Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da subministración de monitores e estacións de traballo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración electrónica. Nº de expediente: 8.364-113.

2. Obxecto do contrato: a adquisición de monitores e estacións de traballo (estacións de traballo ofimática e estacións de traballo para CAD) para a actualización do parque de equipamento informático dedicado ao usuario final do Concello de Vigo.

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 90 días. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 66.115,70.euros, IVE que soportará a Administración: 13.884,30 euros. Orzamento total: 80.000,00 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou, no caso de que o contrato se licite por lotes, ao lote ou lotes a que presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por un importe igual ou superior ao prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de variantes: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: _

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación