Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3624

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2018-2019.

O desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e á loita contra diversas enfermidades animais redunda nunha mellora cuantitativa e cualitativa das producións gandeiras e nunha maior rendibilidade aos titulares das explotacións.

Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) están dirixidos a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar paulatinamente a rendibilidade desas explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

A Consellería do Medio Rural mediante a presente orde de axudas pretende estimular a integración de gandeiros nas ADSG establecendo axudas proporcionais ao sobresforzo económico que realizan coa execución de programas facultativos para a prevención e control de enfermidades animais que melloran as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribúen a acadar un mellor status sanitario para o gando galego.

A convocatoria destas axudas realízase no marco da regulación estatal do Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establece as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Estas axudas foron comunicadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente á Comisión Europea para o período 1.1.2015 ata o 31.12.2020, segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, outorgándoselle o número de axuda SA.40306(2014/XA)-AGRI.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo V da presente orde.

2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural, co código de procedemento administrativo MR237B.

3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para anualidade 2018-2019 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, de 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Artigo 2. Finalidade das axudas

1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.

2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2018 ou na data de presentación da solicitude de axudas se esta fose posterior, rematarán o 28 de febreiro de 2019, e deberán incluír, como mínimo, as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo V.

Artigo 3. Gastos subvencionables

Son gastos subvencionables os recollidos nas seguintes liñas:

1) Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo V.

Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable por ADSG.

2) Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:

– Guantes e calzas.

– Tubos de extracción de sangue e agullas

3) Os derivados da organización de xornadas formativas para os gandeiros en relación coas materias indicadas cos programas sanitarios das agrupacións. Neste caso, serán gastos subvencionables os correspondentes a accións de difusión e publicidade da acción formativa, material didáctico, alugamento de instalacións ou de equipamentos e útiles de traballo, así como os correspondentes ao persoal que imparte as charlas, incluíndo os custos de aloxamento, manutención e desprazamentos.

Considéranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2018 ata o 28 de febreiro de 2019, ou desde a presentación da solicitude ante a autoridade competente en materia de sanidade animal se esta é posterior á data do 1 de marzo de 2018. En todo caso, os custos subvencionables serán xustificados mediante as probas documentais claras, especificas e actualizadas indicadas no artigo 17. O imposto sobre o valor engadido (IVE) non será subvencionable, salvo cando non sexa recuperable para o beneficiario.

Para estes efectos, as ADSG beneficiarias que estean incluídas nos supostos de non recuperación do IVE deberán comunicalo á Consellería do Medio Rural no momento da solicitude da axuda mediante certificación da Axencia Tributaria.

Artigo 4. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación da presente orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarios as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o Programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V da presente orde.

c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.

d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Non estar suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

Artigo 6. Procedemento de presentación de solicitudes e documentación

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os anexos desta convocatoria publícanse no Diario Oficial de Galicia exclusivamente a efectos informativos, sendo necesario realizar o trámite a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para cubrilos, validalos e presentalos telematicamente.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 14, 27 e 28 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 e 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. As solicitudes deberán ser asinadas mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, emitirase un recibo, que poderá ser impreso e gardado polo interesado, mediante o que quedará constancia do feito da súa presentación. A obtención deste recibo é o que lle garante ao solicitante que a presentación tivo lugar e acredita fronte á Administración e fronte a terceiros a presentación da solicitude.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Acreditación da representatividade do solicitante mediante certificación do secretario, en que consten os seguintes datos:

1º. Nome e apelidos.

2º. DNI/NIE.

3º. Enderezo.

4º. Teléfono móbil.

5º. Enderezo electrónico.

A representatividade deberá recaer sempre nun membro da xunta directiva da ADSG.

b) Relación informatizada actualizada de explotacións da ADSG e os seus censos, segundo o anexo III.

c) Copia da acta ou certificación do secretario da ADSG, conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda e se asume o compromiso de execución do Programa sanitario marco que aproba a Consellería do Medio Rural.

d) Cronograma e planificación do desenvolvemento do programa sanitario marco obrigatorio, adaptado á realidade da propia ADSG en que se inclúa unha estimación das mostras a remitir ao longo do ano ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga) e, se é o caso, do programa sanitario adicional de actuación que se pretende desenvolver, no que se definirán obxectivos e o prazo de execución. A planificación presentada debe ser agrupada en prazos trimestrais. Os referidos documentos estarán asinados polo persoal veterinario responsable e polo presidente da entidade recoñecida como ADSG.

e) Orzamento, detallando as distintas partidas que constitúen as actuacións do programa sanitario, diferenciando os conceptos de gasto segundo as liñas sinaladas:

1) Por remuneración do persoal facultativo veterinario ou pola contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización do programa sanitario da ADSG (artigo 17.a).

Se a ADSG contase con máis dunha persoa veterinaria para a realización do programa sanitario, deberá especificarse o solicitado por cada un deles.

2) Pola adquisición de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario.

3) Pola organización de xornadas formativas para os gandeiros.

O orzamento deberá estar asinado electrónicamente polo presidente da entidade, empregando para iso a sinatura dixital do DNI electrónico, ou calquera sinatura electrónica avanzada.

A súa presentación deberá ser conforme o anexo II.

f) Anexo VI.

g) Contrato do persoal veterinario responsable da súa execución.

h) Documento que indique para cada persoa veterinaria que participe no programa o nome e apelidos, DNI ou NIE, número de colexiado, enderezo, teléfono e correo electrónico.

i) Facturas pro forma. No caso da prestación de servizos veterinarios, só cando a contratación destes sexa a través dunha empresa.

De acordo co artigo 4, punto 2 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 (DOG do 16 de xaneiro), pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, os solicitantes non terán a obriga de presentar os documentos da letra f) que xa fosen presentados; poderá acollerse ao establecido na letra d) do artigo 53 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para facer efectivo este dereito deberán especificar a data en que presentaron os documentos e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. No caso de que algún dos documentos que van ser presentados de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

f) Título universitario do persoal veterinario responsable do programa sanitario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal.

Artigo 12. Prazo de presentación

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Poderanse cubrir e rexistrar os formularios a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ata as 24.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 13. Solicitude de ofertas para realizar o gasto subvencionable

De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 14. Emenda

1. Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados nos puntos anteriores, requirirase o interesado na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.

2. As emendas, melloras da solicitude e todos os trámites e xestións máis comunmente utilizados na tramitación administrativa deberán presentarse unicamente por medios electrónicos, accedendo ao expediente correspondente na Carpeta do cidadán https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan da persoa interesada, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 15. Tramitación e resolución

1. O órgano competente para a instrución e tramitación do procedemento é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Para eses efectos constituirase un órgano colexiado formado polo subdirector xeral de Gandaría como presidente, o xefe do Servizo de Sanidade Animal como vogal e o xefe de sección de sanidade animal do dito servizo como secretario, que elevará a correspondente acta á directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que formule a proposta de resolución das axudas.

2. O expediente será resolto pola persoa titular da Consellería do Medio Rural, por proposta da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados; neste caso, a proposta de resolución formulada terá carácter definitivo. A resolución de concesión da axuda notificarase nun prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo os interesados poderán entender desestimadas as peticións de axuda. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Artigo 17. Contía das axudas e límites

A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:

1) Para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

a) Subvencionarase un máximo de 20.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario da agrupación, e un máximo de 8.300 euros por cada persoa veterinaria responsable do programa sanitario a tempo parcial, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa).

No caso de que unha persoa veterinaria traballe para máis dunha ADSG, a axuda a percibir nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a tempo parcial.

b) No caso das ADSG de gando bovino, para acadar os importes indicados no punto anterior computarase un mínimo de 3.300 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo ao programa sanitario da ADSG, e un mínimo de 1.650 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo parcial, ou cando se contraten os servizos técnicos veterinarios dunha empresa, reducíndose proporcionalmente a axuda da entidade no caso de non acadarse as UGM mencionadas. Se a ADSG contara con varias persoas veterinarias, para o cálculo da axuda a adxudicar asignaranse tanto as UGM mínimas sinaladas como os importes a percibir por persoa veterinaria segundo a prelación destas establecida pola propia entidade no orzamento solicitado, realizándose a redución proporcional na última delas en que se asignen as UGM da agrupación por debaixo dos límites indicados.

c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de unidades de gando maior (UGM) da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

1º. ADSG de vacún: 6,12.

2º. ADSG de ovino e cabrún: 7,5.

3º. ADSG de porcino: 1,7.

4º. ADSG de avicultura: 0,9.

5º. ADSG de cunicultura: 1,5.

6º. ADSG de acuicultura continental: 3.

7º. ADSG de visóns e outras especies: 0,5.

Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia publicado, no DOG do 8 de maio).

Para o cálculo do importe máximo, teranse en conta as UGM en función do censo que conste de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural á data de remate do prazo de solicitude de axuda.

2) Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG.

Poderase solicitar por esta liña ata o importe resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,10, excepto as ADSG de aves, cuxo coeficiente para multiplicar as UGM será de 0,005, cun máximo de axuda para percibir por ADSG de 4.000 €.

3) Organización de xornadas formativas para os gandeiros. Poderase solicitar por esta liña un máximo de 1.500 € por ADSG.

Artigo 18. Criterios de outorgamento da subvención

A solicitudes serán ordenadas en función da puntuación obtida de acordo cos seguintes criterios e a valoración de cada un deles, cun máximo de 100 puntos.

1. Censo de explotacións e de gando integrante da ADSG:

1.1. Nº de explotacións

Nº puntos

0-50

0

51-100

2

101-150

4

151-200

6

201-250

8

251-300

10

301-350

12

351-400

14

401-500

16

>501

18

1.2. Censo (nº UGM)

Nº puntos

<1.500

0

1.501-2.000

2

2.001-2.500

4

2.501-3.000

6

3.001-4.000

8

4.001-5.000

10

5.001-6.000

12

6.001-7.000

14

7.001-8.000

16

>8.001

17

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 35 puntos.

2. Número de persoas veterinarias contratadas pola ADSG con dedicación a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario.

Nº persoas veterinarias contratadas a tempo completo

Nº puntos

1

7

2-3

12

>3

15

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 15 puntos.

3. Especie gandeira:

Especie

Nº puntos

Bovino e porcino

30

Ovino e cabrún

20

Aves e équidos

15

Coellos

10

Troitas, visóns e outras especies

5

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 30 puntos.

4. Fusión de ADSG, no período comprendido desde o 5.1.2017, data de publicación da anterior orde de axudas ás ADSG, ata a data de publicación da presente orde, e segundo o número de ADSG fusionadas, coa seguinte puntuación:

Nº ADSG fusionadas

Nº puntos

2 ADSG

10

3 ou máis ADSG

20

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 20 puntos.

A axuda outorgarase tendo en conta a prioridade seguinte entre as diferentes liñas sinaladas no artigo 3:

1) Contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario.

2) Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG.

3) Organización de xornadas formativas para os gandeiros.

En cada unha das liñas, as axudas serán adxudicadas progresivamente segundo a prelación obtida en función dos criterios sinalados anteriormente, ata o esgotamento do crédito.

No caso de que exista remanente orzamentario unha vez finalizada a repartición segundo os puntos anteriores, poderanse incrementar os importes subvencionables para o persoal facultativo veterinario con dedicación a tempo completo en 600 euros, segundo a prelación establecida para cada ADSG no outorgamento da axuda, e para cada persoa veterinaria no orzamento solicitado pola ADSG. Unha vez realizada esta repartición, se aínda queda remanente, aplicaríase un incremento de 300 euros na axuda para o persoal facultativo veterinario con dedicación a tempo parcial, ou pertencente a empresas de servizos veterinarios, cos mesmos criterios que no caso anterior, ata acabar o dito remanente. No caso de que, unha vez realizadas estas reparticións aínda quede remanente, incrementaranse novamente os importes para percibir por persoa veterinaria contratada, a razón de 300 euros por persoal facultativo con dedicación a tempo completo e continuando polo persoal facultativo a tempo parcial ou pertencentes a empresas de servizos técnicos veterinarios a razón de 150 euros. Esta última repartición poderá repetirse ata esgotar a totalidade do crédito dispoñible. Estes incrementos realizaranse sempre que non se superen os límites establecidos nos puntos b) e c) do artigo 17.1).

Ademais, as axudas sinaladas nas liñas de adquisición de material funxible e organización de xornadas formativas só se concederán se non se superan os límites establecidos no punto 17.1) c).

Artigo 19. Modificación das axudas

1. As subvencións a que se refire a presente orde consideraranse subvencións máximas e poderán ser reducidas, a proposta da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

2. O pagamento da subvención realizarase con xustificación previa, polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o que se concedeu, nos termos establecidos na presente orde.

3. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, no suposto de falla de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Xustificacións

1. Consideraranse gastos subvencionables, para os efectos previstos na presente orde, aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido desde o 1 de marzo de 2018 ata o 28 de febreiro de 2019.

Para subvencionar considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.

2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

A documentación xustificativa do gasto presentarase unicamente por medios electrónicos, accedendo ao expediente correspondente na Carpeta do Cidadán https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadán da persoa interesada, na sede electrónica da Xunta de Galicia nos prazos indicados no artigo 21.1.

3. Os documentos mencionados deberán vir acompañados dunha relación deles informatizada e unha memoria explicativa sobre a realización do programa subvencionado, que acredite a prestación efectiva dos servizos.

Na relación informatizada deberán constar, perfectamente diferenciados, os seguintes conceptos:

a) Facturas definitivas ou nóminas que xustifiquen o gasto subvencionable que teña a ADSG dos cales poida presentar xustificante bancario do pagamento: número de factura ou nómina, identificación do beneficiario que paga, destinatario do pagamento, a data de emisión e a data do pagamento.

b) Documentos bancarios (xustificante de transferencia, certificación bancaria etc.) que xustifiquen o pagamento pola ADSG do gasto subvencionable en que consten: número de factura obxecto de pagamento (obrigatorio), a identificación do beneficiario que paga (nome da ADSG) e o destinatario do pagamento que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria deberá ser orixinal ou copia cotexada, e estará selada pola entidade bancaria.

4. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas no gasto, deberanse identificar no documento do pagamento as facturas obxecto do pagamento.

5. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento, e acompañarase dunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

6. Se, realizada a actividade e finalizado o prazo para xustificar, non se xustificase o cento por cento da axuda concedida, para os efectos de perda do dereito ao cobramento, aplicarase o principio de proporcionalidade ao total da axuda adxudicada á ADSG, tendo en conta sempre o xustificado por cada persoa veterinaria e por cada liña de axuda.

7. Ademais das xustificacións económicas indicadas no parágrafo primeiro deste artigo, deberán presentar como máximo ata o 10 de marzo de 2019, unha memoria do programa desenvolvido, asinada pola persoa veterinaria designada como responsable da execución deste ou ben, de ser o caso, se estivesen gravadas á dita data na aplicación informática de xestión de ADSG todas as actuacións sanitarias realizadas no desenvolvemento do programa sanitario, a memoria podería substituírse coa achega dunha declaración emitida pola persoa veterinaria designada como responsable do programa sanitario, conforme están gravadas todas as actuacións na citada aplicación.

8. De acordo co artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención desenvolvida nesta orde, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

Artigo 21. Prazos para xustificar

1. Ata o 10 de decembro de 2018, xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2018. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2019 poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2019.

2. Poderá solicitarse antes do 1 de outubro de 2018 un anticipo do 44,179 % do total da subvención autorizada, suxeito ás dispoñibilidades orzamentarias vixentes. O importe total correspondente aos anticipos non poderá superar o crédito orzamentario previsto para a anualidade 2018.

Para poder ser autorizado o dito anticipo, as entidades beneficiarias non poderán ter abertos expedientes de reintegro de axudas de anos anteriores.

En virtude do artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, os beneficiarios deste anticipo quedan exonerados da constitución das garantías establecidas no artigo 65 do mesmo decreto, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas

Xunto coa solicitude de anticipo e a xustificación, o peticionario presentará unha declaración complementaria segundo o anexo IV, relativa ao conxunto das axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 23. Control de execución dos programas

1. A Consellería do Medio Rural levará a cabo controis de execución do programa sanitario marco.

2. Se, como consecuencia dos controis, se detectasen incumprimentos na execución do programa aprobado en aspectos relevantes para a efectividade deste, aplicaranse deducións sobre as axudas aprobadas ponderando a gravidade e frecuencia dos incumprimentos.

Para estes efectos, considéranse incumprimentos relevantes:

a) Non ter executado en 28 de febreiro de 2019 a mostraxe obrigatoria recollida no programa sanitario marco no 100 % das explotacións da ADSG.

b) Cando se incorporen animais:

– Bovinos que resultasen positivos ás probas serolóxicas de anticorpos de IBRgE, de paratuberculose ou de BVD antíxeno por calquera método analítico feito previamente á súa incorporación.

– Ovinos ou cabrúns que resultasen positivos á proba da PCR en feces ou a ELISA paratuberculose, previamente a súa incorporación.

c) Non comunicar á persoa titular da explotación os resultados de animais positivos confirmados a BVD antíxeno ou paratuberculose no prazo máximo de 10 días desde a data de notificación do resultado polo Lasapaga.

d) A permanencia superior a 30 días nunha explotación dun animal bovino confirmado como persistentemente infectado (PI) pola BVD sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas.

e) Non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente.

f) Utilizar vacinas fronte á IBR que non sexan marcadas, salvo nos casos de cebadeiros de gando vacún integrados en ADSG e a non comunicación previa aos servizos provinciais de Gandaría da vacinación con vacinas vivas fronte á BVD.

g) Permitir a saída con destinos diferentes ao matadoiro de animais bovinos positivos a antíxeno de BVD sen proba de confirmación negativa ou confirmados como persistentemente infectados (PI) ou confirmados como positivos á paratuberculose, ou ben animais positivos a IBRgE.

Nos casos de novas incorporacións, os animais ELISA positivos a paratuberculose ou a IBR gE poderán ser devoltos á explotación de orixe para á súa confirmación dentro dos 30 días desde á súa incorporación. Así mesmo, os animais menores de cinco meses ELISA positivos a paratuberculose poderán trasladarse sen realizar probas de confirmación con destino a un cebadoiro no prazo indicado anteriormente.

h) Permitir a saída de animais ovinos ou cabrúns confirmados como positivos á paratuberculose con destinos diferentes do matadoiro.

i) Non comunicación aos servizos veterinarios oficiais do cesamento da vacinación fronte á paratuberculose naquelas explotacións de gando ovino/cabrún autorizadas previamente a realizala.

j) Non comunicar aos gandeiros ou aos servizos veterinarios oficiais os animais confirmados positivos a paratuberculose ou a BVD antíxeno.

k) Non entregar aos titulares das explotacións en documento escrito as recomendacións derivadas da enquisa de bioseguridade incluída no programa, ou non realización da mencionada enquisa cando proceda.

l) Non realizar a actividade de formación ou a reunión informativa previstas no programa, así como a falta de comunicación ao servizo provincial de gandaría correspondente da data da realización das mesmas no prazo de 10 días previos á realización.

ll) Non ter cubertas polo persoal veterinario responsable as fichas de actuación en que se reflictan as actuacións realizadas, ou non telas á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

m) Cando os servizos veterinarios oficiais detecten tanto nas inspeccións de campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural o movemento de incorporación ás explotacións de gando bovino ou ovino-cabrún de animais sen realizar os controis previstos ás novas incorporacións no prazo máximo de 20 días naturais contados desde a data da incorporación, sen causas xustificadas.

n) Non ter implantado o correspondente programa de manexo e eliminación de animais bovinos clínicos ou confirmados naquelas explotacións onde se estea a facer unha mostraxe maior do 40 % de animais maiores de 24 meses para a detección de paratuberculose.

ñ) Non ter feita en prazo por parte dalgunha das explotacións integrantes da ADSG a declaración censual obrigatoria establecida pola normativa vixente conforme as obrigas exixidas polo Real decreto 479/2004, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras. Non se aplicará este punto para o caso das ADSG de gando bovino.

o) No caso de explotacións avícolas, non realizar os correspondentes autocontrois obrigatorios de salmonela, ou realizalos en laboratorios non autorizados, ou non telos á disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran. Así mesmo, non realizar a vacinación fronte a salmonela naquelas poboacións nas que sexa obrigatoria.

p) Incumprir as instrucións de remisión de mostras ao Lasapaga.

q) Non actualizar na aplicación informática de xestión de ADSG as actuacións do programa sanitario realizadas no prazo de 15 días tras a súa execución.

r) Realizar actuacións do programa sanitario por persoal veterinario non recoñecido na correspondente ADSG, ou no caso de persoal veterinario recoñecido e con dedicación a tempo completo, realizar nas explotacións integradas na ADSG actuacións veterinarias non recollidas no programa sanitario ou realizar o citado programa ou outras actuacións veterinarias en explotacións non integradas na ADSG.

s) Non ter clasificadas en data 10 de marzo de 2018 as explotacións segundo os distintos niveis sanitarios e enfermidades definidos no programa sanitario marco desta orde nas ADSG de gando bovino, porcino e de ovino-cabrún e, no caso das ADSG de visóns, segundo a clasificación sanitaria establecida no seu programa específico.

t) Nas explotacións peleteiras de visón, non ter realizado o control anual fronte á plamocitose.

3. As deducións aplicables ao total da axuda para percibir, no caso de detectarse estes incumprimentos, serán as seguintes:

a) No caso de non ter executada en 28 de febreiro do 2019 a mostraxe obrigatoria recollida no programa sanitario marco no 100 % das explotacións, reducirase o total da axuda para percibir na parte proporcional ás mostraxes non executadas.

b) No caso de non executar as mostraxes obrigatorias recollidas no programa sanitario marco en máis dun 35 % das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao total da axuda a percibir.

c) Cando se incorporen animais:

– Bovinos que resultasen positivos ás probas serolóxicas de anticorpos de IBRgE, de paratuberculose ou de BVD antíxeno por calquera método analítico feito previo á súa incorporación, deduciranse 200 € por animal.

– Ovinos ou cabrúns que resultasen positivos á proba da PCR en feces ou a ELISA paratuberculose, previamente a súa incorporación, deduciranse 50 € por animal.

d) Por non comunicar á persoa titular da explotación os resultados de animais positivos confirmados a BVD antíxeno ou paratuberculose no prazo máximo de 10 días desde a data de notificación do resultado polo Lasapaga, aplicarase unha dedución de 200 € da axuda para percibir por cada animal bovino e 50 € por cada animal ovino ou cabrún non notificado en prazo.

e) No caso de superar os 30 días de permanencia nunha explotación dun animal confirmado como persistentemente infectado (PI) pola BVD sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas, deduciranse 200 € por animal.

f) Por non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente, deduciranse 200 € por explotación.

g) Por cada explotación bovina en que se detecte a utilización de vacinas fronte á IBR que non sexan marcadas, deducirase un importe de 500 €.

h) Cando non se faga a comunicación previa aos servizos provinciais de gandaría correspondentes da vacinación con vacinas vivas fronte á BVD, deducirase un importe de 100 € por explotación.

i) Cando se detecte a saída con destinos diferentes do matadoiro, de animais bovinos positivos a antíxeno de BVD sen proba de confirmación negativa ou confirmados como PI ou confirmados como positivos a paratuberculose ou positivos a IBRgE, ou de animais ovinos e cabrúns confirmados como positivos á paratuberculose, deducirase un importe de 500 € por animal.

j) Por cada explotación de ovino/cabrún autorizada á vacinación fronte á paratuberculose que non comunique aos servizos veterinarios oficiais o seu cesamento, deducirase un importe de 100 €.

k) Por cada explotación en que se detecte que non foi realizada a enquisa de bioseguridade recollida no programa marco, cando proceda, deducirase un importe de 100 €.

l) No caso de non realizarse a actividade formativa ou a reunión anual recollidas no programa marco, así como a falta de comunicación das datas da realización ao servizo provincial de gandaría correspondente no prazo de 10 días previos á realización, deduciranse 300 €.

ll) Por non ter cubertas as fichas de actuación en que se reflictan as actuacións realizadas nas explotacións polo persoal veterinario responsable ou por non ter as fichas á disposición do servizos veterinarios oficiais, deducirase un importe de 100 € por explotación.

m) Por cada explotación de bovino ou ovino/cabrún en que, salvo causa xustificada, os servizos veterinarios oficiais detecten tanto nas inspeccións de campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural, o movemento de incorporación de animais ás ditas explotacións sen realizar os controis previstos ás novas incorporacións no prazo máximo de 20 días naturais no caso de animais bovinos ou de 30 días naturais no caso de animais ovinos ou cabrúns desde a súa chegada á explotación, ou no caso de que os animais incorporados non se manteñan illados do resto do rabaño ata coñecer os resultados, deducirase un importe de 200 € no caso de explotacións de gando bovino e de 50 € no caso de explotacións de gando ovino ou cabrún.

n) Por non ter implantado o correspondente programa de manexo e eliminación de animais bovinos clínicos ou confirmados naquelas explotacións onde se estea a facer unha mostraxe maior do 40 % de animais maiores de 24 meses para a detección da paratuberculose deducirase un importe por explotación de 200 €.

ñ) Por cada explotación en que se detecte que non foi realizada en prazo a declaración censual obrigatoria ou outras obrigas administrativas establecida pola normativa vixente, deducirase un importe de 100 €.

o) Por cada explotación avícola en que se detecte que non foron realizados os correspondentes autocontrois preceptivos de salmonela (incluíndo os autocontrois de eficacia da limpeza e desinfección en baleiros en explotacións), ou que foron realizados en laboratorios non autorizados ou non estean á disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran, deducirase un importe de 500 €.

p) Por cada explotación avícola en que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á salmonela, cando esta sexa preceptiva, deducirase un importe de 500 €.

q) Por cada explotación avícola en que se detecten, dentro dos programas de control de salmonela, incumprimentos referidos á inexistencia na explotación da documentación acreditativa de orixe das aves, pensos ou auga, deducirase un importe de 100 €.

r) Por cada explotación porcina en que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á enfermidade de Aujeszky, cando esta sexa preceptiva, ou os controis serolóxicos obrigatorios, deducirase un importe de 500 €.

s) No caso de detectarse incumprimentos de calquera tipo dos sinalados nos puntos anteriores en máis do 35 % das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao 100 % da axuda a percibir.

t) No caso de que o Lasapaga informe, ao final do período subvencionable, que unha ADSG non respectou os criterios de mostraxe ou a pauta de envíos de mostras establecidos no anexo V da presente orde, enviando durante un mes máis do 15 % do total anual de mostras previstas para esa ADSG, deducirase un importe de 300 € do total da axuda para percibir por cada mes no que fose superado este límite.

u) Por cada actuación do programa sanitario detectada como non actualizada na aplicación informática de xestión das ADSG no prazo máximo de 15 días tras a data de execución da dita actuación, deducirase un importe de 50 €.

v) No caso de detectarse a non actualización na aplicación informática de xestión de ADSG das actuacións realizadas nunha porcentaxe igual ou superior ao 35 % do programa sanitario para executar, perderase o dereito ao 100 % da axuda que se percibirá.

w) Por non ter clasificadas en data 10 de marzo de 2019 as explotacións segundo os niveis e enfermidades recollidos no programa sanitario marco para as ADSG de gando bovino, porcino, ovino-cabrún, e no caso das ADSG de visóns, segundo a clasificación sanitaria establecida no seu programa, aplicarase unha dedución de 200 € da axuda a percibir.

x) A realización do programa sanitario por parte de persoal veterinario non recoñecido na correspondente ADSG significará a perda do 100 % da axuda aprobada.

A realización por parte de persoal veterinario recoñecido e con dedicación a tempo completo, de actuacións veterinarias non establecidas no programa sanitario da ADSG en explotacións integradas na ADSG ou a realización de actuacións veterinarias en explotacións que non estean integradas na ADSG comportará o recálculo da axuda adxudicada inicialmente ao persoal implicado considerando unha axuda con dedicación a tempo parcial, penalizándose ademais, coa diminución do 20 % desta última. No caso de que a agrupación xa tivese tramitados procedementos de perda de axuda pola mesma causa nas dúas últimas convocatorias de axudas anteriores a presente, perderase o dereito ao 100 % da axuda.

y) No caso das ADSG de gando porcino, establécese unha dedución parcial de 500 € na axuda que lle correspondese percibir por cada unha das explotacións de produción pertencentes á mesma que non estean cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky ao final do período subvencionable. Para estes efectos, non serán tidas en conta as explotacións que presentasen positividade ao longo do dito período, e que estean executando correctamente un programa de erradicación e control da enfermidade, de cara á súa posterior cualificación.

z) Por non ter realizado nas explotacións peleteiras de visón o control anual fronte á plasmocitose, deducirase un importe de 200 € por cada explotación.

Artigo 24. Reintegro da axuda e obriga de facilitar información

As ADSG beneficiarias teñen a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e nos demais supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Se se detectan incumprimentos en controis posteriores ao pagamento da axuda, nos procedementos de reintegro aplicaranse as reducións de axuda establecidas no artigo 23 desta orde.

Así mesmo, o interesado ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano da Unión Europea de inspección ou control.

Artigo 25. Réxime de incompatibilidades

As axudas recollidas na presente orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que, en ningún caso, se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 26. Financiamento

1. As axudas que deriven da aplicación da presente orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Para o ano 2018: 13.03.713E.470.0 dotada para esta finalidade con euros. 949.850 euros.

b) Para o ano 2019: 13.03.713E.470.0 dotada para esta finalidade con 1.200.150 euros.

Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto, na mesma ou noutras aplicacións orzamentarias, de acordo con artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 20, do 29 de xaneiro de 2009).

2. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximos anos 2018 e 2019 no momento da resolución.

Disposición adicional primeira

En todas aquelas cuestións non previstas na presente orde será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos preceptos básicos da normativa estatal.

Disposición adicional segunda

As axudas reguladas pola presente orde rexeranse polas normas comunitarias aplicables e, concretamente, polo Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO V
Programas sanitarios das ADSG

As ADSG deberán executar un programa sanitario marco cun contido mínimo obrigatorio e, se fose o caso, poderán desenvolver un programa sanitario complementario voluntario a convir pola ADSG.

No programa sanitario marco común que desenvolverán as ADSG para todas as especies establécense as seguintes obrigas:

1. Obrigas xerais. Todas as explotacións integradas nas ADSG deberán cumprir o exixido no Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras e na normativa vixente de identificación animal e rexistro de explotacións. O persoal veterinario das ADSG será responsable de levar a cabo todas as actuacións recollidas no punto 2 do artigo 6 do Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia. En especial, o persoal veterinario das ADSG colaborará na Rede de Epidemio-Vixilancia de Galicia, tendo a obriga de comunicar aqueles acontecementos que poidan motivar sospeita de alerta sanitaria, colaborarán, se for preciso, na toma de mostras para as análises oficiais e achegarán o seu coñecemento do estado sanitario da explotación.

As explotacións integradas en ADSG deberán ter toda a documentación relativa ao desenvolvemento do programa sanitario á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

2. Formación sanitaria. O persoal veterinario das ADSG fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas que estes dispoñan dunha formación axeitada. Para estes efectos, as ADSG organizarán polo menos un curso de formación ao ano, dirixido ás persoas titulares das explotacións.

O mencionado curso poderá ser substituído ou, se é o caso, facerse coincidir cunha reunión anual en que se convoque a todos os socios da ADSG, e na que se expoñan polo miúdo as actuacións desenvolvidas no marco dos programas sanitarios executados e os resultados delas na última anualidade.

A data, o lugar, a hora e o contido do curso ou, se é o caso, da reunión convocada, comunicaranse polo menos con dez días de antelación, mediante escrito ou preferentemente por medios telemáticos dirixido ao respectivo servizo provincial de gandaría.

Cando se realicen, os cursos de formación deberán incluír no seu programa contidos relacionados polo menos con algún dos seguintes temas, cando proceda e segundo a especie:

– Prevención e control das enfermidades incluídas no programa sanitario propio da ADSG.

– Formación en benestar animal.

– Plans de alerta sanitaria veterinaria, enfermidades de declaración obrigatoria en España e na Unión Europea ou incluídas no Código zoosanitario internacional da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE).

– Pautas de manexo e medidas de bioseguridade nas explotacións e protocolos de limpeza desinfección, desinsectación e desratización (LDDD).

– Guía de practicas correctas de hixiene.

– Xestión ambiental e sustentabilidade.

– En ADSG de gando bovino, ovino e cabrún, programas de vixilancia pasiva das encefalopatías exponxiformes transmisibles (EET) e programas nacionais de erradicación das enfermidades animais (tuberculose e brucelose).

3. Fichas de actuación. Por cada explotación integrada nos programas sanitarios o persoal veterinario responsable da ADSG cubrirá unha ficha en que se reflectirán as actuacións realizadas. As fichas elaboradas identificarán a explotación e incluirán os seguintes campos:

– Data da actuación.

– Nome e apelidos da persoa veterinaria.

– Descrición detallada da actuación e, se é o caso, número de animais sobre os que se actuou.

As fichas de actuación conservaranse na explotación xunto á restante documentación relativa ao programa sanitario da ADSG, e deberán estar á disposición dos servizos veterinarios oficiais, para a súa supervisión.

4. Enquisa de bioseguridade. O persoal veterinario das ADSG realizará en todas as explotacións unha enquisa de bioseguridade, en que se recolla información sobre a infraestrutura sanitaria e as prácticas de manexo, de xeito que permita identificar os puntos críticos en bioseguridade que poidan favorecer a entrada ou diseminación de enfermidades. Baseándose nos resultados das enquisas, o persoal veterinario establecerá as oportunas medidas correctoras para emendar as deficiencias detectadas, e controlará a súa aplicación por parte dos responsables da explotación. Ao respecto, o persoal veterinario das ADSG entregará ao gandeiro un documento co resultado da enquisa (valorado como favorable ou desfavorable) en que se indiquen, se é o caso, as medidas correctoras que se recomendan.

Realizarase unha primeira enquisa en todas as explotacións da ADSG, así como en cada nova explotación que se incorpore a esta. Unicamente será necesario repetir a enquisa nunha explotación cando se producisen cambios substanciais nalgún dos aspectos nela recollidos (instalacións, condicións de manexo...), ou cando se detecte a aparición de enfermidades que permitan facer sospeitar de deficiencias na bioseguridade da explotación.

Así mesmo, na aplicación de programas específicos de supervisión das condicións de bioseguridade poderase exixir a realización da enquisa que corresponda á totalidade das explotacións integradas.

As enquisas realizaranse segundo o modelo facilitado polos servizos veterinarios oficiais. As enquisas realizadas, xunto a unha copia dos documentos en que se indiquen, se procede, as medidas correctoras indicadas ao gandeiro, estarán á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

Gando bovino

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos, información e sensibilización da persoa titular da explotación respecto dos programas de erradicación vixentes) así como no resto de programas oficiais de loita, control e erradicación das enfermidades animais.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Actuacións en relación co programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia pasiva, información as persoas titulares das explotacións integradas, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando e outros vehículos nas explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes, vaos sanitarios...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. En relación cos programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando bovino que a continuación se citan, encamiñados a diminuír a prevalencia e incidencia das distintas enfermidades.

7.1. Control da diarrea vírica bovina (BVD).

7.1.1. Obxectivo do programa.

O obxectivo do programa será a diminución dos efectos negativos da enfermidade en explotacións con infección activa, a monitorización do status sanitario dos rabaños e a implementación de medidas de bioseguridade de cara á consecución futura de explotacións certificadas como libres de BVD.

7.1.2. Finalidade das probas diagnósticas.

• Detección das explotacións con circulación vírica.

• Detección de animais persistentemente infectados (PI): considérase animal PI aquel que sexa positivo a dúas probas diagnósticas de BVD antíxeno cun intervalo de polo menos 21 días entre elas. Tamén se considerará un animal PI aquel que teña unha soa analítica positiva de BVD antíxeno, a criterio do persoal veterinario da ADSG e sempre que o seu destino sexa directamente o matadoiro.

• Investigación epidemiolóxica da orixe de novas infeccións.

7.1.3. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de leite.

• Como mínimo, deberanse realizar dúas mostraxes anuais en leite de tanque, cun intervalo aproximado de 6 meses, para detección de anticorpos anti-p80.

• Realizarase unha mostraxe anual en soro dos animais maiores de 9 meses e menores de 24 meses nados na explotación, para determinación de anticorpos anti-p80 segundo a fracción de mostra da táboa do anexo V. No caso de non existir animais deste grupo de idade, tomaranse mostras dunha porcentaxe de animais reprodutores entre os que resultasen negativos a anticorpos anti p80 en mostraxes anteriores, segundo a fracción de mostra da táboa do anexo V, dando preferencia aos animais máis novos. No caso de explotacións con máis dunha unidade de produción, segundo o criterio do persoal veterinario responsable, a mostraxe anterior poderá realizarse de xeito diferenciado en cada unha delas.

7.1.3.1. Pautas de actuación en explotacións con sospeita de circulación vírica.

Considérase unha explotación con sospeita de circulación vírica cando:

a) Os niveis de anticorpos en leite de tanque indiquen un aumento significativo, como por exemplo:

– Os resultados pasen de indicar valores negativos de anticorpos (prevalencias menores dun 5 %) a valores baixos, medios ou altos

– Exista cambio de valores de baixa positividade a media ou alta positividade.

– Exista cambio de valores de media positividade a alta positividade.

b) No caso de explotacións cunha positividade superior ao 25 % dos animais e na poboación de animais novos maiores de 9 meses e menores de 24 meses de idade nados na explotación exista algún resultado positivo.

Nestes casos procederase da seguinte forma:

– En rabaños en que a información epidemiolóxica de anos anteriores indique a presenza dun abrocho recente, deberase realizar unha mostraxe dos animais incorporados recentemente á explotación e os animais nados desde a última mostraxe con resultados negativos, co fin de detectar a posible presenza dun animal PI. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de orella. Estas mostras serán sometidas a unha analítica de PCR ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores do virus.

– Cando a información epidemiolóxica dos tres anos anteriores indique a circulación do virus (nacemento de animais PI, positividade a anticorpos nos animais menores de 24 meses e valores de prevalencia en leite de tanque por encima do 25 %), así como en rabaños de nova incorporación á ADSG e sen probas diagnósticas anteriores, realizarase unha proba complementaria previa de PCR sobre unha mostra de leite de tanque co fin de descartar, en caso de negatividade, a presenza dun PI no grupo de animais en produción. Igualmente e por unha soa vez, deberanse tomar mostras do resto dos animais non incluídos na mostra de leite do tanque para a investigación por PCR do virus da BVD. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de orella.

Para a realización da técnica de PCR o persoal veterinario da ADSG deberá informar o Lasapaga de que a explotación é sospeitosa de ter circulación vírica.

7.1.4. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de carne.

• Realizarase unha mostraxe anual en soro dos animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación segundo o indicado na táboa do anexo V (poderán quedar exentos desta mostraxe os machos de cebo). No caso de non existir animais deste grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultasen negativos a anticorpos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais máis novos.

7.1.4.1. Pautas de actuación en explotacións con sospeita de circulación vírica.

Considérase unha explotación con sospeita de circulación vírica cando:

• Positividade maior do 25 % a anticorpos anti-p80 no grupo de animais en que se tomaron mostras na mostraxe anual.

Nestes casos procederase da seguinte forma:

– En rabaños en que a información epidemiolóxica de anos anteriores indique a presenza dun abrocho recente, deberase realizar unha mostraxe para investigación de anticorpos anti-p80, entre os animais incorporados recentemente á explotación e os animais nados desde a última mostraxe con resultados negativos, co fin de detectar a posible presenza dun animal PI. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de orella. Estas mostras serán sometidas a unha analítica de PCR ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores do virus.

Os animais que resulten negativos ás probas de anticorpos anti-p80, someteranse a probas de antíxeno. Polo xeral, non se realizarán mostraxes de anticorpos nin de antíxeno en animais xa presentes antes da sospeita do abrocho ou sobre animais previamente positivos a anticorpos anti-p80.

Cando a información epidemiolóxica dos tres anos anteriores indique a circulación vírica (nacemento de animais PI, positividade a anticorpos nos animais menores de 36 meses), así como en rabaños de nova incorporación á ADSG e sen probas diagnósticas anteriores, realizarase unha proba complementaria previa que consistirá nunha PCR sobre un pool de soros de todos os animais do rabaño, ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores de virus. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de orella.

Para a realización da técnica de PCR o persoal veterinario da ADSG deberá informar o Lasapaga de que a explotación é sospeitosa de ter circulación vírica.

7.1.5. Pautas de actuación en explotacións vacinadas con vacinas vivas.

A presenza de anticorpos como consecuencia da vacinación fai necesaria a realización de probas de detección de antíxeno para detectar a circulación vírica nestas explotacións.

– En explotacións de aptitude láctea, deberanse realizar dúas mostraxes en leite de tanque cun intervalo aproximado de 6 meses para a detección por PCR do virus da BVD. Igualmente, e de ser posible, deberase tomar mostras dunha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo táboa do anexo V) para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD. No caso de non existir animais non vacinados, deberase realizar unha vez ao ano unha proba de PCR de antíxeno de BVD dun pool de soros de animais procedentes dese grupo de idade dos que non fosen tomados mostras o ano anterior. No caso dos animais menores de 3 meses, a mostraxe deberá realizarse en mostra de orella.

– En explotacións de aptitude cárnica deberase realizar unha mostraxe anual dun pool de soros de animais maiores de 3 meses para a detección por PCR do virus da BVD. Igualmente, e de ser posible, deberase realizar a mostraxe dunha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo táboa do anexo V), para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD. No caso de non existir animais non vacinados, deberase realizar unha vez ao ano unha proba de detección de antíxeno de BVD en mostras individuais ou por PCR no caso de pools de mostras, que no caso de animais menores de 3 meses de idade será en mostra de orella.

– As explotacións de carne vacinadas en anos anteriores e con resultados negativos nas probas de PCR realizadas nos pooles de mostras nos animais maiores de 3 meses só deberán realizar unha proba anual de PCR nos animais vacinados menores de 12 meses nados na explotación dos cales non fosen tomadas mostras o ano anterior, xa sexa individualmente ou en pool (que será de orella nos animais de menos de 3 meses). No caso de non vacinar este grupo de animais deberanse tomar mostras a unha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo fracción de mostraxe da táboa do anexo V) para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD.

7.1.5.1. Pautas de actuación en explotacións con sospeita de circulación vírica vacinadas con vacinas vivas.

Nas explotacións de aptitude láctea cando a PCR de leite de tanque resulte positiva, deberanse tomar mostras individualmente para a detección do virus da BVD os animais en lactación para a súa investigación mediante pooles de soros ou mostras individuais ata localizar o animal ou animais con excreción vírica. Igualmente, se resultasen positivos a anticorpos os animais non vacinados ou resultase positiva a PCR de calquera dos pools de mostras realizados nos outros grupos de idade, deberanse investigar estes animais para a detección do virus da BVD.

Nas explotacións de aptitude cárnica, se resultasen positivos a anticorpos os animais non vacinados ou resultase positiva a PCR de calquera dos pooles de mostras realizados nos outros grupos de idade, deberase investigar para antíxeno de BVD cada un dos pooles positivos ata a localización do animal ou animais con excreción vírica.

7.1.6. Pautas de actuación comúns a todas as explotacións.

• A periodicidade das analíticas poderase incrementar, en función dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.).

• En todas as explotacións tanto de leite como de carne, no caso de existir touros reprodutores, deberán tomarse mostras como mínimo unha vez para antíxeno de BVD e anualmente para a determinación de anticorpos anti-p80 (no caso de ser seronegativos os anos anteriores).

• Todos os animais negativos a anticorpos anti-p80 someteranse á proba de antíxeno de BVD se as analíticas anteriores ou o estudo epidemiolóxico indican a posibilidade de presenza de animais PI.

• En calquera caso, os animais seropositivos á proba de detección de anticorpos anti p80 non serán obxecto de mostraxes repetidamente, limitando as novas mostraxes aos animais seronegativos. En casos excepcionais, e previa autorización do Lasapaga, poderanse repetir as probas de antíxeno en animais positivos a anticorpos anti-p80.

• A proba de detección de antíxeno de BVD nos animais menores de 3 meses realizarase preferentemente en mostra de orella ou en soro recollido antes da toma do primeiro costro, para minimizar a interferencia con anticorpos presente nos costros.

• En todo caso, un animal positivo a BVD antíxeno non se poderá trasladar a outra explotación (agás matadoiros) nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, ata que sexa sometido a unha segunda proba de BVD antíxeno con resultado negativo como mínimo cun intervalo de 21 días da primeira.

• O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados como persistentemente infectados (PI). En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

• O persoal veterinario da ADSG comunicará á persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do Lasapaga que os animais confirmados como PI non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino o seu traslado directo a matadoiro. O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da existencia dun animal PI aos servizos veterinarios oficiais mediante un informe da posible orixe da infección, co fin de determinar as causas que permitan prever no futuro a presenza de novas infeccións, e informará a persoa titular da explotación afectada das anteriores obrigas, establecendo un plan para a eliminación inmediata destes animais, considerándose como un incumprimento a súa permanencia prolongada na explotación (máis de 30 días) sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas.

Cando se confirme como PI un animal adulto con descendencia, esta deberá ser mostrexada de BVD antíxeno para confirmar ou descartar posibles animais PI.

• A utilización de vacinas vivas nas explotacións de reprodución deberá ser comunicada previamente á Subdirección Xeral de Gandaría; no caso de non levarse a cabo a vacinación unha vez comunicada, deberase poñer en coñecemento a dita circunstancia.

• A realización dunha mostraxe diferente á indicada tanto nas probas serolóxicas como nas probas de PCR en animais ou en leite de tanque exixirá a autorización do Lasapaga, logo de informe razoado do persoal veterinario da ADSG. O Lasapaga poderá denegar a realización da mostraxe por considerala non axeitada aos fins perseguidos ou por cuestións da loxística de mostras no laboratorio.

• O tamaño dos pooles de mostras para a proba de PCR e o calendario de mostraxe para as explotacións en que se realice esta técnica será determinado polo Lasapaga.

7.1.7. Clasificación de explotacións (BVD).

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2019, nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0.

Explotacións con infección activa ou sospeitosas de manter unha infección activa. Con detección de animais PI nos últimos 12 meses ou analíticas que indican a posibilidade de presenza de animais PI, sen completar a realización das probas necesarias para descartalos.

Ou ben explotacións de nova incorporación sen información epidemiolóxica.

Nivel 1.

Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque positivo (>25 % de prevalencia) ou con tanque negativo e con animais entre 9 e 24 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

Explotacións de carne: con animais entre 9 e 36 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

Explotacións vacinadas con vacinas vivas: a realización dunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pooles ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existir animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos anti-p80 con resultado negativo nos últimos 12 meses.

Nivel 2.

Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque positivo (>25 % de prevalencia) e con animais de entre 9 e 24 meses negativos.

Explotacións de carne: con animais de entre 9 e 36 meses negativos durante os últimos 12 meses.

Explotacións vacinadas con vacinas vivas: a realización dunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pooles ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existir animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos anti-p80 con resultado negativo nos últimos 2 anos.

Nivel 3.

Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque <25 % de prevalencia e con animais de entre 9 e 24 meses negativos.

Explotacións de carne: con animais de entre 9 e 36 meses negativos desde hai 2 ou máis anos.

Explotacións vacinadas con vacinas vivas: a realización dunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pooles ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existir animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos p80 con resultado negativo nos últimos 3 anos.

7.2. Control da rinotraqueite bovina infecciosa (IBR).

7.2.1. Obxectivo do programa.

O obxectivo do programa será a diminución da prevalencia da enfermidade mediante a detección e eliminación progresiva de animais seropositivos.

7.2.2. Finalidade das probas diagnósticas.

As analíticas individuais ou en leite de tanque realizaranse:

• Para detección de anticorpos totais ou anti-gB se a explotación non vacina de IBR dada a súa maior sensibilidade.

• Para detección de anticorpos anti-gE no caso de explotacións que utilicen vacina marcada de IBR.

7.2.3. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de leite.

Como mostraxe mínima, realizaranse:

• Analíticas de anticorpos en leite de tanque: dúas mostraxes anuais, cun intervalo aproximado de 6 meses.

• Analítica de anticorpos en soro: unha mostraxe anual en animais maiores de 9 meses e menores de 24 meses nados na explotación, segundo a táboa do anexo V.

• No caso de non existir animais deste grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultasen negativos a anticorpos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais máis novos. No caso de explotacións con máis dunha unidade de produción, segundo o criterio do persoal veterinario responsable, a mostraxe anterior poderá realizarse de xeito diferenciado en cada unha delas.

En función dos resultados das mostraxes anteriores, poderanse realizar as seguintes probas:

• Nas explotacións en que o resultado de anticorpos en leite de tanque indique a ausencia de animais reactivos e a mostraxe dos animais entre 9 e 24 meses de idade resulte negativa durante dous ou máis anos poderase realizar outra analítica en soro do resto dos animais para detectar a posible existencia de animais seropositivos. Esta analítica farase unha soa vez coa finalidade de clasificar a explotación como negativa (nivel 3).

• Nas explotacións que en anos anteriores realizasen a mostraxe do 100 % dos animais con resultado negativo realizarase a mostraxe anual en animais maiores de 9 e menores de 24 meses nados na explotación, segundo a táboa do anexo V e efectuarase, como mínimo, unha mostraxe cuadrimestral en leite de tanque (3 mostraxes repartidas ao longo do ano) co fin de conseguir a clasificación da explotación como nivel 3 ou nivel 4 segundo realicen ou non vacinación de IBR.

7.2.4. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de carne.

Como mostraxe mínima realizarase:

• Analíticas de anticorpos en soro: unha mostraxe anual en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses, segundo a táboa do anexo V, (poderán quedar exentos desta mostraxe os machos de cebo) para comprobar a presenza de anticorpos gB ou totais, ou de gE no caso de animais vacinados con vacina marcada. No caso de non existir animais de este grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultasen negativos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais mais novos.

En función dos resultados da mostraxe anterior, poderanse realizar as seguintes probas:

• As explotacións que manteñan a negatividade na mostraxe dos animais entre 9 e 36 meses de idade durante dous ou máis anos poderase realizar outra analítica en soro do resto dos animais para detectar a posible existencia de animais seropositivos. Esta analítica farase unha soa vez coa finalidade de clasificar a explotación como negativa (nivel 3).

• Nas explotacións que en anos anteriores realizasen a mostraxe do 100 % dos animais con resultado negativo realizarase a mostraxe anual en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación, segundo a táboa do anexo co fin de conseguir a clasificación da explotación como nivel 3 ou nivel 4 segundo realicen ou non vacinación de IBR.

7.2.5. Pautas de actuación comúns a todas as explotacións.

• A periodicidade das analíticas poderase incrementar en función dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.).

• En todas as explotacións, tanto de leite como de carne, no caso de existir touros reprodutores, deberán ser obxectivo de mostraxe, como mínimo, anualmente para a determinación de anticorpos de IBRgB ou ben de IBRgE no caso de estar vacinando con vacinas marcadas.

• A analítica da IBR non se realizará nas explotacións vacinadas anteriormente con vacinas convencionais, agás naqueles animais que non estean vacinados.

• En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definíndose as actuacións para realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos: non se poderá realizar unha mostraxe do 100 % dos animais da explotación mentres se obteñan resultados positivos en animais menores de 24 meses ou no leite de tanque.

• As únicas vacinas autorizadas dentro do programa oficial das ADSG de Galicia fronte á IBR en explotacións de reprodución serán vacinas marcadas. No caso dos cebadeiros de gando vacún integrados en ADSG poderanse empregar vacinas non marcadas fronte ao IBR.

• As explotacións que en anos anteriores realizasen a mostraxe fronte a gE do 100 % dos animais con resultado negativo (nivel 3) e que non vacinasen nos últimos anos con vacinas marcadoras poderán, logo de autorización do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, realizar outra mostraxe do 100 % dos animais fronte a gB, por unha soa vez, para poder clasificar a explotación co nivel 4.

7.2.6. Clasificación de explotacións (IBR).

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función das probas diagnósticas realizadas, ata o 28 de febreiro de 2019, nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0.

Explotacións de leite: con valores de anticorpos en mostra de leite de tanque que indiquen a presenza de animais positivos ou a existencia de animais positivos a anticorpos no grupo de idade de 9 a 24 meses.

Explotacións de carne: con existencia de animais positivos a anticorpos no grupo de idade de 9 a 36 meses.

Ou ben explotacións de nova incorporación das cales non se teña información epidemiolóxica.

Nivel 1.

Explotacións de leite: con leite tanque positivo e animais entre 9 e 24 meses de idade negativos a anticorpos nos últimos 12 meses.

Explotacións de carne: con animais entre 9 e 36 meses de idade negativos a anticorpos nos últimos 12 meses.

Nivel 2.

Explotacións de leite: con leite de tanque positivo ou negativo e con animais de 9 a 24 meses de idade negativos nos últimos 2 ou máis anos, pero nunca se realizou unha mostraxe do 100 % dos animais con resultados negativos.

Explotacións de carne: con animais de 9 a 36 meses de idade negativos a anticorpos nos últimos 2 ou máis anos, pero nunca se realizou unha mostraxe do 100 % dos animais con resultados negativos.

Nivel 3.

Explotacións de leite: con leite de tanque negativo e cunha mostraxe do 100 % dos animais con resultado negativo a anticorpos anti-gE.

Explotacións de carne: cunha mostraxe do 100 % dos animais con resultado negativo a anticorpos anti-gE.

Nivel 4.

Explotacións de leite: con leite de tanque negativo e cunha mostraxe do 100 % dos animais con resultado negativo a anticorpos anti-gB ou totais.

Explotacións de carne: cunha mostraxe do 100 % dos animais con resultado negativo a anticorpos anti-gB ou totais.

Unha vez acadados os dous últimos niveis, o mantemento destes conseguirase obtendo resultados negativos nas mostraxes indicadas anteriormente: en explotacións de leite con mostraxes en animais entre 9 e 24 meses e 3 mostraxes anuais negativas en leite de tanque e en explotacións de carne mostraxes en animais de entre 9 e 36 meses de idade.

7.3. Control da paratuberculose.

7.3.1. Obxectivos do programa.

• Divulgar o significado da enfermidade.

• Minimizar o risco de infección en explotacións non afectadas pola enfermidade.

• Detectar explotacións infectadas.

• Aplicar pautas de manexo nas explotacións segundo o nivel de risco.

• Minimizar os efectos da enfermidade nas explotacións infectadas.

7.3.2. Definicións.

• Explotación en nivel 0 de paratuberculose: aquela con polo menos un animal confirmado como positivo nos últimos 24 meses.

• Animal bovino confirmado positivo á paratuberculose: aquel en que se dea calquera das seguintes situacións:

– O animal presenta lesións patognomónicas en que se visualiza a presenza de microorganismos ácido-alcol resistentes.

– En feces do animal visualízase a presenza de niños de bacilos ácido-alcol resistentes e presenta síntomas clínicos compatibles coa enfermidade.

– En calquera tipo de mostra procedente do animal obtívose un resultado positivo a PCR.

– Nas explotacións en nivel 0: calquera animal con síntomas clínicos compatibles coa enfermidade ou calquera animal positivo a ELISA ata que a seroprevalencia da explotación baixe do 15 %.

– Animal reaccionante: calquera animal positivo a ELISA anticorpos e con proba negativa a PCR en feces en explotacións sen animais confirmados.

7.3.3. Pautas de mostraxe en explotacións confirmadas como infectadas de paratuberculose.

• Cunha periodicidade mínima anual realizarase unha analítica de detección de anticorpos mediante probas ELISA no 40 % ao 100 % dos animais maiores de 24 meses, incluíndo os animais positivos a ELISA non confirmados por PCR en anos anteriores. Terán preferencia na mostraxe os animais negativos non obxecto de mostraxe en anos anteriores.

Para realizar unha mostraxe maior do 40 %, deberase implantar na explotación un exhaustivo programa de manexo e eliminación de animais clínicos ou confirmados, establecido polos servizos técnicos veterinarios responsables da ADSG e supervisado polos servizos veterinarios oficiais e deberá estar asinado tanto polo persoal veterinario da ADSG como pola persoa titular.

As explotacións afectadas que non realicen o dito programa manterán a clasificación de infectadas e non poderán facer a mostraxe do 100 % dos animais negativos.

As explotacións que realicen a mostraxe do 100 % dos animais poderán repetir esta mostraxe en anos posteriores sempre e cando sexan eliminados todos os animais positivos a ELISA en contacto cos animais confirmados.

• Ata que a seroprevalencia da explotación, considerando todos os animais dos cales se obtivo mostras, descenda por debaixo do 15 % a ELISA, non se realizarán probas de confirmación distintas do ELISA. Excepcionalmente, nas explotacións nas que un só animal ELISA positivo supoña unha prevalencia igual ou maior ao 15 % da explotación, poderase tomar mostras para a súa confirmación por PCR.

7.3.4. Pautas de mostraxe en explotacións non confirmadas como infectadas de paratuberculose.

• Cunha periodicidade mínima anual realizarase unha analítica de detección de anticorpos mediante probas ELISA no 40 % dos animais maiores de 24 meses, dando prioridade a:

– Os animais de risco (con diarrea crónica, adelgazamento, descenso de produción inxustificada).

– Os animais adquiridos nos últimos anos.

– Os animais non confirmados positivos por PCR con resultados positivos a ELISA en anos anteriores.

– Outros animais negativos en anos anteriores ata completar o 40 % dos animais maiores de 24 meses, se esa porcentaxe non se acadou cos animais citados anteriormente, dando preferencia aos animais dos cales non se tomaron mostras recentemente.

• Os animais positivos a ELISA deberán ser confirmados por PCR.

7.3.5. Outras pautas de actuación.

• Nas explotacións non confirmadas como positivas a paratuberculose estableceranse pautas de manexo axeitadas para minimizar o risco de introdución da infección. Estas pautas serán determinadas polo persoal veterinario da ADSG en función da clasificación da explotación.

• Os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser trasladados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino posible destes o seu traslado directo a matadoiro, sen paso intermedio por mercados ou explotacións de operadores comerciais.

• O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da positividade aos servizos veterinarios oficiais, informará a persoa titular da explotación afectada das obrigas sinaladas no punto anterior e establecerá un plan de manexo tendente a atenuar os efectos da enfermidade na explotación e minimizar o risco de infección doutras explotacións.

• Todo animal ELISA positivo de paratuberculose, antes do seu movemento cara a outras explotacións, deberá ser sometido ás probas de confirmación (PCR). De obter un resultado negativo ás ditas probas, antes do movemento deberá realizar unha nova analítica a anticorpos de ELISA con resultado negativo.

• O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados como positivos á paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

• O persoal veterinario da ADSG comunicará á persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do Lasapaga que os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán, en ningún caso, ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino o seu traslado directo a matadoiro. O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da existencia destes animais aos servizos veterinarios oficiais.

• En explotacións infectadas de paratuberculose onde convivan outros ruminantes deberase investigar, igualmente, a presenza de anticorpos da enfermidade en todas as especies susceptibles.

7.3.6. Clasificación de explotacións.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións, en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas, ata o 28 de febreiro de 2019 nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0. Explotación con algún animal confirmado de paratuberculose nos dous últimos anos.

Ou ben explotacións de nova incorporación das cales non se teña información epidemiolóxica.

Nivel 1. Explotación cunha seroprevalencia igual ou maior do 15 % a ELISA e probas de confirmación (PCR) negativas.

Nivel 2. Explotación cunha seroprevalencia menor do 15 % de animais positivos a ELISA e con probas de confirmación negativas.

Nivel 3. Explotación cun ano de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 4. Explotación con dous anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 5. Explotación con tres anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 6. Explotación con catro anos de mostraxe negativa a ELISA.

No caso de explotacións clasificadas anteriormente no nivel 0 en que existan animais ELISA positivos sen ter unha proba de PCR positiva, estes animais poderán someterse a unha nova proba de confirmación por PCR sempre e cando a prevalencia da explotación sexa menor ao 15 % e non haxa animais positivos a PCR nos últimos 24 meses. O persoal veterinario da ADSG comunicará este feito aos servizos veterinarios oficiais co fin do que os animais que resulten negativos á proba de confirmación pasen a ser considerados reacionantes.

7.4. Control de incorporacións (BVD, IBR, paratuberculose).

Os animais de nova incorporación deberán ser obxectivo de mostraxes na explotación de orixe e no prazo máximo de 20 días previos á incorporación co fin de evitar incorporacións de animais positivos e a aparición de abrochos na explotación de destino. De non ser posible e no mesmo prazo, serán tomadas mostras deles na explotación de destino onde deberán permanecer en corentena, illados do resto do rabaño, ata polo menos coñecer os resultados das probas analíticas.

7.4.1. Comunicación de incorporacións.

• As persoas titulares das explotacións comunicarán con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao persoal veterinario responsable da ADSG.

• No caso de realizar a mostraxe na explotación de destino, durante a corentena os animais estarán illados do resto do rabaño polo menos ata coñecer os resultados das probas analíticas.

• As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do persoal veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico fronte á BVD anti-p80, BVD antíxeno, IBRgE e ELISA paratuberculose de todos os animais de nova incorporación. En animais menores de tres meses a proba da BVDax realizarase preferentemente en mostra de orella.

• O control serolóxico en soro non será necesario que se realice en animais incorporados menores de 5 meses e destinados a cebo, sendo necesario neste caso realizar unicamente o control de BVD antíxeno en mostra de orella. No caso de que estes animais finalmente se incorporen ao grupo de reprodución da explotación, será necesario realizar neles un control serolóxico de BVD anti-p80, BVD antíxeno, IBR gE e ELISA de paratuberculose unha vez superados os 6 meses de idade.

• Non se incorporarán ás explotacións da ADSG animais que resulten positivos a ELISA ou PCR de paratuberculose, a IBR gE ou a BVD antíxeno.

• Se as analíticas realizadas revelan positividade nos animais en corentena, poderase devolver á explotación de orixe nun prazo máximo de 30 días, coa autorización dos servizos veterinarios oficiais, que controlarán o seu posterior destino, coa excepción dos animais positivos a BVD antíxeno, que non poderán ser devoltos ata que sexan sometidos a unha segunda proba con resultado negativo.

Se durante a corentena algún dos animais resultase positivo a BVD antíxeno, a explotación considerarase infectada ata a realización das probas que descarten o contaxio da infección.

No caso de animais ELISA positivos a paratuberculose que se devolvan a orixe, non se permitirá a súa nova venda cara a explotacións de reprodución ata que a enfermidade sexa descartada mediante as probas correspondentes.

Os animais menores de 5 meses ELISA positivos á paratuberculose poderán saír da explotación con destino a cebadoiros nun prazo máximo de 30 días.

• Non serán necesarios estes controis cando os animais procedan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo persoal veterinario da ADSG que deberá reflectir os controis a que foron sometidos os animais implicados, que deberán ser, en todo caso, negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

• No caso de que se incorporen á explotación animais xestantes positivos a BVD anti-p80, estes deberán parir en corentena, illados do resto de animais da explotación e deberá realizarse a analítica de BVD antíxeno do tenreiro ao nacemento, ou do aborto no seu caso para descartar a existencia dun animal PI.

7.4.2. Comunicación de retornos.

• As persoas titulares de explotacións comunicarán ao persoal veterinario da ADSG o retorno de animais da súa explotación cando tivesen contacto con outros animais doutras explotacións (pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc.).

• No caso de animais retornados coas orixes mencionadas no primeiro parágrafo, e coa finalidade de coñecer a situación sanitaria destes, realizaranse analíticas de BVD anti-p80 e IBRgE.

Os centros de recría integrados nunha ADSG deberán incorporar animais procedentes de explotacións integradas en ADSG ou que cumpran co programa sanitario marco recollido na presente orde de axudas ás ADSG o que se acreditará documentalmente polo persoal veterinario da explotación de orixe. Estes animais someteranse ás analíticas recollidas para as novas incorporacións antes da súa chegada ao centro de recría o que deberá reflectirse no documento de envío de mostras ao Lasapaga.

Os animais con destino a un centro de recría integrado nunha ADSG serán obxecto de mostraxe sempre na explotación de orixe e deberán ser negativos a BVD antíxeno e ELISA paratuberculose para podelos incorporar. En calquera caso os animais incorporados ao centro de recría non deberán ter contacto coas xovencas preñadas ata a realización dunha nova analítica aos catro meses de idade para a detección de BVD antíxeno en mostras individuais ou por PCR no caso de pools de mostras.

Antes da saída dos animais do centro de recría, deberase facer unha nova analítica das enfermidades obxecto deste programa.

Coa presentación da solicitude de axuda por parte da ADSG, enténdese que as persoas titulares das explotacións bovinas integradas nesta prestan o seu consentimento para que a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias facilite ao persoal veterinario responsable da agrupación os datos dos animais pertencentes a aquelas, así como a información correspondente aos animais incorporados, para os efectos de proceder ao seu control sanitario, sen prexuízo da responsabilidade destes en relación co pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

Gando ovino e cabrún

O persoal veterinario das ADSG de gando ovino e cabrún levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar:

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Actuacións en relación co programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia pasiva, información as persoas titulares das explotacións, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Actuacións en relación co programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións.

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control de limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. En relación cos programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando ovino e cabrún que a continuación se citan, encamiñados a coñecer o nivel de prevalencias das distintas enfermidades, e ademais á súa diminución.

7.1. Control da paratuberculose.

7.1.1. Obxectivos das probas diagnósticas.

Realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, definíndose as actuacións a realizar en cada un deles en función dos resultados obtidos.

7.1.2. Pautas xerais de actuación.

Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade, realizarase unha mostraxe dun número de animais de acordo cun tamaño de mostra que asegure a detección dunha prevalencia do 5 % cunha fiabilidade do 95 %, segundo a táboa seguinte:

Censo da explotación

Número de animais para mostraxe

1-30

todos

31-40

31

41-50

35

51-70

40

71-100

45

101-200

51

201-300

54

Máis de 300

57

As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

Actuacións segundo os resultados obtidos:

– Nos rabaños que resulten negativos ás probas realizarase ao ano seguinte un control serolóxico anual mediante mostraxe aleatoria segundo os criterios 95/5 anteriores.

– Nos rabaños que presenten unha prevalencia da enfermidade inferior ao 8 % realizarase unha proba de confirmación en feces por PCR de todos os animais positivos a anticorpos. Tamén se someterán a unha estreita vixilancia clínica do efectivo para observar a evolución da enfermidade e, de ser o caso, detectar animais con sintomatoloxía clínica. Someteranse ao ano seguinte á mostraxe aleatoria anual (95/5) co fin de comprobar a evolución da enfermidade.

Nestas explotacións, os animais ELISA positivos con resultado negativo á proba de PCR en feces, no caso de que queiran abandonar a explotación con destino a vida, deberán realizar unha nova analítica de ELISA separada, como mínimo, 60 días da primeira con resultado negativo.

– Nos rabaños cunha prevalencia superior ao 8 % e/ou con algún animal positivo á proba de PCR en feces, co obxecto de identificar o maior número posible de animais positivos, procederase á revisión mediante ELISA da totalidade dos animais da explotación. Igualmente, unha porcentaxe dos animais positivos a ELISA na primeira fracción de mostraxe ou na mostraxe da totalidade do efectivo deberanse tomar mostras por PCR en feces, cun máximo de 10 animais analizados.

Considérase animal positivo confirmado á paratuberculose:

– Todo animal positivo á proba de confirmación de PCR en feces e/ou ELISA positivo procedente dun rabaño cunha prevalencia superior ao 8 %.

– Todo animal con dúas probas ELISA positivas separadas como mínimo 60 días en rabaños con prevalencia menor ao 8 %.

– En rabaños xa confirmados como positivos, calquera animal que presente síntomas compatibles coa enfermidade segundo diagnóstico clínico veterinario.

As explotacións con algún animal positivo á proba de confirmación de PCR en feces non poderán, en ningún caso, destinar animais a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, o único destino posible destes será o seu traslado directo a matadoiro.

Naquelas explotacións cunha prevalencia a ELISA anticorpos superior ao 8 %, e probas de confirmación de PCR en feces negativas, so poderán mover animais ELISA negativos con destino a outras explotacións de produción-reprodución tras a realización dunha proba de ELISA anticorpos con resultado negativo antes do seu movemento.

O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados a paratuberculose. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

O persoal veterinario da ADSG comunicará aos servizos veterinarios oficiais a relación de animais confirmados como positivos e as medidas que hai que realizar e informará a persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a comunicación do Lasapaga de que os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán, en ningún caso, ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, e o único destino será o seu traslado directo a matadoiro.

O persoal veterinario da ADSG establecerá nas explotacións afectadas un plan específico de control e erradicación da enfermidade, baseado na aplicación de medidas hixiénico-sanitarias e de manexo, eliminación de animais positivos e control e corentena dos animais incorporados.

7.1.3. Vacinación.

As persoas titulares das explotacións ovinas ou cabrúas en que se confirmase a presenza de paratuberculose nunha prevalencia superior ao 8 %, co informe favorable do persoal veterinario da ADSG poderán solicitar á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias autorización expresa para a utilización de vacina fronte á enfermidade.

Non se autorizará en ningún caso a vacinación fronte á paratuberculose de rabaños de gando cabrún que convivan ou teñan relación epidemiolóxica con gando bovino, nin tampouco de rabaños cabrúns que comercialicen leite, xa que estes deben ser sometidos ao programa de erradicación da tuberculose e poderían existir interferencias diagnósticas. Poren, excepcionalmente poderase autorizar a aplicación dun programa vacinal extraordinario fronte á paratuberculose no caso de rabaños con prevalencias superiores ao 8 %, co cumprimento das seguintes condicións:

– O rabaño deberá ter presentado resultados negativos a tuberculose en todos os animais antes do inicio do programa de vacinación.

– Os animais que se incorporen ao rabaño procederán doutros rabaños negativos a tuberculose, ou serán sometidos a probas de diagnóstico de tuberculose nos 30 días anteriores á súa incorporación, con resultados negativos.

– Os animais que resulten positivos ás probas anuais de diagnóstico da tuberculose ou, se é o caso, un número significativo deles serán sacrificados para realizar o estudo microbiolóxico da enfermidade, co obxecto de determinar ou descartar a súa presenza no rabaño. No caso de confirmarse a existencia de tuberculose, serán sacrificados de xeito inmediato todos os animais reaccionantes que non fosen eliminados anteriormente.

– Despois do comezo do programa vacinal, a vacinación anual da recría realizarase tras a execución no rabaño das probas sanitarias anuais de tuberculose.

No caso de ser concedida a oportuna autorización, a vacinación realizarase coa supervisión de persoal veterinario oficial, permitíndose unicamente a saída de animais cara ao matadoiro, a un cebadeiro para o seu traslado directo ao matadoiro, ou a outras explotacións cun programa vacinal fronte á paratuberculose aprobado, en que os rabaños cumpran idénticas condicións ás establecidas.

As persoas titulares das explotacións comprometeranse a manter a vacinación da recría durante polo menos tres anos consecutivos tras a primeira vacinación e ata que os resultados das probas de PCR realizadas sobre feces sexan resultados negativos. Permitirase a venda de animais vacinados despois deste período, sempre que antes do movemento obteñan un resultado negativo a ELISA anticorpos.

As explotacións vacinadas poderán facer anualmente probas de PCR en feces sobre unha porcentaxe de animais co fin de determinar a existencia ou non de excreción bacteriana que permita avaliar a eficacia do programa vacinal.

7.1.4. Clasificación de explotacións.

O persoal veterinario responsables da ADSG deberá clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2019, nos niveis que se indican a continuación:

– Explotación vacinada: explotación que empregou a vacinación para o control da enfermidade.

– Nivel 0: explotación con animais confirmados de paratuberculose ou cunha porcentaxe de animais positivos a ELISA igual ou superior ao 8 %.

– Ou ben explotacións de nova incorporación das que non se teña información epidemiolóxica.

– Nivel 1: explotación sen animais confirmados e cunha porcentaxe de animais positivos a ELISA menor do 8 %.

– Nivel 2: explotación con 1 ano de mostraxe negativo a ELISA.

– Nivel 3: explotación con 2 anos de mostraxe negativo a ELISA.

– Nivel 4: explotación con 3 ou máis anos de mostraxe negativo a ELISA.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da clasificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

7.2. Control da enfermidade da fronteira (BD).

7.2.1. Obxectivos das probas diagnósticas.

Realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, definíndose as actuacións a realizar en cada un deles en función dos resultados obtidos.

7.2.2. Pautas xerais de actuación.

Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade, realizarase unha mostraxe de 10 animais dos máis novos a partir dos animais mostrexados de paratuberculose.

As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

Actuacións segundo os resultados obtidos:

– Nos rabaños que resulten negativos ao ELISA de anticorpos de BD repetirase a analítica ao ano seguinte.

– Nos rabaños que presenten unha prevalencia da enfermidade superior ao 30 % realizarase un ELISA de anticorpos de BD sobre a totalidade dos animais remitidos para a proba de ELISA de paratuberculose.

– En caso de manterse unha positividade superior ao 30 % deberase realizar unha mostraxe da totalidade do rabaño. Esta proba realizarase sobre pooles de mostras de soro mediante a técnica de PCR para descartar a presenza de animais persistentemente infectados (PI)..

Os animais PI detectados, se os houber, terán o mesmo tratamento xa descrito para os animais PI de BVD da especie bovina.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2019, nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0.

Explotacións con infección activa ou sospeitosas de manter unha infección activa. Con detección de animais PI nos últimos 12 meses ou ben con analíticas que indiquen a posibilidade de presenza de animais PI, sen completar a realización das probas necesarias para descartalos.

Ou ben explotacións de nova incorporación sen información epidemiolóxica.

Nivel 1.

Explotacións con animais entre 9 e 24 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

Nivel 2.

Explotacións con animais de entre 9 e 24 meses negativos a anticorpos anti-p80 durante os últimos 12 meses.

Nivel 3.

Explotacións con animais de entre 9 e 24 meses negativos a anticorpos anti-p80 dende fai 2 ou máis anos.

7.3. Control de incorporacións.

– As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do persoal veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico mediante a técnica de ELISA paratuberculose e ELISA antíxeno e anticorpo de BD de todos os animais de nova incorporación.

– Os animais de nova incorporación deberán ser obxecto de mostraxe na explotación de orixe e no prazo máximo de 30 días previos á incorporación, co fin de evitar incorporacións de animais positivos e a aparición de abrochos na explotación de destino. De non ser posible, serán tomadas mostras no mesmo prazo na explotación de destino onde deberán permanecer en corentena, illados do resto do rabaño, ata polo menos coñecer os resultados das probas analíticas.

– Non se incorporarán ás explotacións da ADSG animais que resulten positivos a ELISA, PCR ou cultivo de paratuberculose e ou ELISA antíxeno ou PCR de BD.

• Se as analíticas realizadas revelan positividade nos animais en corentena, poderase devolver á explotación de orixe nun prazo máximo de 30 días, coa autorización dos servizos veterinarios oficiais, que controlarán o seu posterior destino.

A descendencia dos animais preñados positivos a anticorpos de BD incorporados á explotación deberán ter un seguimento especial que confirme a súa negatividade ao antíxeno de BD antes da súa incorporación como animais de produción.

• Nas explotacións con programa vacinal de paratuberculose os animais incorporados deberán vacinarse, no caso de non proceder dun rabaño vacinado, antes da súa incorporación á explotación.

• Non serán necesarios estes controis cando os animais procedan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo persoal veterinario da ADSG que deberá reflectir os controis a que foron sometidos os animais implicados, que deberán ser, en todo caso, negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

7.1.6. Comunicación de incorporacións.

• As persoas titulares das explotacións comunicarán con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao persoal veterinario responsable da ADSG.

Gando porcino

O persoal veterinario das ADSG de gando porcino levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Programa de control fronte á enfermidade de Aujeszky, seguindo as pautas establecidas na normativa legal vixente ao respecto, e concretamente na aplicación da vacina fronte a dita enfermidade.

O persoal veterinario das ADSG tomará todas as medidas necesarias para conseguir no prazo máis breve posible a cualificación sanitaria fronte á enfermidade de Aujeszky da totalidade das granxas integradas.

Así mesmo, no caso de detectarse a presenza da enfermidade de Aujeszky nunha granxa, o persoal veterinario da ADSG presentará un plan de erradicación da enfermidade. O persoal veterinario será responsable da súa supervisión e correcta execución.

2. Controis serolóxicos nos reprodutores e no cebo, segundo corresponda coa periodicidade e porcentaxe establecidos na normativa vixente ao respecto de PPC, PPA, EVP e enfermidade de Aujeszky.

3. Control da síndrome respiratoria e reprodutiva porcina (PRRS).

4. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

5. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos.

6. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

• A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

• Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

7. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

• O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vados sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

8. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

Avicultura

O persoal veterinario das ADSG de aves levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan nos plans sanitarios de control, seguimento e loita (segundo corresponda) establecidos na normativa vixente e especificamente nos programas oficiais de salmonelose e influenza aviaria.

Dentro do programa sanitario de control de salmonela, especificamente o control e supervisión da realización dos autocontrois establecidos normativamente e a existencia nas explotacións da documentación acreditativa referente a resultados de laboratorio, subministración de aves, alimentos e auga de uso na explotación.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos: plumas, ovos, etc.

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

• A formación aos avicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

• Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a supervisión das mesmas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou nos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de aves ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

• O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. Programa de control de calidade microbiolóxica que permita avaliar o estado sanitario nas incubadoras.

Cunicultura

O persoal veterinario das ADSG de coellos levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

Especificamente, o programa sanitario comprenderá as actuacións de:

1. Colaboración no cumprimento do establecido no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas.

a) Especificamente, levaranse a cabo programas de vixilancia e control específicos dos seguintes procesos infectocontaxiosos:

• Programa de vixilancia e control fronte a mixomatose.

• Programa de vixilancia e control fronte á enfermidade hemorráxica vírica, incluída a nova variante.

• Control de enfermidades micóticas.

• Control das parasitoses externas e internas.

b) Control e asesoramento sanitario nas condicións de bioseguridade estrutural e funcional das explotacións, cun código de boas prácticas de hixiene, con indicación das medidas de bioseguridade que se prevexa adoptar, incluíndo, entre outros:

Un programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

– A formación as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

Un programa de eliminación hixiénica de cadáveres e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

c) O persoal veterinario das ADSG controlará e fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas nas ADSG a formación básica en materia de bioseguridade e benestar animal adecuados para os operarios.

d) Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando nas explotacións da agrupación:

• O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vados sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

Gando équino

O persoal veterinario das ADSG de gando equino levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración co programa de vixilancia das enfermidades recollidas no artigo 8 do Real decreto 804/2011, do 10 de xuño, polo que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o plan sanitario equino.

2. Colaboración no control da arterite viral equina e a metrite contaxiosa equina nos animais reprodutores con servizo a terceiros.

3. Colaboración nos programas de vixilancia e control da febre do nilo occidental.

4. Programa de coñecementos básicos en materia de bioseguridade e benestar animal, axeitados para as persoas ao coidado dos animais.

5. Así mesmo, as paradas de sementais ou outras explotacións en que se leve a cabo a reprodución animal con destino aos animais doutras explotacións comprenderá tamén formación básica na devandita materia.

6. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

7. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos.

8. Actuacións en relación cos programas de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

• A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

• Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto dos programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

9. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

• O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

10. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

Acuicultura continental

O persoal veterinario das ADSG de acuicultura continental levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración co programa de vixilancia da septicemia hemorráxica viral (SHV) e a necrose hematopoiética infecciosa (NHI), e da anemia infecciosa do salmón.

2. Programa de corentena e control sanitario das incorporacións de ovos e crías.

3. Programas de control, mediante profilaxe vacinal ou tratamentos preventivos, das principais enfermidades con transcendencia na acuicultura.

4. Formación e sensibilización dos piscicultores integrantes na ADSG en relación coas enfermidades dos animais acuáticos, especialmente na súa detección precoz.

5. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

6. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do persoal veterinario:

• A formación aos piscicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

• Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

7. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de animais ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación.

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vados sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

Apicultura

O persoal veterinario das ADSG apícolas controlará e fomentará entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de sanidade animal, e noutros aspectos con repercusión na explotación apícola, especificamente:

1. Programa de vixilancia fronte á loque americana.

2. Programa de vixilancia fronte á loque europea.

3. Programa de control e loita fronte á varroose.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de colmeas.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nos apiarios. O programa incluirá as seguintes actuacións do persoal veterinario:

• A formación aos apicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

• Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Vixilancia e control da vespa velutina.

Visóns

O persoal veterinario das ADSG de visóns levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG de visóns levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Programa de loita e control fronte á enfermidade aleutiana do visón ou plasmocitose.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións, en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2019 segundo a clasificación establecida no programa sanitario propio da ADSG.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal, especificamente farase fincapé no cumprimento dos aspectos de protección animal durante o sacrificio na explotación.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos e outros movementos de SANDACH (materia prima de alimentación, etc.).

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

• A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

• Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión delas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de animais nas explotacións da agrupación.

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

Outras especies

1. Deberá cumprirse coas actuacións que correspondan á ADSG en relación cos programas de erradicación de enfermidades e realizar os programas de prevención e control que correspondan fronte ás enfermidades de maior transcendencia económica ou sanitaria na especie de que se trate.

2. O persoal veterinario das ADSG controlará e fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais nas explotacións da agrupación.

Laboratorio de análise

As mostras obtidas na execución dos programas sanitarios obrigatorios remitiranse para a súa análise ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga), ou a outros laboratorios que acrediten ter implantado un sistema de control de calidade, ata o 28 de febreiro de 2019, e teranse en conta para valorar o cumprimento do programa sanitario os informes laboratoriais emitidos na semana seguinte á data de finalización do dito programa sanitario. Neste caso, os kits de diagnóstico para estas enfermidades terán que ter igual ou superior sensibilidade e especificidade que os utilizados no Lasapaga.

O envío de mostras ao Lasapaga realizarase de xeito gradual e proporcionado durante todo o ano, en función do cronograma de actuacións elaborado e ás instrucións que indique o propio laboratorio, non sendo posible superar no número de mostras remitidas durante un mes máis do 15 % do total a enviar por cada ADSG durante todo o ano. O laboratorio poderá en caso necesario rexeitar os envíos de mostras cando se supere o número de mostras permitido.

As ADSG que desexen realizar analíticas correspondentes aos programas sanitarios marco obrigatorios sinalados nesta orde en laboratorios distintos ao Lasapaga deberán comunicar expresamente este feito á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

En todos os casos, os informes dos laboratorios cos resultados analíticos obtidos deberán conservarse a disposición dos servizos veterinarios oficiais da Consellaría do Medio Rural durante un prazo mínimo de dous anos.

Programas sanitarios complementarios

As ADSG que o desexen poderán desenvolver un programa sanitario adicional, complementario ao programa sanitario marco obrigatorio, este programa sanitario adicional debe estar aprobado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, logo de consulta co Lasapaga. En calquera caso será o Lasapaga quen determinará o número e a frecuencia da mostraxe, logo de estudo da solicitude.

En todo caso, a aprobación de programas sanitarios complementarios estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria e de medios persoais e materiais do laboratorio, non realizándose nas analíticas correspondentes ao diagnóstico das enfermidades incluídas neles a redución de taxas recollida para os programas sanitarios obrigatorios.

Presentación dos programas

Os programas sanitarios presentados polas ADSG incluirán:

– No caso de programas de control de enfermidades, explicación detallada das pautas dos tratamentos ou vacinacións para realizar, incluíndo a frecuencia das aplicacións destas, segundo os distintos tipos de animais da explotación e os produtos que se van utilizar.

– No caso dos programas de limpidez, desinfección, desinsectación e desratización, explicación detallada dos produtos que se van utilizar e das súas pautas de aplicación.

En todos os casos, farase unha valoración económica detallada do custo deste programa, segundo as pautas establecidas.

Mostraxe estadística de animais novos segundo o tamaño do grupo.
Detección dun animal positivo cunha confianza do 95 %
e unha a prevalencia esperada do 10 %

Tamaño do grupo

Nº de animais novos para mostrexar

<10

Todos

11-12

11

13

12

14-15

13

16-17

14

18-19

15

20–24

16

25–34

20

35–44

21

45–69

23

70–89

24

90–110

25

>110

26

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file