Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as citacións do procedemento BS611A (expediente LU-0000047611 e tres máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación das citacións, sen ser posible por causas non imputables á Administración, emprázanse as persoas citadas no anexo para comparecer nos procedementos indicados.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia desta, no prazo de dez días (10) contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, de non presentarse á cita, de acordo co establecido no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable aos interesados, e acordarase o arquivo das actuacións, logo da resolución que será notificada aos interesados.

Lugo, 14 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000047611

Olga Salgueiro González

(34114674-Q)

Citación

12.9.2017

LU-0000047915

María Carmen Soengas Rojo

(33716838-B)

Citación

14.8.2017

LU-0000047766

Pablo Sánchez Villaravid

(33334797-T)

Citación

6.6.2017

LU-0000047322

María Dolores Sánchez Domínguez

(34260994-X)

Citación

28.12.2016