Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4013

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2018

A Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
P.S. (Acordo do 30.6.2017)
Luis Ángel León Mateos
Director da Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

16.6.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Ingada para a difusión e fomento entre os profesionais sanitarios dun programa de formación para o tratamento dos pacientes con trastorno por déficit de atención e hiperactividade

3.550,00 €

1.12.2017