Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de análise, deseño, desenvolvemento e implantación do Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0037).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto é a contratación do servizo de análise, deseño, desenvolvemento e implantación do Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22.6.2017.

DOUE: 21.6.2017.

BOE: 1.7.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.289.376,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 716.320,00 €, máis 150.427,20,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 866.747,20 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 2 Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións das TIC para a administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo específico 2.3.2 Reforzar o e-goberno, a e-cultura e a confianza no eido dixital; liña de actuación 2.3.2.1. Plan de administración e goberno dixitais (PAGD), horizonte 2020; operación: tramitación electrónica integral.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 30.10.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 736.224,48 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia