Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información dos servizos de transporte público regular que dea soporte á súa xestión baixo demanda, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0060).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto é a contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información dos servizos de transporte público regular que dea soporte á súa xestión baixo demanda.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 23.6.2017.

DOUE: 22.6.2017.

BOE: 4.7.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 231.404,96 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 231.404,96 €, máis 48.595,04 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 280.000,00 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático OT02 Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas, prioridade de investimento 2.3 O reforzo das aplicacións das TIC para a administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo específico 2.3.1 Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saúde; liña de actuación 2.3.1.6 Modernización da xestión e vertebración do territorio.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 27.10.2017.

c) Contratista: Balidea Consulting and Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 229.600,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia