Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 19 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o incumprimento das condicións da concesión de explotación número 333 Graveras Limia, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á sociedade Graveras Limia, S.L. con último enderezo coñecido en estrada OU-531-km 3,4/32692 Sandiás (Ourense) como titular, o incumprimento das obrigas recollidas no Plan de restauración que inclúe a obriga de constituír e manter a garantía financeira que garante a protección do ambiente e a execución dos traballos de restauración da concesión de explotación nº 333 Graveras Limia, segundo o artigo 32 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Polo que os interesados disporán dun prazo de 15 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para regularizar a súa situación depositando a fianza ambiental perante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda.

Segundo a normativa de aplicación co feito de non ter constituída a garantía estase a incorrer nunha infracción, polo que se procedería a incoar o procedemento sancionador que corresponda e a caducidade do expediente segundo establece a letra j) do artigo 109 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría (BOE núm. 295, do 11 de decembro).

Ourense, 19 de decembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense