Mediante a Orde do 3 de maio de 2017 (DOG do 18 de maio), regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo durante o ano 2017.
O artigo 11 establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará o anuncio da exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno/a, no Diario Oficial de Galicia.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2017, prazo outubro, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Oficina de Atención ao Cidadán, e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria