 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica