Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible efectualas, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.
Pontevedra, 22 de decembro de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: 10766.
Interesada: da Silva Rodrigues, Lucimar.
NIE/DNI/PAS: FP404581.
Último enderezo coñecido: rúa Vidales Tomé, 16, 3º E, 36860 Ponteareas.
Nº de expediente: 10966.
Interesada: Muñoz Velasco, Quely Yesenia.
NIE/DNI/PAS: AT550633.
Último enderezo coñecido: Bda. Mestre Chane, 8, bx. G, 36206 Vigo.
Nº de expediente: 11103.
Interesada: Rea Herrera, Rosario Janet.
NIE/DNI/PAS: 116197388.
Último enderezo coñecido: rúa Barcelona 73, 5º esq., 36211 Vigo.
Nº de expediente: 11138.
Interesado: Vega –, Juan Daniel.
NIE/DNI/PAS: AS193298.
Último enderezo coñecido: rúa Beleco 24, 2º D, 36630 Cambados.
Nº de expediente: 11238.
Interesada: Silva Sousa, Gabriela Lorena.
NIE/DNI/PAS: FM666594.
Último enderezo coñecido: rúa San Antoniño, 28, 4º C, 36002 Pontevedra.