Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (799/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 799/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Teixeira Cameán contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Alejandro Teixeira Cameán, contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., debo condenar e condeno a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. a aboarlle ao demandante a suma de 7.659,50 euros polos conceptos indicados no feito probado sétimo desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como a aboarlle ao demandante as cantidades que polos mesmos conceptos siga percibindo desde o 1 de setembro de 2015 e ata que se efectúe a regularización das súas nóminas.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza