Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4696

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de xaneiro de 2018 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 8 de novembro de 2017.

Por Orde do 8 de novembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro de 2017, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 8 de novembro de 2017 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Paula María Camba Loureda.

Número de rexistro de persoal: 3489715713 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: xefe de auditoría.

Código do posto: FCC030003136560001.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Vigo.