Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4106

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre no ámbito do solo apto para urbanizar residencial denso número 1 A Barcala.

Por acordo do Pleno da Corporación do 28 de decembro de 2017 aprobouse inicialmente a modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre no ámbito do solo apto para urbanizar residencial denso número 1 A Barcala (SAU-RD1), redactada polo arquitecto José Mantiñán Soler, o que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto este instrumento de ordenación como o seu expediente sométense a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguiente ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello de lunes a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, no dito acordo plenario acordouse a suspensión do outorgamento de títulos habilitantes de naturaleza urbanística ou de actividades, xa sexan licenzas ou comunicacións previas, no ámbito territorial obxecto desta modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento durante o prazo máximo de dous anos contado a partir da data da aprobación inicial deste instrumento de ordenación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Cambre, 11 de xaneiro de 2018

Óscar A. García Patiño
Alcalde