Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación LMT, CT e RBT Fiolleda-Figueira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no BOE» mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada LMT, CT e RBT Fiolleda-Figueira que terá lugar na Casa do Concello de Monforte de Lemos como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 28 de decembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 003/2016 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Fiolleda-Figueira.

Concello: Monforte de Lemos.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

4

26

41

Alejandro López Rguez.

5.2.2018

10.00

6

26

39

Fco. Fernández López

5.2.2018

10.00

10

26

33

Hrdos. de Teresa Fdez. López

5.2.2018

10.00

11

26

32

Carmen Somoza

5.2.2018

10.00

14

26

26

Descoñecido

5.2.2018

10.00

16

26

25

Pejerto Rguez. Valcárcel

5.2.2018

10.00

40

19

5

Manuel Rguez.

5.2.2018

10.00