De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación do expediente PE 401B 2017/01255-8 e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar a documentación requirida se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do requirimento e constancia de tal coñecemento.
De non acreditar o que se lle require, considerarase que as persoas interesadas desisten da súa petición, logo de resolución ditada de acordo co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 2 de xaneiro de 2018
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PE 401B 2017/01255-8 |
Óscar Victorino Lourido García |
32678268Y |
Requirimento |
Sálvora, 7, San Vicente do Mar, O Grove |
PE 401B 2017/01256-8 |
David Rodiño Seijo |
76814929N |
Requirimento |
Lugar Major, 112, Noalla, Sanxenxo |