Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de decembro de 2017 pola que se notifica a resolución do expediente de caducidade de autorización de atracada número P4-23B nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ribadeo.

Con data do 1 de decembro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013 (DOG núm. 153, do 12 de agosto), polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Gervasio Cao Expósito.

Intentada a notificación no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao exercicio do ano 2015, e os tres primeiros trimestres do ano 2016.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada, e a obriga de retirar de ser o caso, e baixo a advertencia de execución subsidiaria, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra esta, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia