Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 4940

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2018.

O Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, mediante o cal se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios, completado polo Regulamento delegado (UE) 2016/1149, da Comisión, e polo Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, regula os programas nacionais de apoio no sector vitivinícola que os Estados membros poden presentar á Comisión.

No ámbito estatal está prevista a publicación dunha normativa básica para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2018. O código do procedemento é o MR440D.

Capítulo I

Bases reguladoras para a concesión das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 2. Tipos de accións e duración dos programas

1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países mencionadas no artigo 45 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 poderán incluír calquera das accións e actividades relacionadas no anexo III desta orde.

2. Estas accións deberanse levar a cabo no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolven nun ou en varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

3. Para cada período de programación, os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos para un determinado beneficiario nun terceiro país ou mercado dun terceiro país. Non obstante, se os efectos do programa o xustifican, poderase prorrogar unha vez por un máximo de dous anos, ou dúas veces por un máximo dun ano cada prórroga, logo de solicitude, de acordo co previsto no artigo 8.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas en que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas a nivel nacional de acordo cos artigos 157 e 158 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e recoñecidas por España segundo o disposto na Lei 38/1994, do 30 de decembro, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.

d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, e que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e de nominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño. Entenderanse como tales as agrupacións de produtores, persoas físicas o xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de persoalidade xurídica, poida levar a cabo os proxectos ou actividades para os cales se agruparon. Actuarán de conformidade co artigo 11.3 da Lei 38/2013, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de produtos e mercados en terceiros países.

No caso das asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artígo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude ata o cesamento das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. Os beneficiarios deberán demostrar, en función do persoal de que dispoñen e, de ser o caso, do tamaño da empresa e a súa experiencia profesional nos últimos anos, que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio con terceiros países, e que contan cos recursos financeiros e de persoal suficientes para asegurar que a medida se aplica o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada, unha vez concluída.

Artigo 4. Produtos e países admisibles

1. Poderán ser obxecto das accións de información e promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

a) Viños con denominación de orixe protexida.

b) Viños con indicación xeográfica protexida.

c) Viños nos cales se indique a variedade de uva de vinificación.

2. Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países; serán prioritarios os recollidos no anexo VII.

Artigo 5. Características das accións e programas

1. As accións e programas estarán claramente definidos e especificarán o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 1 de xuño de cada ano.

3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.

4. No caso dos viños que conten con calidade diferenciada, deberá especificarse a orixe do produto como parte das accións ou programas de información e promoción.

5. Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, se é o caso, poderán formar parte da mensaxe.

6. Anualmente poderán establecerse directrices sobre as campañas de información e de promoción derivadas da aplicación da normativa básica estatal na materia, e que se regularán polo disposto nesta sección.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción indicadas no anexo III desta orde, coas limitacións sinaladas nos números seguintes.

2. Poderanse considerar subvencionables os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desa operación subvencionada concreta, incluída a avaliación. Estes custos de persoal inclúen os custos do persoal contratado polo beneficiario especificamente con motivo da operación e os custos correspondentes á proporción das horas de traballo investidas na operación por parte do persoal permanente do beneficiario.

3. Tamén serán subvencionables os gastos administrativos do beneficiario, sempre que tales gastos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. Estes gastos incluirán, de ser o caso, os correspondentes ao certificado dos estados financeiros.

4. As condicións para a subvencionabilidade destes e doutros gastos son as establecidas no anexo VIII desta orde.

5. En todo caso, todo gasto será subvencionable sempre que:

a) Se fixese a actividade promocional subvencionada que orixina o gasto dentro da anualidade do programa, isto é, entre o 1 de xuño e o 31 de maio, e

b) O gasto fose efectivamente pagado polo beneficiario con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, é dicir, antes do 1 de xullo.

6. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta orde.

Artigo 7. Outros requisitos

O solicitante debe garantir que todos os custos propostos da operación presentada non superan os prezos normais do mercado. En todo caso, e para os efectos da súa comprobación, o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores para todos os gastos superiores a 2.000 €, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica más vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como a data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e contrasinal Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria que deberá conter, polo menos, a información prevista no anexo II.

– Copia do poder ou acordo do órgano competente, se é o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes na data da solicitude.

– Copia das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe xuntarse ademais un certificado do Consello Regulador que indique o viño dispoñible.

– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo X debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.

– De ser o caso, certificación ambiental segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) Nº 1221/2009), a Norma ISO 14.001, o certificado Wineries for Climate Protection.

– No caso de prórroga dun programa, de acordo co parágrafo 3 do artigo 2, ademais da documentación prevista nos parágrafos 1 e 4 deste artigo, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. O referido informe conterá, polo menos, información relativa aos efectos no mercado de destino do programa desenvolto, ademais de detallar as razóns para solicitar a prórroga.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente.

4. As accións e programas presentados deberán conter, polo menos, a información prevista no anexo II Memoria e:

– Cumprir o disposto nesta orde.

– Respectar a normativa da Unión Europea relativa aos produtos considerados e á súa comercialización.

– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que se poida avaliar a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.

– Especificar os medios propios ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando a solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI no caso de persoa física.

b) Declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos soamente.

c) Acreditación de estar ao dia nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao dia nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao dia nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado/a no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes

7. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda), de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persona interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9. Os beneficiarios que teñan a intención de achegar certificados dos estados financeiros coas súas solicitudes de pagamento deberán notificalo á autoridade competente no momento da presentación da súa solicitude de axuda. Estes estados financeiros poderán consistir nas contas anuais do beneficiario, en función das obrigas contables correspondentes a este, segundo a súa personalidade física ou xurídica, ou noutro tipo de documentos.

Artigo 9. Instrución

1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a instrución do procedemento. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, a unidade correspondente da referida dirección xeral requirirá o interesado para que nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, se é o caso, o de emenda establecido no punto anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total da inversión, nin incluíndo novos países nin accións para as cales se solicita axuda.

3. A tramitación das solicitudes constará dunha primeira fase en que se verificará a súa admisibilidade mediante a comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos, en particular os establecidos no artigo 10 do Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, polo que se completa o Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no referente aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) 555/2008 da Comisión. As solicitudes que non cumpran eses requisitos non serán admitidas.

As solicitudes que superen esta primeira fase pasarán a unha segunda de priorización, en que se valorarán as solicitudes utilizando os criterios de priorización indicados no anexo V desta orde. Para estes efectos, as solicitudes serán valoradas por unha comisión de valoración constituída da seguinte forma:

– Presidente: o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

– Vogais: dous funcionarios do Servizo de Industrialización e Comercialización.

– Secretario: un funcionario do dito servizo, que actuará con voz e sen voto.

4. A comisión de valoración emitirá un informe coa valoración das solicitudes aplicando os criterios de priorización establecidos, que elevará á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Esta dirección xeral elaborará unha lista provisional coas accións e programas ordenados por puntos, que remitirá ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente antes do 15 de abril de cada ano. Serán excluídos os programas cuxa puntuación non acade 25 puntos.

5. Conforme o previsto na normativa básica estatal, no seo da Mesa de Promoción Alimentaria, aprobada na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 19 de febreiro de 2007, integrada por representantes do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e das comunidades autónomas, constituirase unha Comisión nacional de selección de programas.

Esta Comisión nacional poderá, para cada exercicio Feaga e a partir das listas provisionais remitidas polas comunidades autónomas, propoñer á Conferencia Sectorial, segundo proceda:

a) Cando o gasto total previsto nas solicitudes preseleccionadas non exceda o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida, elaborarase unha lista definitiva de programas, que incluirá só aqueles cuxa puntuación sexa maior ou igual a 25 puntos, e proporase para eles a axuda máxima prevista no artigo 12.

b) Cando o gasto previsto nas solicitudes seleccionadas implique unha axuda (segundo o máximo previsto no artigo 12) que exceda o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida, para aqueles programas cuxa puntuación sexa maior ou igual a 25 puntos, optarase por unha das seguintes opcions:

1º. Conceder a axuda máxima prevista no artígo 12, por orde de puntuación, ata esgotar a ficha financeira.

2º. Diminuír a axuda máxima prevista no artígo 13.2. ata nun máximo de 15 puntos porcentuais, ata esgotar o orzamento da ficha financeira.

En caso de empate, segundo as puntuacións obtidas de acordo co anexo V serán prioritarios, en primeiro lugar, os programas con maior puntuación no punto 1.a). En caso de continuar o empate, en segundo lugar os de maior puntuación no punto 2.a), e en terceiro lugar os que teñan máis puntos no punto 2 c).

No caso de que exista suficiente dispoñibilidade financeira e sempre que os seus programas obtivesen unha puntuación maior ou igual a 25 puntos, os organismos públicos e as empresas vinícolas que sexan exclusivamente comercializadoras poderán ser incluídos na lista definitiva de programas. No caso de que se optase por aplicar un rateo da axuda, estes programas poderán ser incluidos na lista definitiva aplicándolles o rateo menor.

Artigo 10. Resolución

1. Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial a lista definitiva das accións e programas seleccionados e as condicións establecidas para eles, as solicitudes correspondentes á Comunidade Autónoma serán resoltas pola persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo máximo de 6 meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o prazo de seis meses sen terse notificado aos interesados resolución ningunha, estes poderán entender desestimada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Para o caso previsto no punto 5.b) do artigo anterior, as resolucións poderán facer referencia á aplicación dun rateo e, en tal caso, cando haxa desistencias ou modificacións autorizadas de acordo co artigo 11, a Consellería do Medio Rural poderá realizar resolucións complementarias de acordo co previsto no número 6 do presente artigo.

3. A resolución de concesión indicará os gastos considerados como subvencionables, así como as condicións xerais e particulares que se consideren necesarias para garantir o cumprimento dos obxectivos da axuda. Especificamente, indicará o prazo máximo para a realización e xustificación dos gastos efectuados.

Esta resolución de concesión indicará tamén expresamente a procedencia dos fondos.

4. As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

5. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicarán á Consellería do Medio Rural, no prazo máximo de dous meses, a aceptación da resolución nos termos establecidos, así como a xustificación da constitución dunha garantía, de acordo coas condicións previstas no Regulamento delegado (UE) 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no relativo aos organismos pagadores e outros órganos, á xestión financeira, á liquidación de contas, ás garantías e ao uso do euro, por un importe non inferior ao 15 % do montante anual do financiamento da Unión Europea, co fin de asegurar a correcta execución do programa.

No caso de que os beneficiarios sexan organismos públicos, estes estarán exentos de cumprir co requisito de ter que depositar a garantía de boa execución, tal e como establece o Regulamento (UE) 1306/2013.

6. A obriga, segundo o artigo 66, número 1, do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, do 17 de decembro de 2013, será a execución de, polo menos, o 50 por cento do orzamento total do programa obxecto da última resolución favorable. Por debaixo deste executarase totalmente a garantía de boa execución, ademais de non pagar a parte executada independentemente da porcentaxe que sexa.

7. No caso de producirse desistencias de beneficiarios con resolución estimatoria, ou de existir modificacións autorizadas de acordo co artigo 11, a comunidade autónoma enviará, como moi tarde o 1 de marzo de cada ano, a lista de programas revisada de acordo coas ditas desistencias e modificacións, para os efectos de coñecer os fondos que se liberen.

No caso de que se aplicase un rateo da axuda e existan fondos sobrantes durante a execución dos programas, poderase propoñer á Comisión nacional de selección de programas a repartición dos ditos fondos con ámbito nacional, co fin de mellorar a dotación financeira dos programas que non fosen obxecto de desistencia nin modificación, agás se son debidas a pequenas modificacións. Os criterios de repartición destes fondos serán establecidos pola Conferencia Sectorial para cada exercicio en función das necesidades.

Artigo 11. Modificacións

1. Antes da presentación da solicitude de pagamento final, antes dos controis sobre o terreo previos ao pagamento final e, en todo caso, antes da finalización da execución do programa, os beneficiarios poderán presentar modificacións dos programas inicialmente seleccionados, sempre que non comprometan os obxectivos dos programas no seu conxunto, non se modifiquen á alza os orzamentos dos programas, non supoñan cambios na admisibilidade, nin variacións da puntuación á baixa, estean debidamente xustificadas, se comuniquen á Consellería do Medio Rural antes do 31 de decembro do ano de aprobación da axuda e estean autorizadas por ela. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos países nin o incremento do orzamento aprobado para o total do programa.

2. Non obstante, poderase permitir que se efectúen de forma automática, sen autorización previa da consellería, pequenas modificacións dentro do importe da axuda subvencionable autorizada na última resolución vixente, sempre que se cumpran os requisitos do parágrafo anterior.

3. Para os efectos previstos no número 2, entenderanse como pequenas m odificacións, entre outras, os seguintes supostos:

a) As transferencias financeiras entre as accións dun programa xa aprobado ata un máximo do 20 % do importe autorizado na última resolución vixente para cada acción, sempre que non se supere o importe total da axuda autorizada para o programa.

b) As modificacións á baixa do orzamento do programa autorizado na última resolución vixente dentro do límite do 20 % sempre que sexan debidas exclusivamente a aforros orzamentarios, e se executen todas as accións; serán admisibles mesmo se esas modificacións supoñen unha diminución da puntuación do programa.

Tales circunstancias deberán estar debidamente acreditadas e serán comunicadas á Consellería do Medio Rural antes do 31 de decembro do ano de aprobación da axuda.

4. A comunidade autónoma comunicará ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, antes do 1 de febreiro de cada ano, as modificacións producidas e que afecten as anualidades en curso.

Artigo 12. Financiamento das axudas

1. O financiamento da Unión Europea das accións previstas nesta orde realizaranse de conformidade co artigo 4 do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola comunitaria.

2. A participación financeira da Unión nos programas seleccionados non poderá superar o 50 por cento dos gastos subvencionables. Nos programas de dous ou tres anos de duración o referido límite considerarase para cada ano de execución.

3. Só se concederá a porcentaxe de axuda aprobado na última resolución vixente cando o grao de execución do orzamento do programa obxecto de resolución alcance, polo menos, o 70 por cento.

Se a execución do dito orzamento se atopa entre o 50 e o 70 por cento, aplicaranse os seguintes tramos de intensidade de axuda aos gastos subvencionables:

a) Un 40 por cento de intensidade da axuda se a execución é maior ou igual ao 65 por cento e menor do 70 por cento.

b) Un 30 por cento de intensidade de axuda se a execución é maior ou igual ao 60 e menor do 65 por cento.

c) Un 20 por cento de intensidad de axuda se a execución é maior ou igual ao 55 e menor do 60 por cento.

d) Un 10 por cento de intensidad de axuda se a execución é maior ou igual ao 50 e menor do 55 por cento.

Non se concederá axuda e executarase a garantía depositada se o grao de execución está por debaixo do 50 por cento.

4. A contía máxima de axuda solicitada por beneficiario non poderá superar o 5 % do orzamento total destinado a esta medida na ficha financeira do programa de apoio para o exercicio correspondente. Esta limitación so será aplicable aos beneficiarios recollidos na alínea a) do artigo 3.

5. A achega económica dos beneficiarios poderá proceder de tarifas ou contribucións obrigatorias.

Artigo 13. Anticipos

1. O beneficiario, se non é un organismo público, poderá presentar á Consellería do Medio Rural unha solicitude de anticipo que poderá alcanzar o 80 % do importe da contribución anual da Unión Europea.

2. O pagamento dun anticipo supeditarase á constitución dunha garantía por un importe igual ao 100 % do dito anticipo, de conformidade co Regulamento delegado (UE) 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo.

3. A garantía será liberada cando a Consellería do Medio Rural recoñeza o dereito definitivo a percibir o importe anticipado.

Artigo 14. Pagamentos

1. Poderase solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución da Unión Europea anual. As solicitudes referiranse ás accións realizadas e pagadas.

2. Todos os pagamentos deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusividade a este fin, agás as excepcións detalladas a continuación:

– Gastos de manutención cando se soliciten a tanto global.

– Gastos xerais do beneficiario: sempre que se reservase unha partida específica para eles no orzamento recapitulativo do programa aprobado.

– Gastos de Seguridade Social e do IRPF.

– Pagamentos de nóminas.

– Viño empregado como material promocional.

– Pagamentos por compensación. Xa que se trata dunha práctica comercial habitual no sector, poderase aceptar o pagamento das facturas de accións de promoción mediante compensación con outras facturas emitidas polo beneficiario ao executor de tales accións, sempre que se achegue xunto coa solicitude de pagamento, a seguinte documentación:

• Un certificado do emisor da factura polas accións de promoción que deixe constancia do seu cobramento, e no cal se identifiquen:

▪ Os datos do beneficiario.

▪ As facturas obxecto de compensación.

▪ O importe compensado.

▪ Copia das facturas que emitise con cargo ao executor das medidas de promoción e que servisen para efectuar a compensación, para efectos da comprobación da veracidade dos pagamentos compensados.

3. As solicitudes de pagamentos intermedios deberán presentarse ante a Consellería do Medio Rural antes de que conclúa o mes seguinte a aquel en que finalice cada período de catro meses, a partir do 1 de xuño. Estes pagamentos terán o carácter de pagamentos á conta. Cando se tramite un pagamento á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar, con anterioridade ao pago da axuda, unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes ao final do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobado o cumprimento de todos os requisitos para o pagamento da axuda.

4. Os pagos intermedios e o pagamento do anticipo previsto no artigo anterior non poderán exceder no seu conxunto o 80 por cento do total da contribución da Unión Europea.

5. Unha vez finalizadas as accións de cada anualidade e, antes do 1 de xullo de ese ano, o beneficiario solicitará o pagamento da axuda e presentará a seguinte documentación:

a) Un informe resumo das actuacións desagregadas en actividades co correspondente importe orzamentario e o custo final de cada unha delas, e unha avaliación dos resultados obtidos que poidan verificarse na data do informe.

b) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo XI, xunto cos orixinais das facturas e xustificantes dos pagamentos realizados. No caso de accións cuxa execución se subcontrate a provedores de servizo, deberase xuntar factura do dito provedor e proba do seu pagamento efectivo.

c) Declaración responsable relativa á conta bancaria mencionada no número 2 (nome do banco, sucursal e codificación bancaria), así como extracto bancario desta en que se poida comprobar a realización dos pagamentos xustificados mediante as facturas citadas na letra b) do presente punto.

d) No caso de material promocional, de información e publicitario (catálogos, folletos, carteis, etc. …), deberase presentar un exemplar orixinal deste. Ademais, o beneficiario deberá presentar unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material coa normativa da Unión Europea e que se cumpre a normativa de aplicación correspondente.

e) No caso de estudos de mercado e de avaliación de resultados deberase presentar unha copia do estudo ou informe realizado.

f) No caso de incluírse novos gastos admisibles non previstos na concesión da axuda, deberá achegarse a relación das ofertas solicitadas e elixidas para estes seguindo o modelo do anexo X, xunto coa copia de todas as ofertas solicitadas incluídas na dita relación.

g) Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.

6. Así mesmo, de cara á xustificación técnica das accións, poderánselle solicitar ao beneficiario medios de proba da realización das accións promocionais.

7. A comunidade autónoma realizará o pagamento nun prazo máximo de 75 días desde a recepción completa da solicitude de pagamento.

Artigo 15. Incumprimento da resolución de concesión

Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executa e xustifica todos os conceptos dos gastos aprobados nos prazos establecidos, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederá aboarlle a totalidade da subvención concedida.

No caso contrario, existirá un incumprimento, polo que se aplicarán os seguintes criterios:

– Cando o beneficiario realice parcialmente e xustifique nos prazos establecidos as actuacións obxecto da axuda, aboaráselle a subvención proporcional correspondente sempre que estea relacionada con actuacións finalizadas, xustifique polo menos o 70 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpra o resto das condicións establecidas.

– Cando o beneficiario execute entre o 50 % e o 70 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpra o resto das condicións establecidas, a subvención que se lle aboará determinarase conforme o establecido no número 3 do artigo 12 desta orde.

– Cando o beneficiario non realice ou xustifique nos prazos establecidos ningunha das actuacións obxecto da axuda, ou ben se a dita execución ou xustificación non acada como mínimo o 50 % do orzamento total obxecto da resolución favorable, existirá un incumprimento total e non se lle pagará ningunha axuda.

Artigo 16. Pagamentos indebidos e sancións

1. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 40 do Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016. O tipo de xuro aplicable será o de mora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da vide e do viño; nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Artigo 17. Controis

1. A Consellería do Medio Rural adoptará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control, que deberá establecer o Fondo Español de Garantía Agraria, en colaboración coas comunidades autónomas. Para eses efectos, os beneficiarios das axudas deberán conservar a documentación relacionada coas operacións obxecto de axuda.

2. Efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento.

3. Anualmente realizarase un plan de controis sobre o terreo que incluirá unha mostra de, polo menos, o 5 por cento das solicitudes seleccionadas, así como o 5 por cento dos importes para os cales se solicite axuda. Esta mostra será seleccionada cada ano sobre a base dunha análise de riscos e da representatividade das solicitudes de axuda presentadas. A eficacia da análise de riscos avaliarase e actualizarase anualmente de acordo co disposto no artigo 34.1 do Regulamento de execución (UE) 2016/1150.

A representatividade das solicitudes antes referidas garantirase seleccionando de forma aleatoria entre un 20 % e un 25 % do número mínimo de beneficiarios que deban ser sometidos a controis sobre o terreo. Levarase un rexistro dos motivos que conducisen á selección dun beneficiario determinado para os controis sobre o terreo. O inspector que realice o control sobre o terreo será informado deses motivos antes de iniciar o control.

4. Os controis sobre o terreo terán por obxecto a verificación da realidade e subvencionabilidade dos gastos e consistirán no cotexo das facturas e xustificantes presentados cos rexistros contables e, de ser o caso, outros documentos xustificativos.

Na contabilidade xeral do beneficiario comprobarase que non se perciben axudas recollidas no artigo 16.2 do Regulamento (UE) 1305/2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se deroga o Regulamento (CE) 1698/2005, ou do Regulamento (UE) 1144/2014 sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se deroga o Regulamento (CE) 3/2008 do Consello.

5. Poderán realizarse controis sobre o terreo dos programas de información e promoción nas dependencias do beneficiario ou da entidade que executa as accións de promoción ás cales o beneficiario confiase a aplicación do programa de información ou promoción ou de partes dela. Os controis sobre o terreo poderanse anunciar cunha antelación máxima de 14 días.

Durante estes controis sobre o terreo, os inspectores poderán comprobar unha mostra equivalente, como mínimo, ao 30 % do importe da axuda solicitada e, como mínimo, ao 5 % do total das facturas ou outros xustificantes presentados ou cubertos polo certificado dos estados financeiros aportados ata o momento no que se efectúa o control sobre o terreo.

6. Ademais dos controis indicados nos números anteriores, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

7. Antes do 15 de xaneiro de cada ano, a comunidade autónoma remitirá ao Fondo Español de Garantía Agraria un informe anual sobre os controis executados durante o exercicio financeiro anterior.

Artigo 18. Comprobación do material

Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas tanto coa normativa comunitaria como coa lexislación do terceiro país en que se desenvolve o programa. Para iso o beneficiario presentará ante a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente, así como evidencias da proba de chegada a destino do material promocional utilizado por parte do destinatario no terceiro país, sempre que sexa susceptible de ser utilizado noutro mercado distinto ao país de destino.

O beneficiario deberá presentar, así mesmo, un exemplar do material promocional, de información e publicitario subvencionado.

Artigo 19. Obrigas do beneficiario

O beneficiario deberá cumprir coas obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

Artigo 20. Compatibilidade das axudas

1. Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de resenvolvemento rural ao amparo do Regulamento (UE) 1305/2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural. Tampouco se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio os programas simples de información e de promoción de viño asociado a outros produtos agroalimentarios ou os programas múltiples de información e promoción do viño, regulados ao abeiro do Regulamento (UE) 1144/2014 sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 3/2008.

2. A percepción das subvencións previstas nesta orde para financiar a operación presentada será incompatible coa de calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 21. Comunicación relativa aos anticipos

Para os anticipos concedidos segundo o artigo 13, o beneficiario deberá realizar cada ano ao organismo pagador antes do 31 de xullo, xunto coa solicitude do pagamento do saldo da anualidade correspondente, unha declaración dos gastos que xustifiquen o uso dos anticipos na anualidade correspondente e a confirmación do saldo restante do anticipo non utilizado. Esta declaración non será necesaria no caso de beneficiarios de operacións para os cales a contribución da Unión sexa inferior a 5.000.000 de euros.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 23. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxectivo é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro á Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural, Secretaría Xeral Técnica, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Artigo 24. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, á conta de correo e/ou teléfono móbil que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcurresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Capítulo II

Convocatoria das axudas para execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 25. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2018.

Artigo 26. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axuda para esta convocatoria deberán presentarse antes do 15 de febreiro de 2018.

Artigo 27. Gastos atendibles na convocatoria de 2018

Para a convocatoria de 2018 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de xuño de 2018 e o 31 de maio de 2019.

Artigo 28. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase con cargo ao concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, cunha dotación de 1.000.000 €, e para o ano 2019 cunha dotación de 700.000 €.

Esta dotación poderá verse incrementada nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asi como cos fondos transferidos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a súa eficacia queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2018 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

Así mesmo, a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Disposición adicional primera

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 e o Regulamento (CE) 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño, e das súas modificacións posteriores; na normativa básica estatal relativa á aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de enero, que a desenvolve.

Disposición adicional segunda

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do citado artigo serán comunicadas á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do estracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición adicional terceira

En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase o/a director/a xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Memoria

I. Formulario do beneficiario.

Encher un único formulario por beneficiario.

1. Beneficiario.

1.1. Presentación.

Nome, enderezo, enderezo de correo electrónico, teléfono, fax, persoa de contacto responsable do programa.

1.2. Tipo de beneficiario (de acordo co artigo 3 da presente orde).

Deberase indicar, así mesmo, se o beneficiario é un produtor vitivinícola, considerando como tal aquel que, independentemente da súa forma xurídica, sexa elaborador de viño.

1.3. Trátase dun novo beneficiario? SI/NON.

Para isto terase en conta que se consideran novos beneficiarios aqueles que non participasen nunca ou cuxos programas nunca formasen parte da lista de selección proposta pola Comisión nacional de selección de programas desde o exercicio Feaga 2014.

1.4. Características da organización ou empresa propoñentes.

– Representatividade (figuras de calidade a que pertence e número de tipos de viño que comercializa para cada unha).

– Importancia no sector (volume comercializado total e respecto á DOP/IXP a que pertence; valor da produción comercializada, valor da produción comercializada no exterior).

– A empresa utiliza marcas colectivas? SI/NON. En caso afirmativo, indiquense as marcas e as empresas amparadas por cada unha delas.

1.5. Tipo de empresa.

– Deberase especificar se se trata:

• Dunha entidade asociativa prioritaria ou dunha entidade de base desta, ou dunha cooperativa ou outra entidade asociativa agroalimentaria (SAT, sociedade mercantil sempre que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT).

• Dunha entidade resultante dun proceso de integración acollida ao Real decreto 1009/2015, nos dous últimos anos anteriores á solicitude.

• Dunha organización de produtores vitivinícolas recoñecida para os produtos mencionados no anexo IV.

• Dunha asociación, con persoalidade xurídica propia, participada maioritariamente (máis dun 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo IV, sexa directamente ou a través de sociedades,

1.6. O beneficiario é un grupo empresarial? SI/NON.

En caso afirmativo, especifíquese diagrama do grupo empresarial (indicando porcentaxes) e cales son as adegas do grupo que participan no programa.

2. Acreditación da dispoñibilidade de recursos suficientes.

2.1. Balance de contas e copia das declaracións do IRPF (persoas físicas) ou do imposto de sociedades (persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

2.2. Xustificación da dispoñibilidade de fondos suficientes para atender a parte do orzamento para a cal se solicita cofinanciamento.

3. Acreditación da capacidade técnica.

3.1. Descrición dos recursos para a execución do programa (persoal, capacitación e medios).

Deberase especificar se os recursos son propios ou alleos.

Se se seleccionaron varios organismos de execución, deberanse indicar as actuacións que aplicarán cada un deles.

Deberase definir a estrutura interna/externa (departamentos e funcións). Datos do departamento de comercio exterior (experiencia, persoal), datos do departamento de márquetin (experiencia, medios para o desenvolvemento das accións no país de destino, distribución no país de destino, carteira de produtos da empresa).

3.2. Xustificación da capacidade para executar o programa. Experiencia en actuacións de promoción.

4. Capacidade de resposta comercial.

4.1. Diversidade de tipos de viño e zonas xeográficas en que está presente. Deberase indicar as marcas comerciais dos diferentes tipos de viños.

4.2. Volume de comercialización e volume exportado nos tres últimos anos (detallando o volume para os países obxecto do programa).

4.3. Volume de comercialización dispoñible para posible resposta comercial.

II. Formulario de programa.

Deberase cubrir un formulario para cada programa.

1. Características do programa.

1.1. Produto(s).

Especifíquese a carteira de produtos obxecto da promoción, indicando número e características.

1.2. Destino dos programas.

Especifíquense os países ou mercados do terceiro país de destino e detalle os motivos polos cales foron seleccionados e as posibilidades de comercialización dos produtos nos destinos elixidos.

1.3. Trátase dun programa dirixido a un novo destino (país ou mercado)? SI/NON.

En caso afirmativo, deberase especificar o novo(s) país(es) ou mercado(s) de terceiro(os) país(es) de destino, así como o orzamento total destinado a eses novos países e a porcentaxe que representa sobre o total do programa.

En caso de que se trate dun programa que se vaian realizar nun novo mercado dun terceiro país, admisible por existir polo menos tres diferenzs nas actividades e/ou no público obxectivo a que van dirixidas con respecto a un programa anterior desenvolto no mesmo país, deben sinalarse as diferenzas con respecto ao programa anterior nun cadro como o seguinte:

PAIS:

PROGRAMA EXECUTADO

PROGRAMA QUE SE PRETENDE EXECUTAR

ACTIVIDADES

PÚBLICO OBXECTIVO

1.4. Duración: 12-24-36 meses.

1.5. É continuación dun programa presentado no exercicio Feaga anterior? SI/NON.

1.6. Trátase dunha prórroga? SI/NON.

2. Obxectivo.

Deberanse especificar os obxectivos concretos e se fose posible, cuantificados.

3. Estratexia.

Deberanse especificar que instrumentos de marketing e comunicación se utilizarán para acadar os obxectivos do programa.

4. Accións.

4.1. Descrición detallada de cada unha das accións e actividades por país ou mercado. Deben indicarse expresamente as canles elixidas previstas para o público destinatario.

4.2. Calendario previsto.

Lugares e datas onde se levarán a cabo as actividades (deberase mencionar a cidade ou, en casos excepcionais, rexión; por exemplo, «os Estados Unidos» non é suficientemente preciso).

5. Público obxectivo.

Deberase especificar se vai dirixido a consumidor, a distribuidores (supermercados, grosistas, retallistas especializados, abastecedores, restaurantes), a importadores, a líderes de opinión (xornalistas e expertos gastronómicos), a escolas de gastronomía e restauración.

6. Mensaxes.

Sobre as calidades intrínsecas dos produtos ou, no caso de tratarse de viños que contan cunha indicación xeográfica, a orixe do produto.

7. Repercusión previsible e método para medila.

Polo que se refiere á evolución da demanda, a notoriedade e a imaxe do produto ou calquera outro aspecto vinculado aos obxectivos.

7.1. Deberase especificar e cuantificar a repercusión previsible en termos de resultados realistas.

7.2. Especifíquese o método (cuantitativo e/ou cualitativo) e os indicadores que se utilizarán para medir os resultados ou repercusións.

8. Interese nacional e comunitario do programa.

Deberase describir o posible interese para a Comunidad Autónoma de Galicia, España e/ou a Unión Europea.

9. Orzamento.

9.1. Cadro recapitulativo.

Deberase elaborar conforme os modelos indicados:

– Un cadro recapitulativo de accións e actividades para cada país de destino e exercicio Feaga.

Xustificación de que os custos propostos non superan os prezos normais de mercado. Cando proceda, a través da comparacion de diferentes ofertas.

– Un cadro xeral cos totais para cada un dos países xunto cos gastos administrativos e cos custos de persoal.

A presentación do orzamento debe aterse á mesma estrutura e á mesma orde que a descrición das accións e actividades.

orzamento do PAÍS:. . . . . . . . . .PARA o PERÍODO 1.6.2018 A 31.5.2019

Acción

Actividade

Importe (€)

1. Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade

Importe total acción «Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade»

1. Participación en feiras e exposicións

Importe total acción «Participación en feiras e exposicións»

3. Campañas de información

Importe total acción «Campañas de información»

3. Estudos de novos mercados

Importe total acción «Estudos de novos mercados»

4. Avaliación de resultados

Importe total acción «Avaliación de resultados»

Orzamento total do país.....

ORZAMENTO TOTAL DO PROGRAMA PARA O PERÍODO 1.6.2018 A 31.5.2019

Grupo do país

(1,2 ou 3)

País

Orzamento (€)

% do orzamento

total

Novo país ou mercado (S/N)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento total países

 

Gastos administrativos

(máximo 4 % do total países)

Custos de persoal

(máximo 13 % do total países)

Orzamento total programa

10. Outros datos pertinentes.

Indíquense outros datos non citados anteriormente que se consideren relevantes para xustificar a idoneidade e interese do programa proposto.

Anexo III

Accións e actividades de promoción

Accións

Actividades

a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen, en particular, as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respeto ao ambiente.

Misións comerciais.

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.).

Promocións en puntos de venda.

Portais web para promoción exterior, redes sociais.

Misións inversas.

Oficinas de información.

Gabinete de prensa.

Presentacións de produto.

b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional.

Feiras e exposicións internacionais, etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores.

c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas.

Enontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores.

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais.

Estudos e informes de mercado.

e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información.

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción.

ANEXO IV

Lista de produtos que poden ser obxecto de accións

1. Viño

2. Viño de licor

3. Viño escumoso

4. Viño escumoso de calidade

5. Viño escumoso aromático de calidade

6. Viño de agulla

7. Viño de agulla gasificado

8. Viño de uvas pasificadas

9. Viño de uvas sobremaduradas

10. Viños ecolóxicos

ANEXO V

Criterios de priorización

Criterios de priorización

Puntuación máxima

1. Características do propoñente:

45 puntos

a) Programas presentados por novos beneficiarios.

20 puntos

b) Priorización dos solicitantes

7 puntos

– Entidades asociativas prioritarias ou as súas entidades de base, ou cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias (SAT, sociedades mercantís sempre que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT).

7 puntos

– Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

6 puntos

– Organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas para os produtos mencionados no anexo IV. No caso de que sexa unha forma recoñecida no punto anterior, non será acumulativo.

5 puntos

– Asociacións con persoalidade xurídica propia, participadas maioritariamente (máis dun 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo IV, sexa directamente ou a través de sociedades, e non previstas no primeiro punto desta alínea.

3 puntos

c) Certificados ambientais.

3 puntos

d) Beneficiarios que sexan produtores vitivinícolas.

15 puntos

2. Características do programa:

45 puntos 

a) Programas que teñan como obxectivo un novo país ou novo mercado de terceiro país.

20 puntos

b) Mercado de destino dos programas.

10 puntos

c) Alcance e cobertura do programa.

15 puntos

3. Interese para a Comunidade Autónoma:

10 puntos 

Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade.

10 puntos 

Valoración total xeral.

100 puntos

1. Características do propoñente.

a) Programas presentados por novos beneficiarios (20 puntos), entendendo como tal aqueles que non participasen nunca ou cuxos programas nunca formasen parte da lista de selección proposta pola Comisión nacional de selección de programas desde o exercicio Feaga 2014.

b) Priorización dos solicitantes (máximo 7 puntos).

– Entidades asociativas prioritarias recoñecidas para o sector do viño (incluídas multisectoriais) de acordo co Real decreto 550/2014, polo que se desenvolven os requisitos e o procedemento para o recoñecemento das entidades asociativas prioritarias e para a súa inscrición e baixa no Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias, previsto na Lei 13/2013, de fomento da integración de cooperativas e doutras entidades asociativas de carácter agroalimentario. Así mesmo, serán priorizadas as súas entidades de base. Tamén serán priorizadas as entidades asociativas prioritarias rexionais ou figuras análogas reguladas a nivel autonómico, así como as súas entidades de base (recoñecidas tamén para o sector do viño) (7 puntos).

– Cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias (SAT, sociedades mercantís, sempre que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT) (7 puntos).

– Órganos de xestión e representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións (6 puntos).

– Organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas para os produtos mencionados no punto IV. No caso de que sexa unha forma recoñecida no punto anterior, non será acumulativo (5 puntos).

– Asociacións con personalidade xurídica propia participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores dos produtos mencionados no punto IV, sexa directamente ou a través de sociedades, e non recollidas no primeiro punto desta alínea (3 puntos).

c) Certificacións ambientais. Priorizaranse aqueles solicitantes cuxas instalacións dispoñen de certificación ambiental (máximo 3 puntos):

– Segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) Nº 1221/2009) ou a Norma ISO 14.001 (2 puntos).

– Certificado Wineries for Climate Protection (1 punto).

Estas certificacións deberán ser acreditadas e presentadas xunto a solicitude.

d) Beneficiarios que sexan produtores vitivinícolas, entendendo como tales aqueles que, independientemente da súa forma xurídica, sexan elaboradores de viño (comercialicen ou non) (15 puntos).

2. Características do programa.

a) Programas que teñan como obxectivo un novo terceiro país ou novo mercado dun terceiro país (máximo 20 puntos): entendendo como tales aqueles programas que nunca formasen parte da lista de selección proposta pola Comisión nacional de selección de programas, desde o exercicio Feaga 2014.

Considerarase que o programa se realiza nun novo mercado dun terceiro país cando existan polo menos tres diferenzas nas actividades e/ou o público obxectivo a que van dirixidas, con respecto a un programa anterior desenvolto no mesmo país. As diferencias deberán reflectirse no cadro III «Diferenzas novo mercado» do anexo IV.

Puntuaranse unicamente os programas ou a parte dos programas dirixidos a terceiros países ou mercados de terceiros países que nunca antes fosen seleccionados para un determinado beneficiario. A puntuación repartirase de forma proporcional á porcentaxe de orzamento destinado aos novos países ou mercados, correspondendo os 20 puntos só aos programas en que estes destinos supoñan o 100 % do orzamento.

b) Destino dos programas (máximo 10 puntos):

Os 10 puntos repartiranse segundo o grupo ou grupos de países do anexo III a que pertenzan os destinos elixidos para desenvolver os programas. A repartición da puntuación farase con base na porcentaxe de orzamento destinada aos ditos grupos de países prioritarios. A puntuación asignarase da seguinte maneira, segundo proceda:

En función do orzamento dirixido a países do grupo 1:

– Menos do 75 %: 5 puntos.

– Entre 75 e menos do 80 %: 6 puntos.

– Entre 80 e menos do 85 %: 7 puntos.

– Entre 85 e menos do 90 %: 8 puntos.

– Entre 90 e menos do 95 %: 9 puntos.

– Entre 95 e 100 %: 10 puntos.

En función do orzamento dirixido a países do grupo 2 ou a combinacións de países do grupo 2 e países do grupo 1:

– Menos do 75 %: 2,5 puntos.

– Entre 75 e menos do 80 %: 3 puntos.

– Entre 80 e menos do 85 %: 3,5 puntos.

– Entre 85 e menos do 90 %: 4 puntos.

– Entre 90 e menos do 95 %: 4,5 puntos.

– Entre 95 e 100 %: 5 puntos.

En función do orzamento dirixido a países do grupo 3 ou a combinacións de países do grupo 3 con países dos outros dous grupos:

– Menos do 50 %: 1 punto.

– Entre o 50 % e menos do 75 %: 2 puntos.

– Polo menos o 75 %: 2,5 puntos.

c) Alcance e cobertura do programa (máximo15 puntos):

A puntuación concederase da seguinte forma:

• 7,5 puntos en función do alcance e da cobertura en termos de actividades previstas. Outorgaranse as seguintes puntuacións: dúas actividades=2,5 puntos, tres actividades=5 puntos, catro ou máis actividades=7,5 puntos.

• 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos de grupo destinatario (número de contactos previstos, etc.), entendendo por grupo destinatario: distribución, restauración, consumidor final, distribuidor, importador e líderes de opinión. Outorgaranse as seguintes puntuacións: dous destinatarios=2,5 puntos, tres destinatarios=5 puntos, catro ou máis destinatarios=7,5 puntos.

3. Interese para a comunidade autónoma.

Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade (10 puntos).

missing image file

ANEXO VII

Lista de países prioritarios

Grupo 1:

Estados Unidos

Canadá

Xapón

China (incluídos Hong Kong e Taiwán)

Suíza

Rusia

México

Grupo 2:

Corea do Sur

Brasil

Noruega

Australia

Perú

Colombia

Singapur

República Dominicana

Cuba

Costa Rica

Panamá

Grupo 3:

India

Malasia

Filipinas

Vietnam

Puerto Rico

Tailandia

ANEXO VIII

Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal,
gastos xerais e outros

a) Custos de persoal propio dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa, mediante os datos do contrato, cotización á Seguridade Social a cargo da empresa, e os impostos persoais á renda (IRPF). Tanto se é persoal técnico como administrativo deberase demostrar a dedicación en exclusiva ás actividades de promoción establecidas no programa aprobado.

b) Custos de persoal propio non dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato, cotización á Seguridade Social e o IRPF. Ademais, deberán achegar as correspondentes táboas horarias onde se indiquen categoría profesional, número de horas de dedicación, custo horario e custo total, así como certificación do responsable de persoal da empresa que acredite a relación do traballador co programa aprobado. Avaliarase a coherencia de tales táboas co programa e subvencionarase unicamente o importe xustificado mediante tales táboas.

c) Custos de persoal autónomo. Deberán achegar copia do contrato que acredite a relación coa empresa, así como as facturas xustificativas do gasto.

A suma das alíneas a, b e c (custos de persoal) non poderá superar o 13 % do total dos custos subvencionables das accións executadas; por este motivo, tales gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

O beneficiario deberá presentar xustificantes que expoñan os detalles do traballo realmente efectuado en relación coa operación concreta ou con cada medida acción subxacente, se procede.

Para efectos da determinación dos custos de persoal relacionados coa execución dunha operación por parte do persoal permanente do beneficiario, poderá calcularse a tarifa horaria aplicable dividindo por 1.720 horas os últimos custos salariais anuais brutos documentados dos empregados concretos que traballasen na execución da operación.

d) Gastos administrativos: serán subvencionables ata un límite dun 4 por cento dos custos subvencionables totais de execución das actividades promocionais e incluirán, de ser o caso, os gastos correspondentes ao certificado dos estados financeiros presentado para o pagamento da axuda.

Estes gastos, para seren subvencionables, deberán estar recollidos como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

e) Aloxamento, manutención e comidas colectivas:

• Aboarase unha axuda de custo máxima polo aloxamento: 120 euros/día en España e 180 euros/día en terceiros países, logo de presentación das facturas pagadas.

• Aboarase unha axuda de custo a tanto alzado por estancia de 80 euros ao día en España e de 90 euros ao día en terceiros países para cubrir todos os demais gastos (comidas, transporte local, teléfono, etc.).

• Estas dietas aboaranse pola participación en eventos fóra do lugar de traballo e cubrirán o número de días necesario para a realización da actividade. Para comidas colectivas aboarase un importe máximo de 60 euros/persoa en España e 70 euros/persoa en terceiros países, logo de presentación de facturas.

f) Viño que se empregará como material promocional: no caso de catas, misións inversas e similares, será dun máximo dunha botella por cada 6 participantes.

g) No caso de gastos en material promocional e de merchandising, o importe máximo de gasto admisible para cada un deses dous conceptos será do 30 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

h) No caso de actividades consistentes en oficinas de información e gabinetes de prensa, o importe máximo de gasto admisible conxunto será o 50 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

ANEXO IX

Relación de gastos non subvencionables

• Provisións para futuras posibles perdas ou débedas.

• Gastos de transporte en taxi ou transporte público, cubertos polas axudas de custo diarias.

• Gastos bancarios, xuros bancarios ou primas das pólizas de seguros. Entre os ditos gastos atópanse, en particular, os gastos de constitución e mantemento dos avais bancarios que responden como garantía.

• Perdas por cambio de divisas.

• No caso de que se repita ou solicite unha prórroga para realizar o programa de promoción no mesmo país, non se poderán incluír gastos de actividades promocionais xa solicitadas no programa anterior (ex. custos de creación de páxinas web, anuncios de TV e radio, elaboración de material audiovisual, estudos de mercado …, etc.).

• Gastos que estén fóra do obxecto do programa.

• Creación e rexistro de marcas.

• Gastos equivalentes a descontos comerciais, nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

• Con carácter xeral, os tributos só poderán considerarse gastos subvencionables, sempre que o beneficiario os aboe efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Queda, por tanto, excluído o financiamento do imposto sobre o valor engadido (IVE), así como o imposto xeral indirecto canario (IXIC) na medida en que sexan deducibles.

missing image file
missing image file