Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o apercibimento pola situación de abandono da explotación Mormeau, número 4287, sita no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

Á vista dos datos que se encontran na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do resultado das inspeccións realizadas en varias ocasións polos técnicos facultativos adscritos a ela, ponse en coñecemento que a explotación número 4287, Mormeau, sita no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense, da cal é titular a mercantil Pizarras del Eje, S.A., con último enderezo social coñecido na estrada N-536, p.q. 42.9, Sobradelo de Valdeorras (Ourense), se encontra na situación de abandono, sen que se adoptasen as medidas de seguridade para o seu peche e clausura definitivos, segundo o establecido no artigo 88 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o artigo 112 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Dado que a situación de embargo en que se atopa a empresa non exime o titular das súas obrigas en materia de seguridade, requíreselle que, no prazo de 30 días, presente un proxecto para o abandono dos labores no cal se recollan as medidas precisas para garantir a seguridade das persoas e bens segundo o previsto na Orde do 22 de marzo de 1998 pola que se aproba a instrución técnica complementaria ITC 13.0.01 (suspensión e abandono de labores) do Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira (BOE núm. 85, do 8.4.1988) e proceda á execución da restauración.

De non dar cumprimento a este requirimento, adoptarase o pertinente acordo de execución subsidiaria para adoptar as medidas de seguridade que se consideren necesarias para salvagardar os intereses e seguridade de terceiros, con posterior reintegro dos gastos polo titular, sen prexuízo das sancións administrativas e as responsabilidades en que se poida incorrer, segundo a Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (BOE núm. 165, do 9 de xullo).

Intentada a notificación á interesada anteriormente citado por esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, prevista no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do deber de presentar o regulamentario proxecto, e ao non ser posible por domicilio descoñecido, procédese á súa publicación en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 28 de decembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense