Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (647/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 647/2015 por instancia de Jesús López Sánchez contra a empresa Sumtec, S.L., o seu administrador concursal, a empresa Puertas Blindex, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou sentenza o 5.12.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda de reclamación de cantidade interposta por Jesús López Sánchez fronte ás empresas Sumtec, S.L., o seu administrador concursal, Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvense as empresas Puertas Blindex, S.L. e Bianvier Sociedad de Inversiones, S.L. das pretensións fronte a elas exercidas.

– Condénanse solidariamente ás empresas Sumtec, S.L. e General Panels, S.L. a aboar ao traballador a cantidade vinte e dous mil catrocentos noventa e oito euros con sesenta e sete céntimos de euro (22.498,67 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal de Sumtec, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

A secretaria xudicial