Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, fase 2.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Nº de expediente 5.130-440.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras incluídas no proxecto de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, fase 2, corona circular exterior.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 10 meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.322.314 euros, IVE que soportará a Administración: 277.686,00 euros. Orzamento total: 1.600.000,00 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: sí (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 3 e grupo E (hidráulicas), subgrupo 1, categoría 3. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 3 e grupo E (hidráulicas), subgrupo 1, categoría 3.

8. Presentación de ofertas. Prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG..

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de variantes: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: _

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 22 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación