Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01, actuación 6.1.1.1.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=241441

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 44/2017 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución/entrega: cláusula 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

e) Prazo de entrega: cláusula 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 34928480-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 460.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 460.000,00 euros. Importe total: 556.600,00 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 23.000,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 6 de febreiro de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Domicilio: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 28 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio